Terra de ninguén

CADA CORAZÓN É UNHA CÉLULA REVOLUCIONARIA

Xa consumimos demasiado tempo instalándonos no mundo, prende a chispa que che fai falta e...
3,
2,
1,
adiante!

Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2006.

Resumen

21/04/2006

20060421012030-mannekins-1-.jpg

 

 

 

Mírome ao espello e penso ¿por que a apariencia é algo tan importante? De sobras é sabido que os cánones van cambiando co paso do tempo, que o que agora pode ser fermoso dentro duns anos pasará a parecer horrendo e pode que nun futuro máis lonxano se volva a retomar...

Simples modas. Se todos somos conscientes disto, ¿por que seguimos a darlle tanta importancia á apariencia? ¿Por que o estado de humor dunha persoa pode variar dependendo de si se ve atractiva ou non? ¿Por que unha persoa pode facerse dano a si mesma por chegar a "mellorar" o seu aspecto?

E ¿para que maquillarse? ¿por que ese costume horroroso de ocultar os nosos rasgos? Seica é unha forma de acentualos, de favorecelos. Pero o caso é ¿por que hai que favorecelos?

Inténtannos vender unha imaxe cunha finalidade.

Vender, ese é o comezo dun círculo sen fin.

Manequís.

Superficialidade pura e dura é o que sobra neste mundo. A moreas, a montóns, a toneladas máis ben.

 

21/04/2006 01:22 Autor: mosaa. *. Hay 2 comentarios.

24/04/2006

Que lle den polo cu a Murphy

20060424125757-baraka2.jpg

 

 

LEI DE MURPHY 

Se algo pode saír mal, sairá mal.

 

 

 

  • Corolarios.
    1. Nada é tan fácil como parece.
    2. Todo leva máis tiempo do que pensas.
    3. Se existe a posibilidade de que varias cousas vaian mal, a que ocasione máis danos será a única que vaia mal.
    4. Se ves que hai catro posibilidades de que unha xestión vaia mal e evítalas, ao momento aparecerá espontaneamente unha quinta posibilidade.
    5. Cando as cousas se deixan ao seu aire, soen ir de mal en peor.
    6. En canto te poñas a facer algo, daraste de conta de que hai outra cousa que deberías ter feito antes.
    7. Calquer solución trae novos problemas.
    8. É inútil facer calquer cousa a proba de tontos, porque os tontos son moi inxeñosos.
    9. A natureza sempre está da parte da imperfección oculta.
    10. A nai Natureza é moi falsa.

 

Estou farta de escoitar cada tres por mil "xa o dicía Murphy", "a Lei de Murphy!", etecé, etecé, etecé. Non me gusta unha lei tan pesimista e non me gusta por iso que todo o mundo se remita a ela cando pasa algo malo. Se pasa, pasou, pero tamén pode saír ben. A súa filosofía é "Sorrí, mañá pode ser peor". Mais con este tipo de modo de vida un non pode tirar para adiante. A miña é "Sorrí, cando o sintas e cando non inténtao". Os problemas son problemas porque nós vémolos como tais. 

Se algo pode sair mal, sairá ben ou mal, pero non te veñas abaixo, todo ten solución menos a morte.

24/04/2006 13:00 Autor: mosaa. *. Hay 4 comentarios.

26/04/2006

¡Vémonos polo mundo adiante!

20060426095956-shoesontrack-1-.jpg

¡Como me gusta viaxar! Coñecer novos lugares, novas culturas, xente diferente, xente parecida e facer un sumatorio e acadar un resultado positivo. Non consigo entender á xente da "miña terriña", esas persoas que teñen medo a saír do seu pobo/cidade/comunidade/país porque pensan que non se lles perde nada fóra. Perden de todo.

Se tivese a oportunidade tamén voaría polo universo. O destino, deus, a sorte ou no que crea cada un fíxonos nacer nun sitio, pero tamén sabemos que existen miles de lugares distintos e que todos poden aportar sempre algo bó.

Sal! Viaxa! Canto máis coñezas, máis aberta terás a túa mente!

Mañá comezo unha viaxe de volta ao pasado no presente.

 

26/04/2006 10:01 Autor: mosaa. *. Hay 2 comentarios.




Archivos

Enlaces

 

 
Abril 2006 | Terra de ninguén
Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]