Blogia

Terra de ninguén

"Me cuelgo de su pelo, me engancho de su miel,
me encuentro con mi hada, que esta loca también,
he vuelto a la andadas, he vuelto a enloquecer
lo vi escrito en la luna, luna creciente:
Es menester
en la cañada
dejar el arroyo
con sus ruidos:
y yo me quedo en casa, me duele todo,
quién va a aguantarme con este mono".

Sudokus

Sudokus

libertad

(Del lat. libertas, -ātis)

 

1. f. Facultad natural que tiene el hombre de obrar de una manera o de otra, y de no obrar, por lo que es responsable de sus actos.

2. f. Estado o condición de quien no es esclavo.

3. f. Estado de quien no está preso.

4. f. Falta de sujeción y subordinación.

5. f. Facultad que se disfruta en las naciones bien gobernadas de hacer y decir cuanto no se oponga a las leyes ni a las buenas costumbres.

6. f. Prerrogativa, privilegio, licencia.

7. f. Condición de las personas no obligadas por su estado al cumplimiento de ciertos deberes.

8. f. Contravención desenfrenada de las leyes y buenas costumbres.

9. f. Licencia u osada familiaridad.

10. f. Exención de etiquetas.

11. f. Desembarazo, franqueza.

12. f. Facilidad, soltura, disposición natural para hacer algo con destreza.

Moitas veces dicimos que somos libres coma os paxaros ou que a vida é liberdade, mais, ¿podemos dicir que a liberdade no seu estado puro existe? Permitídeme que me tome a 9 para dicir que a 1 é unha utopía total, ninguén é totalmente libre, pois sempre te ves condicionado polas consecuencias dos teus actos. Se unha persoa (caso bastante extremo), desexa matar, non é libre de facelo, vese condicionado cunhas leis que o frean. Se o fixera, podería estar satisfeito porque fixo o que quería, mais pasaría a carecer da 3. Sacrificaría a súa liberdade das dúas formas.

Tamén segue a ser unha utopía porque hoxendía practicamente ninguén pode considerarse na situación 2. Por moito que a escravitude se abolira na maioría dos países fai anos, todos seguimos a ser escravos de moitas cousas, de infinitas mais ben, dende o traballo ata á imaxe.

A vida non é liberdade en sí, sobre todo en moitos países nos que a 5 é inimaxinable, castigando duramente, como en Polonia (por poñer un exemplo cercano e non ir sempre a países pobres), que vas ó cárcere por seres homosexual.

Conformémonos con ser libres os que vivimos no 5 e que poden exercer o 1 sen caer no 3, porque seguen os principios básicos de convivencia e sempre loitando por escapar do 2.

Utopía en el día a día, panacea encuentras en la fantasía...

Cumprir anos ou descontalos? O vaso medio cheo ou medio vacío? O realismo só xera pesimismo... Pero ¿cómo non ser pesimista nunha sociedade na que a xente está máis acostumbrada a levar paus que a celebrar?... Hoxe un señor que me atendeu no banco dixo unhas sabias palabras "a festa é o único bo que nos queda nesta vida". Por que? Podes ir de festa, facer unha festa, sela festa e sempre é positivo. Se o pasas mal, xa non é festa, cambia o concepto. Nesta vida fainos falta unha pizca máis de optimismo, media taza de saber vivir e unha pota de "a ser felices". Como di un raparijo: cada día, por moi normal que creas que sexa, sempre hai pequenas anécdotas que fan que sexa diferente. Hai que buscarlle o intríngulis a todo e facer de cada momento unha FESTA. Por outro lado, tampouco se pode ser demasiado esixente con un mesmo, non podes pedir que os 60 minutos das 24 horas que ten un día estén ben aproveitados, porque é imposible. Chegar a esixirse ser feliz pode facer que non o sexas.

Déixate levar...

A ser felices!

