Terra de ninguén

CADA CORAZÓN É UNHA CÉLULA REVOLUCIONARIA

Xa consumimos demasiado tempo instalándonos no mundo, prende a chispa que che fai falta e...
3,
2,
1,
adiante!

Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2006.

Resumen

01/06/2006

Cansa...

20060601010511-nenos.jpg

É case a 1 da mañá e aquí estamos, sumerxidas entre "élevages", "grippe aviaire", "volailles"...

Pola fiestra entra esa brisa típica das noites de verán, esa que alivia a suor da nosa pel.

Neste momento gustaríame estar na praia, mollando os meus pes na auga e deixando que o olor a sal mova o meu pelo.

Tamén me gustaría estar nunha herbeira, descalza, sentindo cada unha das pedriñas que atopo, facendo volteretas e rindo.

Non me importaría estar xogando aos globos de auga, correndo un tras doutro, empapándonos e vendo voar gotas a cámara lenta.

Non sería unha mala idea estar agora escoitando música en directo, pode que unha rapaza cunha guitarra nun bar, un gaiteiro solitario nocturno nas rúas da zona vella de Santiago, un timbal improvisado nun parque...

Pero non. Aquí estou. Cansa. Moi cansa. Cansa de esperar a que cheguen esos momentos. 

01/06/2006 01:05 Autor: mosaa. *. Hay 2 comentarios.

02/06/2006

Chiiiiiiiiiiiiiiiiiiiium: Machu Picchu!

20060602172431-mp-bw.jpg

Esta noite tiven unha sucesión de soños inconexos e totalmente surrealistas. Gustaríame ter un analizador personal de soños que me puidera dicir qué hostia significan, porque mira que son raros... Pero bueno, os de hoxe creo que superaron bastante aos anteriores. Non os recordo todos, só sei que eran un millón de cachiños sen sentido que se sucedían e mentres eu paraba nalgún momento e pensaba, sendo consciente, "joder, que cousas máis raras estou a soñar!" e despois seguía...

Recordo estar nuns concertos nun local cun amigo e coñecía a un tipo; despois aparecía eu nunha igrexa enorme chea de xente esperando impacientemente por ese descoñecido, pois ía haber unha catástrofe e todo aquel que non estivese dentro da igrexa morrería; despois aparezo no cuarto de baño da igrexa que era enano e mixto, vendo coma un chino/coreano/vietnamita/o que fose se limpiaba o cu cun bolso branco (!!). Inmediatamente despois me deslizaba pola pirámide do Louvre (era divertido eh!) ata chegar ás escaleiras dun edificio subterráneo no que, se me metía nunha especie de pedras grandes de cartón-pedra, podía aparecer en calquer lado. Aquí é onde quería chegar.

Non sería xenial poder facelo? NOn! non limpiarse o cu cun bolso! senón poder utilizar esa especie de buratos negros!

Mmmmmm. Agora quero estar no Tibet...Ábrela pedra (q por dentro era de cor rosa...) e chiiiiiiiiiiiium: Tibet.

Mmmmmm. Agora quero ir ao Congo... Chiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiium: Congo.

Mmmmmm. Agora quero ir ao Machu Picchu... Chiiiiiiiiiiiiiiiiiiiium: Machu Picchu.

Mmmmmm. AGORA NECESITO IR AO PSIQUIATRA... Chiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiu: PSIQUIATRA.

 

(perdoádeme, é o que ten estar de exames...)

02/06/2006 17:24 Autor: mosaa. *. Hay 3 comentarios.

10/06/2006

Tú y yo ante el mundo

20060610174726-catedral.jpg

Una noche para la historia de nuestras vidas, por...

...querer despegar.

...las encuestas sobre drogas ;).

...los km de piedra.

...la bicicleta, la guitarra y las cariocas.

..."no querer ser como ellos".

...repasar el mundo tirados ante la Catedral.

...nuestra banda sonora de Sevilla.

...el perro del Trasgo (a chuchuchú, a q coxita, a cuchicuchi, ababá...).

...los setos atrapadores (qué cómodos eran los cabrones).

...el paraguas degollado.

...nuestras amigas las Marías.

...las clases de inglés (Can I open the window?)

...la lluvia intensa imaginaria.

...el bocadillo sabor a crudo caliente.

...los ladrillos de pica pica.

...descubriendo Kaótico a la vuelta.

...

 

Uno de mis sueños se ha cumplido y no podría haber sido de mejor forma. El Obradoiro me estaba esperando desde hace tiempo, una fumada con un buen amigo. Me alegro de que hayas sido tú. Esta noche, además de para pasármelo bien, me ha servido para conocerte aún más como persona y confirmar lo que ya sabía. Vales mucho la pena.

Como ya dijimos ayer, espero que esta sea una de muchas páginas juntos.

Hasta pronto.

10/06/2006 17:47 Autor: mosaa. *. Hay 1 comentario.

12/06/2006

¿Xogo de nenos?

