Blogia

Terra de ninguén

Cavernícolas no s.XXI

Cavernícolas no s.XXI

Hoxe dime con retranca un cavernícola:
-Lucía, estouche moi desilusionado... (???)
-E logo que che pasa?
-Estou moooi desilusionado...
-Pero a ver, que pasa?
-Meter aun chico "gUay" na empresa...
-Queeee?
-Eu pensaba que esta era unha empresa seria, pero vexo que se está desmadrando...
¿?¿?¿?¿?¿?¿?
Seica non quere nin que se lle acerque, non vaia ser claro.
A ver que me solta agora pola tarde... Vaise enterar.

"Introspeccionando"

Gústame isto da rede para desafogarse (seguindo o exemplo dunha amiga), porque ás veces creo que todo o que penso e polo que me rayo pode ser un auténtico coñazo para quen me esté escoitando. Desta forma tecleando á velocidade que vai o meu pensamento, sen parar a pensar no que estou dicindo nin no que pensarán do que digo, déixome levar co consolo de que aquel que se aburra no primeiro paragrafo non ten que seguir a ler, é libre de cerrar a páxina.

Entre caixas, ruidos de batidoras e olor a pan recén feito a miña cabeza da moitas, moitas, moitísimas voltas, tódolos días. Nin sequera o ruido que fai a radio machaca que me teñen posta distorsiona o meu pensamento. Sempre chego a conclusións diferentes, sempre chego a plans que nunca levarei a cabo, sempre me queixo interiormente do que nunca me queixo, penso moito sí, pero fago pouco. Esperar como forma de vida, ese é o meu lema, moi triste, pero certo.

Estou farta de esperar a que unha maldita chispa prenda lume dunha vez e empece a queimar todo o que teño pensado. Pode que sexa unha persoa, pode que varias, unha experiencia, unha canción, algo, pero día a día digo: teño que cambiar isto, pero o caso é que non cambio. Este último ano foi para min un gran xiro (máis do que foi entrar na universidade), coñecín a moitas persoas que me foron abrindo camiño no cambio, agora xa teño claras moitas cousas, moitas ideas, moitos plans, pero fáltame iso, o belisco que me faga saltar e dicir: agora!

Teño clarísimo o que non quero que sexa de min, non quero acabar asentada, na casa, limpando na cociña coa maior preocupación de cantas lavadoras teño que poñer, ou cantos libros lle teño que comprar aos meus fillos. Non quero terminar sendo a xefa dunha empresa que promete tempo libre e che da quebradeiros de cabeza, escrava dun negocio que promete cartos e che da estres a cambio, non o quero, NON O QUERO, que quede claro, porque eu téñoo. Non quero acabar sendo unha persoa que teña como preocupación gañar o máximo de cartos posibles para facerse a súa casa con piscina e ter un supercochazo, pagarlle un colexio privado aos fillos e bla bla bla. Tampouco quero ser unha persoa que abandone os seus soños por outra á que quere ("os soños son o único que non nos poden roubar"), porque esa persoa pode cambiar, ou esa relación pode acabarse e ao final o arrepentimento percorrerá as túas veas (que pasaría se fixera esto naquel momento? onde estaría agora?...), non se pode deixar todo por alguén, aínda que pareza egoísta, o amor é moi cabrón. Non quero ser unha persoa que só ten por preocupación cando é o seguinte día que se sae de festa, porque esa é a única diversión (Salir beber el rollo de siempre). Nin de coña me gustaría acabar sendo unha persoa que mire ao pasado e vexa que non fixo nada bo coa súa vida, e ver que os anos perdidos non se poder recuperar. Sería moi triste. O que me asusta é que a este paso serei unha delas, porque necesito a iniciativa que me falta.

Non entendo á xente que derrocha cartos en cochazos, casas, electrónica e máis cousas inútiles, vendo que con menos se poderían arreglar, vendo como hai xente que non ten nada e co 0,00000000000001% do que gastan podería ser a persoa máis feliz do mundo. Acórdome cando era bastante máis pequena e quería estudiar idiomas (isto xa ven desde a infancia) porque así podería ganar moitos cartos (vaia idea...), pero para que querería eses cartos? Despois escollín traducción e interpretación porque me gustaba o das diferentes culturas e a idea de viaxar todo o tempo. Pero neste momento non sei porque estou a estudiar, pode que fai un ano o soubese, pero agora non. Non o vexo nada claro.

