Terra de ninguénCADA CORAZÓN É UNHA CÉLULA REVOLUCIONARIA Xa consumimos demasiado tempo instalándonos no mundo, prende a chispa que che fai falta e... 3, 2, 1, adiante! |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Agosto de 2006. Resumen
Viaxemos en nube![]() Pon unha canción que che faga voar e deixa meterte nesta imaxe. Imaxina que está o día totalmente despexado salvo unhas cantas nubes tímidas que van flotando, bailando ao son da túa música. E ti decides subir nunha e deixar que as follas desas árbores brancas che acaricien suavemente a túa pel. E entón velo todo claro. Felicidade.
P.D. Recomendacións Explosions in the Sky-The only moment we were alone Godspeed You Black Emperor-Speed Garage Sigur Ros-Gong Kings of Convenience-Build Up Mogwai-Travel is dangerous Voar, correr, olvidar... neste momento todos son sinónimos de fuxir![]() Teño ganas de marchar xa. Non sei onde, mais quero irme. Si, quero fuxir. Por moito que me pese, por moi egoísta que me pareza neste momento ou en calquera, quero poder volver a vivir cada instante. Levo un verán moi bo e levo un verán moi malo. Depende de a que hora decida facer a avaliación. Se me colles na casa, pode ser que che diga que todo é unha puta merda. Menos mal que as horas que paso nela redúcense a cando durmo, como e me cambio. Mais despois penso en todo o demais, en tódalas noites de festa, charlas, tolemias, risas, chorradas, máis locuras... e a balanza cambia cara o outro lado. Aínda bueno que me podo aferrar a eso... que teño xente que me faga olvidar durante horas, consciente ou inconscientemente do favor que me fan. Mais esta situación faise insufrible. Gústame estar aquí sen ter preocupacións, durmir sen malos soños, rirme, velos rir, falar sen tapuxos. Confórmome con falar, algo que aquí se fai difícil cada día que pasa. Onte chegoume a miña vía de escape tan ansiada: a carta de aceptación como voluntaria en Inglaterra. 3 semanas lonxe desto. Aínda que como son adiviña, sei que non me vou despegar delo, que o teléfono será o fío que me manteña amarrada a tantos kilómetros de distancia. Espero equivocarme. E despois, reenganche coa volta a Vigo. 5 días de descanso VS 2 de ralladas. Non fagades caso. Non preguntedes. Eu enténdome... Gracias a todos aqueles que me fan a vida un pouco máis feliz cada día. Disfruto cada minuto que a vida me permite disfrutar.
![]() Alguien debería inventar qué podemos hacer
MOMENTO SURREALISTA DA NOITE DO SÁBADO: MI MATADERO CLANDESTINO NA LENNON. (momentazo) Son unha yonki![]() Sí, o que oídes. A moitos entraralle a risa e dirán “Sí, Lu, xa o sabemos, pero tampouco é para tanto”. Sí que o é. ¿Sabedes qué é síndrome da abstinencia? ¿O mono? Algúns saberano por propia experiencia, outros de oídas, outros por películas, mais nada como sentilo ti mesmo. Unha persoa, cando recibe unha dose continuada dunha droga ata tal punto que crea unha dependencia física e psíquica desa sustancia, considérase un drogadicto, un yonki, un chámalleX. Cando esa misma persoa, por algunha razón, deixa de consumir esa droga sufre da síndrome da abstinencia, o que todos coñecemos como o “mono”. Sínteste con desexos moi fortes de volver a ter a túa dose e se non a tes, sínteste mal. E pensas en cal será a próxima vez que poderás disfrutar dese alivio, deso que tanto che gusta e che calma o sufrimento.
|
Archivos
Enlaces
|