O gran Charles

Déixovos aquí un link a unha páxina que promete, algo que non vira ata o de agora. Trátase dun blog sobre caricaturas de grandes personaxes da historia do rock e derivados. Polo dagora este proxecto aínda está empezando, pero promete

http://www.rockarituras.blogspot.com/

E non o fago porque si, senón como agradecemento ao seu creador por aquela caricatura que me fixo expresamente dos Rage Against the Machine e ese gran debuxo do bosque das hadas que me regalou polo cumpreanos. Esa personaxe inigualable co que vivín durante un ano por terras bristoleñas e que me atopo fugazmente de festa en festa e pola facultade (curiosamente de tradución, cando gañaría unha pasta debuxando coa súa calidade!).

Charlie! Avanti a toda vela!

Malo, malo, malo eres...

Malo, malo, malo eres...

Fai uns días tiven unha conversa moi interesante sobre a maldade. O ser humano nace malo ou faise? Por que ser malo? É algo relativo o concepto de maldade? Este podería ser un debate eterno no que non entrarei para non repetirme. Mais só digo que odio estar rodeada de seres ruins envoltos en enerxía negativa altamente contaminante, de trepas pisalotodo, de avariciosos... Co ben que se vive sen molestar a ninguén (polo menos conscientemente...).

O outro día había un exame de tradución de textos económicos e a xente foi o día anterior á biblioteca a escondelos diccionarios entre os demais libros para poder ter un ao día seguinte. Madrugas e subes antes, non sexas así! Xente que arranca anuncios dunha profesora de clases particulares de alemán moi boa, para que outras persoas non conten con esa axuda e ser eles os mellores da clase. Esconder os libros de exercicios resoltos da biblioteca para ser eles os máis "listos", darlle a "no admitir" no messenger por pronunciarte en contra a unha idea súa... Estas son pequenas mostras de maldade nun microsistema como é un curso de 100 persoas. Ampliade isto a gran escala e como podedes ver os resultados son espeluznantes...

Veña nenos, a portárseme ben!

 

En 22 anos que levo de vida xa tomei decisións mellores ca estas...

 

Vin o anuncio desta revista e non me puiden resisitir a colgala...

En fin. No comments.

Marcha...

Marcha...

Canto se aprende con alguén que ve documentais... :P

A lúa escapa de nós e non me extraña, acabamos con todo e ela ha de sentir medo.

Seica co cambio climático e o derretemendo dos polos está a subir o nivel do mar e os niveis de flujos e reflujos dos océanos fan que aumente a fricción das mareas. Esta fai que a rotación terrestre sexa máis lenta, polo que os días son cada século 0,002 segundos máis longos e estase a variar a posición do eixe da Terra (o "momento angular"). Seguindo unha tal Lei de Conservación do Momento Angular, o momento angular perdido pola Terra gáñao a Lúa, a cal depende totalmente do noso campo gravitatorio. Polo tanto, a lúa afástase de nós lentamente, uns 4 cm por ano.

Menos mal que non estarei viva para cando desapareza...

P.D.: do 432 a.C. ao 46 a.C. empregábase o calendario lunar.

P.D.1: o noso calendario é gregoriano (polo tío que o inventou) e non griego. ;) jejeje

Historias de un zapato

Historias de un zapato

Onte ía eu soa no autobús baixando do Cuvi, cando de repente decateime de que no medio e medio dos carriles había un zapato. Non era un zapato calquera. Era un zapato de home, de punta, de pel de serpe. O primeiro que pensei foi "é dun accidente", mais non vin ningún resto de cristais ou pista de que esa fora a solución perfecta. E entón pensei "joder, Lucía, tamén sempre veñen á cabeza as peores ideas" e comecei a pensar as posibilidades polas que ese zapato podería atoparse no medio da Avenida de Madrid.

-Se cadra un ricachón, montando unha festa na parte de atrás da súa limusina, nun arrebato apaixoado coa tía en tanga que lle comezaba a quitar a roupa, sacouse o zapato con tanta forza que sen querer saiu despedido pola ventana que estaba aberta para paliar as altas temperaturas que subían no asento traseiro.