Hoxe lin un email de Joy, que esta de Erasmus na Arxentina, traballando nunha igrexa axudando nos pobos ás familias máis pobres, unha experiencia inolvidable polo que conta, e so leva alá unha semana... O meu e máis o seu son dous anos moi diferentes, non me arrepinto para nada do meu, pero tamén espero polo seu (sen igrexa claro). Moitas veces vendo o que vexo pola televisión ou lendo (aínda que é máis impactante velo en imaxes) gustaríame coller unha mochila e os meus aforros e marchar. Deixalo todo. Non podo aguantar tantas inxustizas neste mundo, e cada día multiplícanse. Non podo soportar ser unha desas persoas que se queda no sofá dicindo "que pena..." pero non fai nada. Sempre me gustou axudar no que podo, e ver todo iso e non facer nada faime sentir moi mal, ata o punto de chegar a avergoñarme de min mesma, si. A isto é o que me refiro, que me sinto mal pero non fago nada por cambialo. Nen sequera pequenas cousas. Falo moito pero fago pouco, ese é o meu problema. Por iso non teño dereito a xuzgar a esas persoas que se deixan levar por esta vida de consumismo desenfrenado, non teño dereito a criticalas, porque as mais das veces eu podo meterme no mesmo saco.

Non sei, mil cousas máis, pero creo que por hoxe xa teño bastante introspección aberta.

Paranoias

Ultimamente pasame que non me recoñezo a min mesma. Que me vexo como unha persoa en xeral, non como Lucía. Non sei explicarme, pero é algo raro. Miro fotos e vexome como unha persoa mais, non como a min mesma, e cando chaman por min as veces: Lucíaaaa! ou din "Lucía fixo esto, Lucía fixo aquelo", pois non sei, é como se falasen doutra persoa, como se eu non tivese nome, simplemente fose un ser mais. Algo moi raro. Se a alguen lle pasa o mesmo, que mo faga saber para non sentirme un bicho raro... :)

I feel like a puzzle and I can't find my missing piece

(...)
Are you lost or incomplete?
Do you feel like a puzzle, you can't find your missing piece?
Tell me how do you feel?
Well I feel like they're talking in a language I don't speak
And they’re talking it to me.
(...)
So you don't know where you're going and you wanna talk
And you feel like you're going where you've been before
You tell anyone who'll listen but you feel ignored
Nothing's really making any sense at all, let's talk
Let's talk, let's talk, let's talk.

"Talk", Coldplay

Xa dicía eu...

Hoxe baixando polas escaleiras escoitei un ruido e mirei para atrás. Que era?? Pois un tornillo que rodaba por elas abaixo. A verdade é que a única posibilidade que cabía era que se me caese a min. Xa dicía eu que pouco a pouco a tolemia se está apoderando da miña cabeza. Prefiro iso a estar cega, por suposto.

A gravata da discordia

Onte mentres estaba traballando tiñan posta a Radio Galega e fun testemuña dun debate radiofónico bastante patético: a gravata, poñela ou non poñela, esa é a cuestión. Seica houbo unha caixa de aforros que para gastar menos enerxía no aire acondicionado deixoulles aos seus empregados que levasen roupa "normal" ao traballo. Cal foi a miña sorpresa que despois de abrir este debate sen sentido, chamaba xente escandalizada dicindo que non lles parecía normal; que nos bancos sobre todo tiña que haber unha imaxe de seriedade e que ir a traballar en vaqueiros ou en camiseta non inspiraba ningunha confianza aos clientes. Que triste... Outros dicían que podían ir sen gravata, que era lóxico que daba moita calor, pero ir con roupa elegante, non aparecer en bermudas nunha reunión. Despois outro contestaba que lucía máis un traxe, que daba unha sensación de respecto maior... blablablablabla. Por fin, no último segundo da emisión deste programa leron unha mensaxe de móvil dun oínte que dicía: "o respecto e a elegancia non están na gravata, senón na persoa". O único con sentido que escoitei nesa hora.
Eu sempre fun da opinión de que a roupa é algo que se inventou para taparnos do frío, da calor ou de incomodidades, e non xeralas. Creo que estas "normas" sociais de ir de traxe a unha boda, ao traballo, non levar un chándal ás clases, etc, etc, etc. é unha gran parvada, o que importa dunha persoa non é a apariencia, porque todos sabemos que estas enganan, senón a persoa en si. Que máis da como vaiamos vestidos ou peinados se somos ruins?
Ademais, hai cousas moito máis importantes que debatir e polas que enfurecerse que por un simple cacho de tea...