20060612140351-gunchild.jpg

"En el mundo hay dos clases de personas: los hijosputa y los hijosputeados"

Esto é algo que non soporto ver, non acepto que se acepte, non entendo que pase desapercibido. Infancia roubada. Futuros fillos de puta puteados desde pequenos. Máquinas para matar vilmente sen consciencia.

Dádelle canicas, dádelle chapas, dádelle balóns. Mais iso non, cabróns.

 

Grandes fillos de puta os que causan isto. Joder, qué asco.

12/06/2006 14:03 Autor: mosaa. *. Hay 2 comentarios.

13/06/2006

20060613203427-lagrimas.jpg

 

Mentres esteas capacitad@ para vivir, nunca desexes a morte, nunca.

Non quero volver a escoitar esas palabras. Doeme moito. Fíreme na alma.

Nunca te rindas, a vida vale a pena vivila.

 

13/06/2006 20:33 Autor: mosaa. *. Hay 2 comentarios.

14/06/2006

Coherencia, señores

20060614204153-pulmons.jpg

PULMÓN: "Órgano de la respiración del hombre y de los vertebrados que viven o pueden vivir fuera del agua"

Sabemos que todos aqueles que se cargan as árbores fano por beneficio propio, sexa por construír casas, por conseguir madeira, por joder... Mais se somos obxectivos, ¿é realmente certo?

As árbores son os pulmóns do planeta. Por exemplo, a selva amazónica, no seu intercambio de gases coa atmóstera, libera o 50% do osíxeno necesario para a vida dos seres humáns e de outras especies animais. Ademais son as encargadas de xerar as corrientes de calor que, ao expandirse entre norte e sur, consiguen templar o clima do planeta. Se non existisen parques naturais nas cidades a vida nelas sería practicamente imposible, xa que o aire estaría tan contaminado que non se podería respirar.

Entón, se tivesen un pouco de sentido e quixesen mirar realmente polo seu beneficio, non actuarían desta forma tan cruel e homicida. Eles tamén respiran e ademais elas sálvannos o cu cada día da nosa vida. Coherencia señores, só pido coherencia.

14/06/2006 20:41 Autor: mosaa. *. Hay 2 comentarios.

18/06/2006

Música para non escoitar, coma nos vellos tempos

20060618114116-dsc-9663-small.jpg

Os muros xa non son os mesmos, mais os berros aínda retumban nos novos, como un pasado que non logro borrar.

Volve o medo a ir cedo para cama, a escoitar cousas que no quero oir.

Agora xa non son aquela nena... Debo afrontalos.

18/06/2006 11:41 Autor: mosaa. *. Hay 2 comentarios.

21/06/2006

El verano ya llegó, ya llegó, ya llegóooooooo y la fiesta comenzóoooo

20060621102129-stonehenge2.jpg

Hoxe fai un ano...

Máxico.

21/06/2006 10:21 Autor: mosaa. *. Hay 3 comentarios.

28/06/2006

¡El frotar se va a acabar!

20060628133438-tn-food081-bw.jpgNeste comentario a modo de chorrada déixovos un sabio consello para todos aqueles que cociñen con allo. Se ti es deses que lle encanta botarlle allo á comida, mais odia que lle quede o tufo nas mans pois faime caso: cando acabes de cociñar deixa as mans debaixo do grifo coa auga correndo, mais non as frotes. Aí esta o truco. "¡El frotar se va a acabar!"
28/06/2006 13:34 Autor: mosaa. *. Hay 2 comentarios.

Lucía

20060628180811-prision.jpg

Seeeeeeeeeeeeica 10.000 nenas foron bautizadas como Lucía no 2004 e é o nome máis usado en Galicia e en España nestes últimos anos...

Moita xente di que o nome dunha persoa é a forma de identificala, que canto máis común é o teu nome máis común eres ti. Hai pais que se matan a buscar nomes "orixinais" para que os seus fillos poidan ser persoas únicas. Eu simplemente creo que unha persoa é única polo que fai e o que pensa, independentemente do seu nome. O nome é simplemente unha forma de poñer unha etiqueta a algo para poder referirse a eso. A min gústame Lucía e xa me da igual que haxa miles e miles de rapazas co mesmo nome. Soa diferente dependendo quen o pronuncie, soa diferente se me chama miña nai ou se o fai un profesor, non é o mesmo nome o que berra meu pai ou o que pronuncia un amig@ ao falar de min... Lucía soa diferente en diferentes beizos.

Xa van varias persoas que me din que son unha persoa bastante reservada (que non significa tímida). Eu só digo que falo cando teño algo que dicir e que intento escoitar sempre, porque é cando máis aprendo. Mais non levo nunca unha máscara, intento deixarme ver á xente que quero que me vexa.

Lucía, Lu, Lusi, Luci, Lukaia... Dame igual, mentres ti sepas quen son.

28/06/2006 18:08 Autor: mosaa. *. Hay 4 comentarios.




Archivos

Enlaces

 

 
Junio 2006 | Terra de ninguén
Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]