Terra de ninguénCADA CORAZÓN É UNHA CÉLULA REVOLUCIONARIA Xa consumimos demasiado tempo instalándonos no mundo, prende a chispa que che fai falta e... 3, 2, 1, adiante! |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Julio de 2006. Resumen
01/07/2006![]()
Pola fiestra aberta escoitaba unha loita entre o piar dos paxaros e o ruido dos coches pasando, un man a man que gañaron os primeiros. A néboa batíase coa claridade para deixar a escuras o cuarto. Alí a miña cabeza daba voltas e máis voltas o cal, a pesares de ser sábado pola mañá, non estaba ocasionado polo alcol. ¿Sabedes eses momentos nos que fagas o que fagas, pase o que pase, vas sair perdendo? ¡Que fácil son as cousas unhas veces e endemoniadamente complicadas outras...!
12/07/2006Pilas recargadas![]() Baixamos do bus e vímolo. O mar iluminado por un sol enorme e laranxa que cegaba. Era cedo pola mañá para os que se erguían, tarde para os que chegabamos. Este ano Ortigueira foi a mellor carga das miñas baterías que podía pedir... Grande, moi grande. A xente que non vai porque di que non lle gusta ese rollo é porque nunca foi. É unha pena... É certo que alí hai de todo, mais de todo haino en tódolos sitios. É certo que xa non conserva tanto o espíritu hippi, celta..., que hai bakaletas, pijos, de todo... Mais estes tamén inundan o resto dos festivais, son unha plaga. O segredo está en ti e na túa xente. Se te xuntas con xente que realmente aprecias rompes barreiras, límites ilimitados e voas de felicidade. Estes catro días foron un moi bo comenzo do verán. Botei a xente en falta, pero para outra será. Da gusto convivir cos amigos dos meus amigos como se nos coñecesemos de toda a vida. Compartimos comida, bebida, conversas, timbales, bongs, tempo, momentos borrachera-amor-quégrandesonmisamigos, segredos, tendas, espacio, sabiduría, amenceres, baños, lume... Aprendemos máis dos outros, aprendemos sobre os puntos heroicos, que se lle das tres voltas a unha botella con gas quítasllo, que se pos as tapas do pan de molde cara dentro engañas á vista e sabe normal, que a auga da ducha non está tan fría como din, que donde caben catro caben doce, que se nos din que non hai saída, non hai saída, que coa música folk é imposible estar quieto, que por moito que te laves aos 5 minutos xa tes merda na pel... Rimos a máis non poder. Estiven a chorar tódolos días, a tódalas horas. Cantamos cancións descoñecidas, cancións míticas, cancións infantís, himnos, cancións populares... Bailamos sen parar. Sen parar. Bailamos na acampada con madrina, bailamos no pobo cos ritmos frenéticos do folk, bailamos coa timbalada (batukada para algúns) ata as tantas da mañá, bailamos nunha carpa ao ritmo de ska, bailamos nunha carpa ao ritmo do chunda chunda (que risas), bailamos Muchachito dúas veces o mismo disco noutra carpa... Sen parar. Inventamos xogos, normas, ritmas, chapatanpar... ... Miles e máis miles de cousas. Para repetir sen dúbida. Espero que cada ano supere ao anterior, como fixo este. "Eso es una pijada, yo le tengo el mismo respeto a un atún que a una lechuga" (Aida, tenía que ponerlo...) 18/07/2006Esto é o que lle aconteceu a un vello daquí cerca![]() Imaxina por un momento que teu avó acaba de recuperarse dunha trombosis que lle imposibilita falar e desenvolver outras capacidades. Imaxina que sae a dar un paseo ás nove da mañá e son as dúas do mediodía e aínda non chegou. Imaxina que todo o pobo se revoluciona para buscalo e estás desesperad@ pola súa desaparición, por que lle puidese ter pasado algo grave. Entón soa o teléfono: -¿É aí a casa do señor Juan? -Sí, aquí é, ¿sabe algo? -Vinde a buscalo que está tirado nunha cuneta. Non se identificou. Non dixo qué cuneta. Mais a familia aférrase ao que ten e coma tolos comezan a rastrexar cunetas de toda a comarca, pensando que igual caera ou que alguén o atropellara e dérase á fuga... Ao final, alá á noitiña atopan ao señor Juan nunha mina de auga, onde caera ao perseguir aos cans que se lle escaparan. Emocionado, choraba porque o atoparan, xa que ao non poder falar, non podía pedir auxilio e menos intentar trepar. Agora cabe preguntarse: ¿por que a xente é tan mala? ¿Cal era o fin daquela "broma"? O que conseguiu foi que perderan o tempo buscando nas cunetas e que o pobre señor estivera agonizando dentro dun pozo coa esperanza de que a alguén se lle ocorrera mirar alí. A xente non ten corazón. Con tantas personas malvadas no mundo non cabe descartar esa teoría de que o home é malo por natureza. Sorte de non atopar moitos no meu camiño.