En persoas coma ti pode estar o cambio

Este ano sen dúbida foi un dos anos nos que máis xente coñecín e a verdade é que quedei bastante satisfeita. Preguntarédesvos: satisfeita de que?? Pois de conciencia social. Tiven a oportunidade de ver que a unha boa parte tiña as mesmas preocupacións que min, cousa que me alegrou. Fai tempo alguén preguntoume: cres nas novas xeneracións?? E a miña resposta inmediata foi NON. Como vou a crer en persoiñas que agora so se preocupan de estar enganchados a unha consola ou de que a sua camiseta sexa do Tomy jilfinjer ese. Así non se vai a ningunha parte.
Pero despois comezas a ter conversacións sobre temas trascendentais cun montón de xente. Comezas a ver que a xente ten preocupacións. Onde iremos a parar se seguimos asi? Por que tanta inxustiza? E todos nos alegramos de ver que a outra persoa pensa da "mesma" forma. A única solución para un cambio é empezar pouquiño a pouquiño, coa palabra. Nós, os que cremos que o mundo debería ser máis xusto, máis equitativo... debemos facernos escoitar. Podemos empezar polos amigos, pola familia e pouco a pouco creo que a xente irá adquirindo de forma indirecta novas ideas. O que hai que facer é abrirlle os ollos á esa xente sumisa ós novos sistemas. Iso fixo un amigo: empezou con seus pais, ó principio tomábano por tolo, pero despois foi observando que co tempo xa non lle chamaban tolo, senón que o escoitaban e asentían, e máis adiante eran eles mesmos os que defendían esas ideas nos seus círculos de amigos.
Pode que nos leve tempo, pero o caso é intentalo e non abandoar.
O truco esta na educación: se conseguimos que unha parte considerable da poboación cambie pouco a pouco conseguiremos que á hora de ter fillos e educalos, estes comecen a pensar así desde o principio.
O final as nosas conversacións sempre acaban con: teño claro que marcharei por ahí, aínda non sei onde, pero marcharei a axudar onde faga falla.
Vexo que non son eu a única que creo nas utopías.
Por certo, quen sexa afecionado á lectura recoméndolle: "Las nueve revelaciones" de J. Redfield

GRACIAS

Gracias. Es lo que os puedo decir.
Gracias por haber escogido Bristol como ciudad de destino,
gracias por dejar que os conociese,
gracias por entrar en mi vida,
gracias por todo.
Este año no ha sido una experiencia cualquiera, ha sido LA experiencia de mi vida (al menos por ahora).
No se que mas decir.
Que he cambiado, gracias a todos.
Somos todos muy diferentes y gracias a eso me llevo una mezcla de opiniones, culturas, gustos...
Entre todos, con lo que me habéis aportado cada uno, me habéis ayudado a madurar más,
a ver la vida de una forma distinta, a disfrutar cada dia y a olvidarme de los problemas.
Las lagrimas aún resbalan por mi cara al pensar en vosotros.
Espero veros muy pronto.
ESTO NO ES EL FIN, SIMPLEMENTE UN PUNTO Y APARTE.

"Los hippies tambien creen en Dios"

Esa foi a conclusion que sacou Gema ao final da noite, dito con esa arte que ten e ese acentazo de Xaen. "Loh hippi tambien creen en Dio". Pois si, ali estaban mais de 20000 persoas, as 5 da manha rodeadas por un entorno totalmente adecuado para o acontecimento: o amencer. Foi unha das cousas mais bonitas que vin na minha vida, e iso que xa vira amenceres antes. Mais de 20000 persoas de todalas clases, nenos, hippies, vellos, de todalas partes... E ali estabamos todos, adorando o gran Sol, vendo como se erguia e despreguizaba as 5 da manha. Para el debe ser un acontecemento dos mais grandes, unha das suas maiores adoracions. Para nos unha das mellores cousas desta creacion (chamalle X).
Sen dubida que voltarei, foi toda unha experiencia. Estiven sen palabras as 12 horas de ritual.

Para ti, quien quiera que seas

No envuelvas tu mente con tu pelo, deja que el viento lo sacuda y al final tu corazon respirara bocanadas de libertad. Seca esas lagrimas que empanhan tus ojos e impiden que brillen. Que tu boca deje escapar eso que siempre sientes, porque la verdad es el mecanismo que debe mover el mundo. Que no se te olvide.

