Terra de ninguén

CADA CORAZÓN É UNHA CÉLULA REVOLUCIONARIA

Xa consumimos demasiado tempo instalándonos no mundo, prende a chispa que che fai falta e...
3,
2,
1,
adiante!

Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2005.

Resumen

Para esas da "depresión de cabalo"...

Erguede a cabeza e secade as bágoas: a vida dura un suspiro e non hai que malgastala chorando. Non todo o que non sae como vos queres son problemas: os problemas están inventados pola vosas mentes. Se mirades sempre o lado positivo seredes máis felices: non fagades unha morea dunha frangulla.
"Y cómo le podría yo explicar
que la pena dura tanto
como quieras tú seguir llorando,
y aunque tú revises tu interior
siempre queda algo que
te dice que esto es para largo."
Hasta a volta, nenas.
11/04/2005 12:56 *. Hay 4 comentarios.

Inolvidable

Ainda non sei por que non lle otorgan dunha vez a independencia a este pequeno paraiso. Isto non ten nada que ver co resto do pais. Libre de McDonalds, Burger Kings e rapazas histericas espidas pola rua. Aqui a xente e amable, sorri dia e noite e esta disposta a facer o que poida por axudar. Eu creo que e o mar. Si. Pero non o mar que se ve desde as praias explotadas polo turismo en masa, senon este mar. O que se ve desde os acantilados, desde os bancos ao borde dun precipicio, desde as covas que se adentran na terra, desde as dunas con gaivotas feroces, desde pobos perdidos nos barrancos. Ese e o mar que cambia a xente, a tranquilidade que transmite, a paz interior que che deixa e que por momentos permiteche viaxar sen moverte do sitio. Sssshhh... Escoita. Cerra os ollos e relaxate.
Desperto e mirando con melancolia a choiva esvarar pola fiestra, recordo estes tres ultimos dias.
Se tedes oportunidade vide ata aqui canto antes. Cornwall non se move do sitio, pero a explotacion voraz do turismo si, e a velocidades inimaxinables. Salvese quen poida.
19/04/2005 20:19 *. Hay 1 comentario.

Marie Claire

Onte puxemonos a analizar unha revista que atopamos na nosa casa: a Marie Claire (ou como se escriba), quen di Marie Claire, di Elle, di Ragazza, di Woman ou di Men ou que diga o que queira. Que noxo... Pasas as paxinas e o unico que atopas e: "beleza" e cousas que mercar a precio de ouro. So hai modelos e mais modelos, modelos de como vestir, modelos de como andar, modelos de que mercar, modelos de como vivir e ata modelos de como follar... Si si, como cho conto. Moi triste. Parece ser que hoxe en dia nos reximos por modelos. Se non te acercas ao modelo perfecto olvidate de triunfar na vida. Iso e o que nos venden. Por que? Pois porque lles interesa. Todo e un negocio. Nunca sera para que todos vivamos mellor ou nos sintamos mellor con nos mesmos, senon todo o contrario: canto peor te sintas contigo mismo, mais cartos lles vas a dar (se vedes a peli de Robots esa idea esta ben camuflada). E nada, so che mostran roupa, viaxes e articulos carisimos nunha revista comprada por unha maioria que non so pode permitir... E como non so pode permitir sintese mal por non alcanzar ese modelo... E todo unha cadea infinita.
21/04/2005 17:01 *. No hay comentarios. Comentar.




Archivos

Enlaces

 

 
Abril 2005 | Terra de ninguén
Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.