-Se cadra un raparigo emigrante que vende artigos de imitación, cruzando a rúa a toda présa, deixou atrás un dos seus zapatos hiperbaratos de Camper ou sabe dios qué.

-Se cadra un grupo de ladróns que actuara facía unhas horas no Corte Inglés e roubara todo tipo de artigos caros, na súa fuxida nunha gran furgoneta negra comezara a tirar pola ventana todos aqueles artigos que non lles gustaban.

-Se cadra uns tíos dunha nave espacial déronse de conta de que tiñan máis peso do permitido e decidiron por votación desfacerse dun deles. O corpo do desafortunado desintegrouse no espazo, mais o zapato, de gran calidade, resistiu toda clase de dificultades e foi aterrar en Vigo.

-Se cadra formaba parte dun xogo de rol pola cidade no que o zapato era unha pista do camiño a seguir, debido a súa afilada punta que empregaban como flecha indicadora.

Tantas opcións... Algunha outra idea?

¿Que facer se queres falar e non existen palabras? Suspiras? Calas? Sorrís? Inventas? Berras?

A linguaxe é un sistema de comunicación moi incompleto e impreciso. Cada palabra ou sintagma intenta expresar un concepto, mais... ¿cantas veces non existen verbas para describir un sentimento, un acto ou unha idea? Ou ¿cantas veces si existen, pero quédanse a medias?

Miradas, xestos, sons... todo complementa ás palabras, mias non sempre son suficientes.

En ocasións o mellor é a telepatía, un medio que non entende de letras mais si de verdadeira comunicación.

 

Error de lectura de disco, pulse Ctrl Alt Supr para reiniciar...

Error de lectura de disco, pulse Ctrl Alt Supr para reiniciar...

Bendigo as novas tecnoloxías que nos fan a vida mais fácil e maldigo as que nos absorben.

Bendigo as novas tecnoloxías que axudan a salvar vidas e maldigo as que as quitan.

Bendigo as novas tecnoloxías que nos permiten viaxar en cuestións de minutos e maldigo as que nos convirten en apéndices dunha silla.

Bendigo as novas tecnoloxías que nos permiten comunicarnos máis facilmente entre nós e maldigo as que fan que cada vez a comunicación humana sexa menor.

Podería seguir así cero entre cero infinito.

Esta semana perdín todo o que tiña no meu ordenador: traduccións, glosarios, traballos de investigación, fotos irrecuperables, fotos recuperables, música (a miña música), etc. Toda unha vida de cousas tiña e cun simple parpadeo de cursor sobre pantalla negra desaparece... A tecnoloxía ten as súas vantaxes e desvantaxes, mais o caso tamén é como cada un a empregue.

Que ben se conservan esos manuscritos do século XII...

Aish...

Ou "En brazos de la fiebre"

Ou "En brazos de la fiebre"

...Y por fin he encontrado el camino
que ha de guiar mis pasos
y esta noche me espera el amor
en tus labios.

De cada mirada, por Dios,
ardía el recuerdo en mi interior
pero ya he desechado por siempre
la fruta podrida.

En la prisión del deseo estoy
y aunque deba cavar en la tierra
la tumba que sé que me espera
jamás me vio nadie llorar así.

Que termine un momento precioso
y le suceda la vulgaridad
y nadar mar adentro
y no poder salir.

En la prisión del deseo estoy
junto a ti.

y rodaaaar y rodaaaar

y rodaaaar y rodaaaar

 

¿Por que empezar sempre é o que máis costa? Cando mandan un traballo, sempre se lle da largas ao momento de poñerse con excusas baratas, ata que queda pouco para entregar, ata o último día como quen di, ata que te pos seria e dis: "agora ou nunca". Os primeiros pasos sempre son os máis difíciles. Senón pregúntalle a un neno pequeno, sempre se fan de rogar para que solte a súa primeira palabra ou de o seu primeiro paso só. Sempre hai algo por detrás: pereza, medo, indiferencia... Mais unha vez que empezas xa... xa está. O traballo máis gordo xa pasou. Rodar e rodar é o que queda.