Escravitude

Normalmente dise que os seres humans traballamos para poder vivir, pero eu non creo que sexa desta maneira. Estamos nunha epoca na que se vive para traballar, por moi triste que sexa. Pero por que? Porque somos escravos desta sociedade consumista. Hoxendia se non se ten un ordenador propio, un coche de ultima categoria, unha television de pantalla extrafina, conexion de interntet a velocidade da luz... parece que non somos felices. Canta xente hai sen traballo? Moitas.E sen cartos? Ainda mais.
O que teriamos que facer seria reducir os horarios de traballo para que todo o mundo puidese traballar e ganhar o seu sustento. Desta forma, teriamos mais tempo para disfrutar da vida, concentrarnos no que en realidade fai que valga a pena vivir. Pero claro, se facemos esto, teriamos un soldo inferior. Menos cartos! Uffff! Que problema! Esta idea non convenceria a case ninguen. Pero eu sego a crer un pouco nas utopias... Se baixasemos o noso nivel de vida, cos cartos que ganhasemos poderiamos vivir de sobras e ter mais tempo para facer o que realmente nos gusta. Pero a quen beneficia esto? Esta claro que aos gobernantes non lles interesa...
Nada, un pouco das minhas comeduras de cabeza, monologos interiores, utiopias utopicas.

Fauna galega II: "Paralises cerebrais moi comuns"

Ola seguidores de "Fauna galega",
hoxe o tema a tratar son as paralises cerebrais que sofren de vez en cando os Lestedanos. Gustariame facer constancia destes lapsus mentais, polo que aqui vai unha seleccion das mellores pifias recollidas na minha "libreta de investigacion".
DIEGO:
- Diego, tu coche es diesel?
- No, es a gasoil.
LUCIA:
- Tania, non podes pasar de cero a nada.
TANIA:
- No tengo el chocho pa farolillos (en vez de "No tengo chichi pa pirulillos" de 7 vidas)
MARIO:
- Te imaginas una gallina con hocico? Y con dientes? (????)
DIEGO:
- Es depende.
MARIO:
- Non me acordo de cantos cds tinha esta cancion.
NACHO:
- Es de aluminio inoxidable.
LUCIA:
- Es culturo patrimonial. (???)
EVA:
- Vamos pa feira?
- Donde es eso? el pub eira??
AIDA:
- Tus pedos son inodoros.
DIEGO:
- Vamos al Limitacion (Edicion Limitada)
AIDA:
- Eso es eutanasia!! (en vez de incesto)
DIEGO:
- La camara esta sin covertura (bateria)
LUCIA:
- Traja en cabasa de Eliana (trabaja en casa de Eliana... moi mal, moi mal...)
MARIO:
- Es un after?
- No, es un before.
RICHI:
- Dios es unipotente.
NACHO: (falando de Mago de Oz)
- Esta cancion me raya, esta y la de Costa Oeste (Costa del silencio)
RICHI:
- Tranquilo que en el banho hay aseos (papeleras)
RICHI:
- Voy a ver a mi amor pletorico.
AIDA:
- Mario! Tocas todo lo que rompes!!
DIEGO:
- Eva, te echamos de medio...
DIEGO:
- Soy Juanito Gualderramas (Valderrama)
RICHI:
- Me tome la mitad. Bueno, la mitad no, pero dos cuartas partes si.
MARIO:
- Tengo memoria fotogenica.
ALBERTO:
- Tenho que facer un cambio de prospago.
TANIA:
- Son de saborines (colorines)
AIDA:
- Eres un egocentro (egocentrico)
AIDA:
- Hacia ski water. Digo, patinaje sobre agua (ski acuatico)
MARIO:
- El raton tiene menopausia (Parkinson)
AIDA:
- Saca aqui las cartas que jugamos un domino
DIEGO:
- No me hagas un chupito!!! (chupon)
EVA:
- Me sabes a Dani (hueles)

Proxima edicion: artigo sobre o Verea Rock (se sobrevivo): reunion dunha parte da especie na que se volveran mais tolos ainda.

