Blogia

Terra de ninguén

estes injleses son mais rarinhos...

bueno, agora q xa tenho casa (si, increible, tenho un sitio no q durmir!!!!), pois dedicareime a contarvos o rarinhos q son estes ingleses e as paranoias q nos acontecen aqui, en terras bristolenhas. Para empezar, quero que sepades que aqui esta chovendo a cantaros e que as inglesas tenhen os cojones de sair pola noite en minifalda (o 90 % saen en minifalda) e en sandalias!!!! (o mais conhero e q saen sen chaqueta, andan en tirantes toda a noite... taran moi quentes pq eu vou enfundad no meu abrigo ata os pes). onte fomos a dar unha volta pola noite e flipamos co consumismo que hai aqui, eran as 2 da noite e todo dios estaba jalando a desesperada, as hamburgueserias e os puestos ambulantes de kebab traballaban a toda maquina pq non daban feito... weno, xa se me acaba o tempo para escribir, asi q manha seguirei con mais cousinhas.

Jelou from Injland

ola de novo a todos, jau ar yu? ai am fain, cenquiu. :)
pois oxe xa tou mais animada, pq encontramos unha casinha moi currinha e tamos pendientes miriam mais eu de se lles mola aos outros dous, pq se non lles gusta imos buscarnos un par de injlesinhos para compartir (todo sexa por aprendelo idioma... jajajaja). onte tiven (bueno, tivemos en xeral) un gran baixon moral, pero todo se arreglou cando collemos forzas e nos agarramos as poucas ganas que nos quedaban de movelo cu, pq asegurovos que facia moito q non andaba tanto...
e nada mais, agora esperando a ter onde durmir ben, a minha duchinha e todo iso.
o albergue e cojonudisisimo, conhecemos a un monton de xente, sobre todo espanhola, e botamonos unhas risas todos. despois conhecimos a un italiano, co q imos ir oxe a cear (descubrimos unha asociacion catolica, na q non che comen o cerebro e q pagar 2 libras por unha comida e hai xente de todolos paises, e oxe imos ir a ver q tal).
aqui a maioria da xente e a canha, son moi amables. onte fomos a buscar outro albergue e estabamos mazo perdidas e nos encontramos a unha parexa daqui q nos intentou guiar, moi simpaticos, despois un executivo q andaba mais perdido ca nos preguntounos nun bar polo albergue sen nos pedirllo e por ultimo encontramos un vellinho q era a hostia, que nos levou ata o sitio (o unico!) e q nos comezou a falar do petroleo en china e de q nos daba clases de ingles se queriamos e q nos ensinaba a cidade, pq estaba moi interesado nas culturas e blablabla. unhas risas.

un pouco mais da minha vida bristolenha

pos nada aqui estamos, oxe e sabado e esta todo cerrado, menos os timazos de bares e cafeterias, jajajaja. e aqui, fundindome 2 libras (3 euros!) nunha hora... e nada, pasando o tempo para non rayarme co do piso. estamos considerando facernos okupas, pq non esta penado pola lei, ou irnos a unha igrexa e solicitar asilo... onte foi un dia moi duro, e creo q todolos dias van a ser asi, ata q polo menos tenhamos donde tirarnos.

Xa tou aqui de novo

hola a todolos mosinhos que visiten esta blog. weno, que sepades que chegei sa e salva e que esta cidade e chulisima (non tenhen un maldito til...), esta chea de casinhas pequerrechas, igrexas enormes goticas, e pubs carisimos, jajajja. weno, aqui todo e carisimo... o malo e que a nosa busqueda de piso non nos esta a sair demasiado ben... aqui non queda nada para ocupar, esta xa case todo alquilado e temos que ir ata o cu do mundo se queremos durmir nalgun sitio... estos dias e un agobio, polo q non podo disfrutar moito da experiencia, pero espero que en canto poida instalarme nalgun sitio, esto sexa inolvidable... pois iso, coidadevos moito que eu intentarei facer o mesmo... un biko para todos.

Empeza a conta atrás...

Agora que me puxen a facer a maleta, pouco a pouco vou asimilando que marcho. Xa sei que son horas..., pero ata o de agora, da xente da que me despedía non me daba conta de q ata dentro duns meses non a ía ver, era mais ben un ata mañá. A verdade é que me espera un ano que vai a ser moi diferente ao q levo vivido, non por estar fora da casa, pq xa levo 2 anos practicamente fora, senón polas miñas futuras experiencias. E a verdade é que me alegro de ir tal e como vou, á aventura, sen casa nin nada de nada, porq son unha persoa á que lle gustan os retos, e que non lle den as cousas feitas. É unha forma de poder ver ata donde podo chegar, pasarei momentos bos e momentos malos, pero sei que todo iso me vai a servir de moito. Xa vos contarei con detalle o que me vaia sucedendo, se é que ala teñen a delicadeza de facilitarme internet... Pois iso, ata pronto Galiza, e ata pronto todos aqueles que sigan de vez en cando esta blog.