 

 

TArra, AIre, LUme e EugA...

TArra, AIre, LUme e EugA...

"Para Empédocles, el Amor tiende a unir los cuatro elementos, como atracción de lo diferente; el Odio actúa como separación de lo semejante. Cuando predomina totalmente el Amor, se genera una pura y perfecta esfera toda ella igual e infinita".

Cada elemento es radicalmente diferente en su estructura respecto de los otros, pero pueden coexistir y mantener la vida en una casi infinita gama de combinaciones mientras aquello que ellos sostienen se encuentre con vida. Cuando su "vida" termina, los elementos se dispersan, creando una situación conceptualmente similar al "Mundo de la Separación".

Los cuatro elementos son en verdad uno conceptualmente, el Mundo de la Unidad compartiendo una coexistencia e interacción pacífica.

Este fin de semana abandonádesme putas, pero eso fai que o que ven nos xuntemos con máis ganas e demos a benvida ao 4º elemento... Vai ser unha semana interesante: interacción roscas-monas...

Conclusión: Somos todas bos elementos... jajajajajajaja. (Que ganas!!)

¿Sensentidos?

¿Sensentidos?

Pois si, aquí estou, renovando porque si e "A fuego lento voy amontonando pensamientos y desordenando las variables espacio-tiempo". Pode que sexa un artigo bastante insulso, mais non é porque non teña nada do que falar, porque "felices aquellos que saben que detrás de todas las palabras hay lo que no se puede decir". E caos, desorde, voltas e voltas... e vas e vas. E si que se pode escribir sen pensar e aínda que a miña cabeza vaia máis rapido que os meus dedos, levan un pique bastante axustado. Si, estou vaga, levo uns días moi vaga, en dous días só fun a 2 horas de clase e... non me importa, porque non teño ganas de facer nada. Bueno, si, teño ganas de facer moitas cousas, mais "desear no es vivir el presente", seica. E perdémonos en desexos moitas veces e aí queda iso. E páreceme que me repito, e páreceme que non sei de que falo, mais ás veces si que sei máis do que digo, case sempre penso máis do que digo... Pensar... Maldito o momento en que se nos otorgou esa facultade aos seres humanos. Mais como algúns sabemos, non todos saben cal é o botón de poñela en funcionamento... Ás veces é mellor, ¿non? Non creo... "Prefiero vivir en la ignorancia", ¿seguro? Mais se non abres os ollos nunca poderás voar, porque tes perigo de estrellarte. E seguimos... E qué se te estrellas? E qué se "las consecuencias de cada acto van implicadas en el acto mismo"? A iso contéstoche "no hay nostalgia peor que añorar lo que nunca sucedió".

Caos, desorde, voltas e voltas... e dalle e dalle... Póñome diante do ordenador co próposito de escribir e non se me ocorre nada. Déixome levar.......... Mais só reuno sensentidos... Non o leas, espía de paso ou eterno compañeiro, aínda que cando chegues a este punto xa será tarde... Prometo algo "bo" en breve.

"Quien lo iba a decir..." (o gran poeta David Bisbal)

"Quien lo iba a decir..." (o gran poeta David Bisbal)

"Caminante no hay camino, se hace camino al andar y al volver la vista atrás, se ve el sendero que nunca se ha de volver a pisar" (A. Machado).

"En el sendero de la vida lo importante no es la meta, sino lo que aprendes en él" (Miriam)

Aí queda iso.

Unha cousa que aprendín é que non sabes por onde che vai a levar a vida, que nunca podes dicir nunca, pois igual nun futuro acabas facendo iso que negabas no pasado ou vivindo situacións que nunca esperarías. Ultimamente "quien lo iba a decir" está moi presente nas nosas conversas...