Clases de bioloxia: os Lestedanos

O outro dia un bo amigo dixome que a ver se me estiraba e escribia algo sobre a sua especie, uns personajes chamados Lestedanos.
O habitat natural desta fauna e Lestedo (o que non quere dicir que forzosamente vivan ali). O que os caracteriza son o payasos que son e o ben que o pasan xuntos. Sempre estan a buscar excusas para reunirse e o parque (sexa en Lestedo, sexa en Bristol, sexa no San Campio...) e o lugar no que mas comodos se sinten. Volvense un pouco salvaxes cando escoitan musica (din que a musica amansa as fieras, aqui e todo o contrario) e a amizade e algo que non lles falta. O do apareamento non o levan moi ben, a norma xeral e non aparearse con membros da mesma especie (ainda que houbo alguns que a romperon :P) senon utilizar o ataque anaconda e asaltar elementos doutras especies que pululan pola atmosfera circundante (vexase festas, pubs, etc.). Calquer lugar vale. jejeje. Alguns lestedanos soen ter largos periodos de emigracion, pero en canto todos os membros da mesma tribu se xuntan de novo, parece como se non pasase nada de tempo, todo segue igual.
E unha especie curiosa. Unha gran familia. Proximamente seguirei cos meus traballos de investigacion tan avanzados. Esten atentos a novas edicions de "Fauna galega".

Surrealista

Onte pasoume algo que so de pensalo ainda se me ponhen os pelos de punta...
Ia de caminho a casa con Aline de volta da biblioteca, cando vimos a unha rapaza da nosa idade falar con 3 nenos (terian entre 8 e 12 anos). Pasamos de largo e de repente escoitamos que ela lles insultaba e empezaron a correr detras dela. Parouse onda nos e volveunos a insultar (monkeys, foi o unico q dixo).
Pois o caso foi que o rapaz mais alto empuxouna contra a valla e sacou unha PISTOLA (non sei se seria de verdade, pero era moi real) e puxolla na cabeza. Namentres os outros dous golpeabana e insultabana. Nos acercamonos (cagadas de medo, como non) como para dicir que estabamos ali, que a deixaran en paz. Parece que fixeron caso do mensaxe telepatico que lle mandamos, porque a deixaron. Enton ela soltou para si un Fuck off e o rapaz mais baixinho, o que lle boto uns 8 anos, soltoulle unha hostia. "Do you want more? Eh! We can kill you!!"
Non sabiamos que dicir, a rapaza estaba toda nerviosa e nos coma ela. Explicounos que ela tinha un carro para levar un ordenador, que acababa de facer unha presentacion, e deixouno un momento na acera e os rapaces marcharon correndo con el, decian que era seu e que non llo ian devolver. Enton ela chamoulles Monkeys e o que pasou despois xa o sabedes.
So podo dicir que me quedei cunha tristeza profunda, non pola rapaza, senon por eses nenos. Vaia sociedade temos que xera elementos coma estes, elementos que terian que estar xogando o futbol ou as bonecas e non apuntar con armas e faltar ao respecto das persoas. Espero que algun dia recapaciten. Polo ben de todos.
Todo por un carro.

Estou cabreada

Estou cabreada. Razon: elecions adiantadas. Grrrrrrrr
Menos mal que me enterei de rebote... A merda e que non me enterei antes. Estou totalmente desinformada :(, que triste... O peor e que me fio de xente interesada en que eu non vote.
Agora estou metida en lios de consulados, embaixadas, posibles perdas de beca Erasmus... e todo por culpa dun vello que chochea e que non lle da chegado a sua hora. Por culpa de querer aproveitarse da situacion para ganhar... Agora esta en perigo un dos poucos votos que ten na sua contra. Xa o conseguiu. Estaras contento.

Las palabras nunca matan (Stop censura)

stop criminalizacion censura!
stop criminalizacion basura!
stop criminalizacion censura!
donde esta la libertad de expresion?
acoplados, metidos todos en el mismo saco,
aguantando mentiras y manipulaciones
no escuchas, no entiendes, no sabes, no comprendes
solo lo que sale de tus putos cojones
eres un valiente, valiente hipocresia!
dentro de tus lista no hay terroristas
solo personas que van a defenderse
cantando, luchando con uñas y dientes
no nos cierren la boca asociaciones de censores
no respeten el derecho de las libres opiniones
prohibiendo y torturando en pocas pasadas
epocas oscuras ahora recordadas

hitzen munduan mugitzen gara aske rzan nahian
kaiolan libre garela ezin onrtuz

(quiere decir: nos movemos en el mundo de la palabra
queriendo ser libres no podemos aceptar que somos libres en jaulas)

stop criminalizacion censura!
stop criminalizacion basura!
stop criminalizacion censura!
donde esta la libertad de expresion

la protesta es un arma, es la mejor defensa
tambien denunciamos cantando y tocando
ahi es donde duele que se expresen las verdades
la censura otra vez 50 años mas tarde
ahora hacen de jueces las asociaciones
aplicando sus leyes a las difamaciones
despues los justicieros se reunen reventando
actos culturales su mitin es un asco
sin musica no voy y menos a otra parte
son maneras de vivir, vivir asi es un arte
sus extremos si provocan y parece protegidos
quien esta detras? por quienes son dirigidos?