24/07/2006Mais para confirmar que "as apariencias enganan"![]() Un día un amigo díxome que eu era naturalidade, que era unha das persoas máis naturais que coñecía, que me mostraba sempre tal e como son. Ese amigo sei que o dixo dende a alma e dende a alma doulle as gracias, porque nunca tal cousa me dixeran. Fíxome pensar moito. Aínda sigo a pensar. Estes días (por no dicir "toda a miña vida") síntome pendurando dunha corda, non encontro o equilibrio que me satisfaga. Estou moi cansa, cansa de buscar e non atopar, de dar e non recibir, de facer cousas que non quero facer, de calar, de fuxir, de evitar... Non vexo o momento de botar a voar. Alegreime moito de que me dixera eso, porque eso demostraba que unha das persoas que terían que ser das máis influíntes na creación da miña personalidade non o fora. Alguén que ten como máxima filosofía (cito) "as apariencias son o máis importante" e que ten unha vida que se basa en finxir e ferir non conseguiu transmitirme esos valores tan "fundamentais". Eu quero ser eu. Despois dun tempo pensando, dinme de conta que ao fin e ao cabo sí que foi moi influinte na miña vida, pois, aínda que resulte duro dicilo, conseguiu que chegase a representar o modelo do que non quero ser nunca. Non todo o que reluce é ouro, din. 27/07/2006Ves a Vanuatu? Non fai falla. Ti podes ter o teu Vanuatu se queres![]() O outro día ficaba impávida escoitando ao meu avó mentres nos contaba historias da súa xuventude, de cando non tiña un can, de cando tiña que traballar para a toda familia e sacar adiante aos seus tropecentos irmáns menores. E contaba que recordaba aquela época da súa vida con moito cariño, porque apesares do duro traballo que supoñía aquelo, era feliz. Calquer momento que tiña libre disfrutábao plenamente, de festa, de mozas, na casa, de troula cos amigos... Mais era feliz sen ter cartos. O outro día falaba cunha persoa á que quero moito e dicíame que a súa máxima ilusión nesta vida é conseguir un Porche nonseiqué, non por fardar de coche, senón porque lle gusta conducir e sería feliz tendo un. E así pasa os días, vivindo desa ilusión, xogando á lotería, á bonoto, á quiniela... coa esperanza de que nunha desas lle toque e poder facer realidade o seu gran soño. Dóeme moito que pense así, gustaríame facerlle ver as cousas dende outro punto de vista, mais xa van moitos anos e non cambia... O meu soño é ser plenamente feliz e él díxome que sería plenamente feliz só desa forma. O outro día, na casa de Miriam, ensinoume a súa reliquia que tiña moi ben gardada, o seu primeiro billete que cobrou no seu primeiro traballo. Un billete de 10 euros. Aparentemente non ten nada de raro. Mais cando mo ensinou souben perfectamente por qué o gardara. Irónicamente no seu primeiro salario xa lle chegaba a mensaxe. Escrito en tinta azul decía algo como "Os cartos son unha merda. Acabemos co trueque. Todo é de todos". E o outro día vin no telediario que a illa de Vanuatu, no Pacífico, unha illa na que non chegou o desarrollo, encabeza a lista dos países máis felices de todo o mundo. Un país sen o medioambiente danado, cunha longa esperanza de vida, no que non existe un exército, no que a democracia ten unha longa historia e no que os seus cidadáns son felices co pouquísimo que teñen. A ambición e a avaricia son venenos corrosivos que se menten no teu sangue e que poucos antídotos existen para limparcho. Ás veces podes parecer feliz, pero é todo mentira. Pura falsidade. Porque queres máis e máis, e non es feliz nunca. Son coma un saco sen fondo. Canto máis tes, máis queres. E se non tes nada, eres infeliz porque ves aos outros e envexas. Esto sempre foi así, pero en cantidades menores, pero esta sociedade que coñecemos hoxendía fixo que se multiplicase por 1000. O trueque sempre existiu. "Esto é meu, aquelo é teu, cámbioche o meu polo teu" sempre existiu. E por moito que eliminemos os cartos, sempre cobrarán valor unhas pedras ou unhas cunchas ou uns microchips, calquera cousa que poida servir como elemento de pago nun intercambio. O que temos que cambiar é a nós mesmos. Cada un de nós. Abrirse de miras. Darse de conta que só hai unha vida e que non vale a pena malgastala soñando con cartos, futuras ilusións. Que hai que vivir o día a día e co que tes. Que os cartos non compran a felicidade. Ti fas a túa felicidade. E xa estou farta de que me digan "Ti es coma o tipo ese do anuncio dun cochazo, que vai de jefe cantando maldita hipocresia, maldita sociedad, odio el dinero e despois tes un A3". Xa estou farta de dar explicacións. Quenes me coñecen, saben o que penso, saben por qué teño ese coche e que foi como un embarazo non deseado. |
Archivos
Enlaces
|