Pío pío

Pío pío

Hoxe erguinme as 10 e seguindo a miña rutina matinal fun o baño e abrin a persiana. Pouco a pouco vin como a miña habitación ía enchéndose de luz que entraba polos pequenos buratos. Unha vez aberta de todo quedei parva un pouco, mirando cara fóra. "HOXE FAI UN DÍA PRECIOSO", pensei. E tiven que volver deitarme, non me podía resistir, pero non para durmir. Qué gusto, alí tirada, co sol na cara e co piar dos paxaros como banda sonora...

E dinme conta, ao ver como empezan a brotar as magnolias de miña tía, de que xa estamos ás portas de que empece a primavera, a miña estación favorita. Xa queda pouco para que Galicia resucite, as árbores mortas revivan, o verde brillante domine a terra, o sol saia máis a miudo sen tanta timidez, o ceo volva a saber que é de cor celeste, deixalos abrigos na casa, comer nas gradas da facultade, velas estrelas, disfrutar das viaxes en tren, subir ao Castro paseando, ir á praia a velo mar brillar, facela fotosíntese, ver á xente máis sorrinte...

Disfrutade!!

Empezar porque sí y acabar no sé cuándo...

Empezar porque sí y acabar no sé cuándo...

Tributo a un concerto que me encantaría ir, mais non sei se poderei, a data queda moi lonxe para facer plans... Grupo polivalente en canto a lugares onde escoitalo: nunha habitación dándose de golpes, nun coche de volta da estrada cantando atope, no tren a soas, nun pub... etc, etc, etc. Míticos. Marcaron xeracións.

"No tengo palabras para decirlo. A veces siento que el pensamiento es un idioma de signos sin sentido".

"¡Cuántos instantes he ingnorado ya, capaces de haberme cambiado!"

"¡Qué fácil es abrir tanto la boca para opinar!"

"El que nada hace, nada teme. Las cosas más triviales se vuelven fundamentales. ¿Cómo se agita el viento sin alimento?"

"¿Estás dispuesto a devorar estrellas que sacien tu sed?"

"La música me abre secretos que ahora están dentro de mí, al final después de todo no somos tan distintos".

"La ingenuidad nos absuelve de equivocarnos, que cada uno aporte lo que sepa............ La venganza es un trasto tan inútil..."

"Mi mundo no se aclarará, tanto vagar para no conservar nunca nada".

"No sé distinguir lo complicado de lo simple............. Todo arde si le aplicas la chispa adecuada"

Sen comentarios...

Sen comentarios...

Onte, despois de ver os mil veces repetidos capítulos de Friends dos que nunca me canso, quedei toda apampanada co que viña despois. De repente, comeza un programa que abre coa noticia "El vestido de Penélope llevaba cremallera". Todo un escándalo, un despliegue de medios. Non podía apagar a televisión, aínda que estivese de fondo mentres traballaba, mais non porque esa "tremenda" noticia me atrapase, senón porque non daba crédito ao que estaba vendo. Máis de 45 minutos falando dunha cremalleira.

Neste mundo fan falta máis cremalleiras.

 

Crónica dunha morte anunciada...

Crónica dunha morte anunciada...

Xa había meses e meses que se viña anunciando que a súa morte estaba firmada. Cada día brotaban como cogumelos chalés e máis edificios novos, á mesma velocidade que se ían derribando árbore tras árbore, converténdose o monte nun espazo en vías de extinción nunha zona outrora tan verde...

Si, caeu. Viña onte no coche soa e ao entrar no comezo do gran boulevard ao que daba nome ese edificio emblématico decateime de que había algo raro, moito máis espazo (ficticio, pois nun futuro non haberá un centímetro libre de construción), podía ver perfectamente a rúa do cruceiro dende o lonxe. E caín na conta: O'26 morrera, desaparecera, derribárano... Era a fin dunha espera agónica. Sabía que a súa morte ía ser real, teóricamente a curto prazo, diagnosticáranlle un cancro maligno, do tipo "valesmaisnochanquedepé", algo jodido de curar sen o valor necesario... E esperou e esperou, mesmo máis dun ano, ata que por fin ese virus que o infectaba esnaquizouno.