hitzen munduan mugitzen gara aske izan nahian
kaiolan libre garela ezin onrtuz
stop criminalizacion censura!
stop criminalizacion basura!
stop criminalizacion censura!
donde esta la libertad de expresion

mientras tanto recordar prohibiran las reuniones,
los conciertos, la cultura en general
pero si siguen disparando que nunca nos señalen
aunque soños su objetivo no nos vamos callar!
esta cancion no es una bala aunque te esta
apuntando las palabras nunca matan
¡a ver si sabeis difernciar!!!

hitzen munduan mugitzen gara aske izan nahian
kaiolan libre garela ezin onrtuz
stop criminalizacion censura!
stop criminalizacion basura!
stop criminalizacion censura!
donde esta la libertad de expresion
donde esta!!!

by Boikot and Company

The New American Way

"The punishment no longer fits the crime"

Each day when I wake up and I set my best foot forward
I'll make an effort to be all that I can be.
I take a look around me and I wonder how things change so much in the few short years since I was a young boy.

Do you know what we're fighting for?
I know in an instant I could lose everything I'm working toward.

Chorus:
I know I'll win my battles
though I fear we'll lose the war to the new American way.

The morals of this nation's youth have long gone astray lead by tolerance, indifference,
and this kinder gentler way that has corrupted and destroyed so many of our boys and girls
oh Lord I start to wonder will it ever come around?

by Dropkick Murphys

Marie Claire

Onte puxemonos a analizar unha revista que atopamos na nosa casa: a Marie Claire (ou como se escriba), quen di Marie Claire, di Elle, di Ragazza, di Woman ou di Men ou que diga o que queira. Que noxo... Pasas as paxinas e o unico que atopas e: "beleza" e cousas que mercar a precio de ouro. So hai modelos e mais modelos, modelos de como vestir, modelos de como andar, modelos de que mercar, modelos de como vivir e ata modelos de como follar... Si si, como cho conto. Moi triste. Parece ser que hoxe en dia nos reximos por modelos. Se non te acercas ao modelo perfecto olvidate de triunfar na vida. Iso e o que nos venden. Por que? Pois porque lles interesa. Todo e un negocio. Nunca sera para que todos vivamos mellor ou nos sintamos mellor con nos mesmos, senon todo o contrario: canto peor te sintas contigo mismo, mais cartos lles vas a dar (se vedes a peli de Robots esa idea esta ben camuflada). E nada, so che mostran roupa, viaxes e articulos carisimos nunha revista comprada por unha maioria que non so pode permitir... E como non so pode permitir sintese mal por non alcanzar ese modelo... E todo unha cadea infinita.

Inolvidable

Ainda non sei por que non lle otorgan dunha vez a independencia a este pequeno paraiso. Isto non ten nada que ver co resto do pais. Libre de McDonalds, Burger Kings e rapazas histericas espidas pola rua. Aqui a xente e amable, sorri dia e noite e esta disposta a facer o que poida por axudar. Eu creo que e o mar. Si. Pero non o mar que se ve desde as praias explotadas polo turismo en masa, senon este mar. O que se ve desde os acantilados, desde os bancos ao borde dun precipicio, desde as covas que se adentran na terra, desde as dunas con gaivotas feroces, desde pobos perdidos nos barrancos. Ese e o mar que cambia a xente, a tranquilidade que transmite, a paz interior que che deixa e que por momentos permiteche viaxar sen moverte do sitio. Sssshhh... Escoita. Cerra os ollos e relaxate.
Desperto e mirando con melancolia a choiva esvarar pola fiestra, recordo estes tres ultimos dias.
Se tedes oportunidade vide ata aqui canto antes. Cornwall non se move do sitio, pero a explotacion voraz do turismo si, e a velocidades inimaxinables. Salvese quen poida.

Para esas da "depresión de cabalo"...

Erguede a cabeza e secade as bágoas: a vida dura un suspiro e non hai que malgastala chorando. Non todo o que non sae como vos queres son problemas: os problemas están inventados pola vosas mentes. Se mirades sempre o lado positivo seredes máis felices: non fagades unha morea dunha frangulla.
"Y cómo le podría yo explicar
que la pena dura tanto
como quieras tú seguir llorando,
y aunque tú revises tu interior
siempre queda algo que
te dice que esto es para largo."
Hasta a volta, nenas.