Terra de ninguén

CADA CORAZÓN É UNHA CÉLULA REVOLUCIONARIA

Xa consumimos demasiado tempo instalándonos no mundo, prende a chispa que che fai falta e...
3,
2,
1,
adiante!

Se muestran los artículos pertenecientes a Agosto de 2004.

Resumen

04/08/2004

Qué fuerte! qué fuerte! qué fuerte!

Oh no! Jezulín le ha puesto los cuernos a la Campa con la Pantoja y han tenido un hijo llamado Luis Alfredo (de mi vida) y les ha salido travesti!!!
Non sei para que ano Nostradamus augurou que a sociedade ía caer nunha decadencia terrible, pero estou segura de que xa chegamos a ela... Estamos pasando unha etapa (interminable, por certo), na que importa máis quen se liou con quen, quen enseña as tetas na praia, quen pon a parir a quen... que cousas tan fundamentais como ver un telediario (xa adicarei un artigo aos telediarios, que tamén lles chega...) e interesarse polo que ocorre ao noso arredor, que non é pouco.
Estou farta de escoitar: "Vaia merda de televisión, non poñen máis ca merda todo o día: programas do corazón estúpidos, shows estúpidos, concursos estúpidos..." Si, pero resulta que estes programas teñen un índice de audiencia que non é para nada baixo e se seguen adiante é porque hai un gran número de estúpidos ("cariñosamente") que os ven, é máis, que teñen o mono de velos... Hai xente que acaba de ver o telediario, despois de comerse tropecentasmil noticias de mortes e desgracias que en lugar de reflexionar sobre a onde nos leva esta puta merda de mundo no que non hai máis que desgraciados que joden a vida á xente boa, non, collen a arma letal contra o aburrimento (coñecida co nome de "mando a distancia") e cambian para onde se poidan enterar da vida doutras persoas que só sacan cartos por vender as súas penas. Isto si que me repugna. Pero non sei quen repugna máis, os que venden a súa vida ou os que se interesan por a dos outros. Preocúpate pola túa joder, que fijo que xa tes bastante.
Podedes notar un pouco de ira en min, pero que ninguen se ofenda se se inclúe no grupo dos estúpidos, o voso ten solución. :P
Por certo, vaia fillo de... o mamón do centro comercial de Paraguay... Sin comentarios. Coma ese retorcido mental hai millóns.
04/08/2004 14:58 *. No hay comentarios. Comentar.

05/08/2004

Oh dubidú, quiero ser como tú...

Eu de maior sabedes o que quero ser??? adivinade!: FUNCIONARIO. Acabo de ser atacada pola ira, non me faledes desta especie de bichos que non teñen a palabra "traballo" no seu diccionario de modo de vida, nin ma mencionedes porque podedes acabar mal... grrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrr. Pola súa culpa podo quedarme sen Erasmus, joder, co pouco que "traballan" e todo o fan mal!
05/08/2004 18:20 *. No hay comentarios. Comentar.

16/08/2004

Legalización VS Prohibición

Un suceso que aconteceu onte no meu entorno fíxome reflexionar bastante sobre un tema que pasa desapercibido pola maior parte da xente. Onte puiden comprobar desde primeira fila os efectos do alcol nunha persoa alcólica, é horrible, non volo recomendo. O alcol é unha droga, tal como os porros, a coca, a heroína, o café... pero xa está interiorizada de tal forma que ignoramos ata que punto pode ser peor que calquera destas. Eu pregúntome, por que se legalizou o consumo de alcohol, tabaco e café (tres drogas que producen adición como calquera)e non o das outras tantas que existen? Estas non só danan o fígado ou os pulmóns, senón que tamen poden danar seriamente o cerebro. Que diferencias abismais atoparon entre a heroína e o alcol? Os alcólicos son drogaditos, son yonquis da bebida e cando non poden beber teñen os mesmos síntomas que unha persoa á que lle falta o cabalo, esa síndrome de abstinencia que fai tremer todo o corpo, ter náuseas, alucinacións e ataques repentinos...
Na miña opinión ten tanto dereito unha persoa a coller un peido de bebida como un ciegue de porros como un colocón de pastillas... Que conste que non xustifico ningún destes comportamentos, pero o ser humán é libre para decidir o que fai co seu corpo, cada un é responsable dos seus actos, mentres non atenten contra os demais. É un tema bastante difícil, pero creo que a legalización non acabaría con este problema de adición, pero podería axudar a disminuír a violencia, o bandalismo e todo iso que sempre sucede no ámbito das drogas ilegais (pois como podedes observar nunca aparecen noticias no telediario de contrabando de alcol, asasinatos por trapicheos co tabaco...). Non sei, simplemente é unha reflexión, poida que mañá xa non pense o mesmo.
16/08/2004 19:40 *. No hay comentarios. Comentar.

23/08/2004

No cometerás actos impuros...

Acabo de acordarme fai un rato do enfermo mental do cura que hai na miña parroquia, ese personaje si que da puto noxo, a quen se lle ocorre poñer a uns rapaces un video sadico sobre o aborto en tempos de Franco????? Normal que moita xente non queira saber nada da Igrexa, con "lideres" espirituais coma eses...Ese tio si que tiña q estar nun psiquiatrico, mais dunha quedamos traumatizadas, verdade Eli? Aquelas tenazas eran moi grandes... :P
23/08/2004 14:49 *. Hay 1 comentario.

27/08/2004

Cinismo

Odio os "xa quedaremos", "xa che chamarei", "bótote de menos" ditos sen valor, repúgname esa falsedade.
27/08/2004 14:27 *. Hay 1 comentario.




Archivos

Enlaces

 

 
Agosto 2004 | Terra de ninguén
Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]