E alá marchou ese símbolo, ese lugar tan antigo que comezou sendo unha sala de festas e acabou en bar de clientela fija. Ese bar no que quedábamos para cear, no que os domingos de feira tomabámos algo, que nos daban tapas de tortillas enteiras, no que viamos o Dépor con fervor e xogabámos ao billar. Un lugar no que había moita historia, tanta que o seu nome convertíuse no nome desa zona... Polo menos quedaranos o recordo.

Esa foi a crónica dunha morte anunciada, o comezo dunha nova era neste pequeno pobo que quere ser grande. Puro noxo é o que sinto. O outro día quixen ensinarlle Lestedo a uns amigos que viñeron e decateime do feo que estaba, só había guindastres, cor vermella-ladrillo, area, cemento e sinais de obra, fose por onde fose, comezando por enfrente da miña casa ata o campo da feira ou camiño do Pico. Por iso se nos bañan os ollos en sangue cando recordamos aqueles anos e comezamos a golpes cos marcos das obras, maldicindo ese sentir de "queremos ser máis". E parece que foramos vellos, eses vellos que recordan con nostalxia tempos da mocidade no que todo era máis fermoso, eses que din "Aí onde ves esa casa xogabamos nós ao escondite". E así é:

-Alí onde ves esa casa dun futuro alcalde tiñamos unha cabaña con miles de historias entre os 4 plásticos que a cubrían.

-Alí onde ves unha liña de chalés en fila tipo urbanización Eduardo Manostijeras, era unha leira na que xogabamos ao beisbol con pelotas de tenis.

-Alí onde ves un terreo marcado, era unha leira de millo no que facíamos carreiras a cabalo un doutro.

-Alí onde vés un muro de hormigón, xogabámos as peleas de carolos (carallo como doían).

-Alí onde ves un chan de hormigón cheo de coches, xogabámos ás loitas de globos de auga.

-Alí onde ves un monte, no que enterrabamos os nosos tesouros, o único monte que queda á miña vista, ao lado da miña casa, en breve sucumbirá á plaga da edificación. Xa non voltarei a desperatarme co son dos paxaros...

 

Son como niños...

Son como niños...

Recordo ben esa noite, era a primeria festa de despedida. Cada semana viñan uns e marchaban os anteriores, pero por seren os primeiros foron os máis especiais. Karaoke e xogos. Diversión asegurada para eles. Nós... á expectativa.

Nun paseo por Looe atopei un mercado e deume por comprar un bote de pompas de xabón e uns globos. Soaron as primeiras cancións e abrino. En canto saiu unha pompa vin como se iluminaban os seus ollos, irradiaban felicidade, como se daquel frasco brotase maxia en estado puro. E volveron ser nenos...

Moita xente díxome que prefire morrer antes de ser vello, que a soidade que implica a vellez é peor que a morte. Recordo fai moitos anos que eu cheguei a crelo por uns intres, mais tras pensalo mellor optei polo extremo contrario. Ser vello non implica estar só, depende das circunstancias de cada vida e de como cada persoa tome decisións. Canto máis observo a meus avós e aos avós dos meus amigos máis me dou conta de que a vellez é a volta á infancia: discuten coma nenos, chívanse, disfrutan con cada cousa como se fose a primeira vez, viven con intensidade os momentos máis fermosos, con inxenuidade, mais tamén sendo conscientes da conta atrás na que están.

É duro ver como as persoas que queres van marchando unha tras doutra e tes que asumir que un día destes ti serás o próximo, mais a decisión máis sabia é aproveitar cada segundo de vida que che poida quedar, cada un á súa maneira.

Aí vos queda iso:

http://www.youtube.com/watch?v=WkP_NaMsrMM