Terra de ninguénCADA CORAZÓN É UNHA CÉLULA REVOLUCIONARIA Xa consumimos demasiado tempo instalándonos no mundo, prende a chispa que che fai falta e... 3, 2, 1, adiante! |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2006. Resumen
Coma un furacán... somos.![]() “El mono es demasiado bueno como para que el hombre descienda de él”, dixo un día Nietzsche. É así. E algúns dirán “que rollo máis pesimista levas, non?”. Pois non, é realista, non pesimista. Non me quero meter en teorías filosóficas do tipo Rosseau vs. Hobbes (o home é bo ou malo por natureza), simplemente básome en feitos. O home é a especie máis intelixente, pero tamén a máis perigosa. Tódolos animais aportan algo á natureza e só matan por supervivencia (salvo o caso da amantis e un par máis), mentres que nós só nos adicamos a destruila. Ademais de destruir fauna e flora, nos autodestruimos. Vivimos a ritmo de apisonadora. Demasiada sangue fría mesturada coa quente, que calla e estoupa. E falamos de plagas de insectos, cando nós somos a maior plaga que viviu e vive este planeta. Ata a mosca máis insignificante pon o seu grau de area axudando a descompoñer. E diredes (e sei) que estou a xeneralizar moito, pero por moito que non queiras facelo, ti tamén pos o teu grau de area na destrución masiva. Ti e eu. Todos. Penso que cando morra o último ser humán, haberá unha xuntanza dos animais e dirán “Joder, por fin morreron eses pesaos, mira que lles levou tempo”. E vivirán aliviados, pero sufrirán as consecuencias do noso paso. E o último oso pardo, sentado nun tronco talado, comentaralle a un dos tres últimos tigres blancos “que cabróns eses, que ademais de matarnos por cartos ou por diversión, nos mataban sabendo que nos extinguíamos”. Poucas ganas de escribir tanto que hai que dicir. “Y siempre es igual”Feliz![]() Sabes por qué estaba tan empeñada en dicirche aquelo, o de que "qué pena, vai ser como un sábado normal"? (que conste que sería de puta madre, porque os sábados normales pásoo xenial) e cando Richi me dicía que tiña partido, que Dabiz tiña Celas, que Diego igual non saía, que Eva ía a Astorga, que Rebe non podía, que Cocos estaba colgado de pelas, que... me jodía tanto? Pois porque este igual era o último que podía celebrar aquí con todos. E ti, contra vento e marea conseguiches facer que fose unha noite tan especial. Moitísimas gracias. Foi o mellor regalo que me puideches facer. Lembrareime sempre. Tanta xente á que quero xunta... "Más que a mi vida". E gracias a todos, en serio, mil veces volo dixen e volo direi. Da gusto ter unha familia así. Abróchense los cinturones![]() Como dicía esa vella prematura chamada Mafalda "¿y si en lugar de planear tanto, voláramos un poco más alto?". Ese é o meu consello para a xente que basa a súa vida en plans, en castillos no aire, proxectos a longo prazo que nunca se sabe se se cumplirán. Se tes a cabeza chea de cousas que facer nos vindeiros anos, nunca aproveitarás o que fas no día de hoxe, pois tódalas túas accións estarán condicionadas. E se chega ese momento meta no que supostamente ías ter/facer iso que planeabas e por algunha razón non o conseguiches, a decepción elevarase a 10. Está ben ter sempre algunha idea lixeira do que queres e non queres do teu futuro, mais sempre hai circunstancias que te cambian ou que cambian o teu destino. Sempre hai que deixar a porta aberta á improvisación, á espontaneidade, aos arrebatos momentáneos e, sí, á inseguridade. Todos estos son os que fan que voemos alto, que esteamos vivos. Aínda non comprendo á xente que con 20 anos sabe (máis ben cre saber) con quen se casará, cantos fillos terá, donde vivirá... Xa sei que ás veces é mellor non voar se estamos dominados pola vértixe, máis sempre hai que arriscar, porque senón esta vida pode ser moi aburrida. Promesas que no valen nada, nada, nada![]() "-Me prometiste que, si te acompañaba, responderías a todas mis preguntas. -En primer lugar, nunca creas en promesas. El mundo está lleno de ellas: riqueza, salvación eterna, amor infinito... Algunas personas se consideran capaces de prometer de todo, otras aceptan cualquier cosa que les garantice días mejores. Los que prometen y no cumplen acaban sintiéndose impotentes y frustrados, tal como les sucede a los que se aferran a las promesas" Fragmento de El demonio y la Señorita Prym, de Paulo Coelho. Cuadro de Arthur Robins, The false promises of culture.
|
Archivos
Enlaces
|