De Tania, a rubia (non me deixaba poñer un comentario, asi que...)

Sentome diante do ordenador sen saber como dicir o que se me pasa pola cabeza, e é que a min esto de escribir para que outra persoa o lea nunca se me dou moi ben..pero a situación requíreo...Vásteme, e eu teño medo, medo a estar sen ti, medo ao esquecemento, medo a distancia, medo a toparme arruinada por mor das chamadas internacionais...MEDO!vouche votar de menos, pero non podes imaxinarte nin nun so intre canto che vou precisar..todo esto ti xa o sabes, sabes que eres a persoa que escoita, a persoa que esta ahi cando todo anda mal, a que me encobre para que Fito siga conseguindo facerme dano(anke sea sen intención...)a que me é capaz de advertir que unha bagulla esta a punto de face-la sua cruel aparición e me da e ánimos para sorrir e matar esa mala sensacion de sentirse nun pozo infinitamente fondo, no que ti eres a persoa que tira a corda para poder volver a asoma-la cabeciña por entre a boca do pozo...eres a compañeira de festas, de mexadas, de tajadas, de Bacardi Limon con Coca-Cola(mal que me pese por ter tido que vota-lo alento en algunha situación comprometida...)compañeira de ceos, e INFERNOS(eso xa non vai ser o mesmo namentres ti estes fora, nadie canta coma ti o NON ME TOQUE-LO CHOCHO)Quen vai vir conmg a ve-lo DEMO do Inferno?????NINGUEN!!!!!non se pode tapa-lo ceo con retal de tea...chega o fin dsta declaración de profunda ademiración, amor(do de verdade, do sincero, do que dura polos seculos dos seculos,amen)Vouche precisar moito, asi que deixa a xanela da casa donde vivas un pouquiño aberta para que me oias se berro, eu ei de deixa-la miña aberta de par en par para oir o mais minimo laio...querote infinito, sabelo pero como me gusta sentirme querida, eu procuro que os demais se sintan coma min. Desexo que todo che vaia ben, merecelo.Sempre estarei para ti e para todo o que necesites.Si te sintes a metade de ben que eu me sinto contigo, serás feliz, seguro.1bkz de min para ti.

Ay Dolores...

Litros de alcohol, corren por mis venas mujer... Bufff, estas festas son a caña, deberian facerse minimo 5 veces ao ano.
Agora son eu a non teño voz Eli! Normal, a de onte foi... Viva a bodega de vedra e os sacos de durmir!!!!! Para repetir agora mesmo, bueno, agora agora, o q se di agora paso un pouco, pq teño unha Sr. Resaca... Eva no te vayas!

Cinismo

Odio os "xa quedaremos", "xa che chamarei", "bótote de menos" ditos sen valor, repúgname esa falsedade.

No cometerás actos impuros...

Acabo de acordarme fai un rato do enfermo mental do cura que hai na miña parroquia, ese personaje si que da puto noxo, a quen se lle ocorre poñer a uns rapaces un video sadico sobre o aborto en tempos de Franco????? Normal que moita xente non queira saber nada da Igrexa, con "lideres" espirituais coma eses...Ese tio si que tiña q estar nun psiquiatrico, mais dunha quedamos traumatizadas, verdade Eli? Aquelas tenazas eran moi grandes... :P

Legalización VS Prohibición

Un suceso que aconteceu onte no meu entorno fíxome reflexionar bastante sobre un tema que pasa desapercibido pola maior parte da xente. Onte puiden comprobar desde primeira fila os efectos do alcol nunha persoa alcólica, é horrible, non volo recomendo. O alcol é unha droga, tal como os porros, a coca, a heroína, o café... pero xa está interiorizada de tal forma que ignoramos ata que punto pode ser peor que calquera destas. Eu pregúntome, por que se legalizou o consumo de alcohol, tabaco e café (tres drogas que producen adición como calquera)e non o das outras tantas que existen? Estas non só danan o fígado ou os pulmóns, senón que tamen poden danar seriamente o cerebro. Que diferencias abismais atoparon entre a heroína e o alcol? Os alcólicos son drogaditos, son yonquis da bebida e cando non poden beber teñen os mesmos síntomas que unha persoa á que lle falta o cabalo, esa síndrome de abstinencia que fai tremer todo o corpo, ter náuseas, alucinacións e ataques repentinos...
Na miña opinión ten tanto dereito unha persoa a coller un peido de bebida como un ciegue de porros como un colocón de pastillas... Que conste que non xustifico ningún destes comportamentos, pero o ser humán é libre para decidir o que fai co seu corpo, cada un é responsable dos seus actos, mentres non atenten contra os demais. É un tema bastante difícil, pero creo que a legalización non acabaría con este problema de adición, pero podería axudar a disminuír a violencia, o bandalismo e todo iso que sempre sucede no ámbito das drogas ilegais (pois como podedes observar nunca aparecen noticias no telediario de contrabando de alcol, asasinatos por trapicheos co tabaco...). Non sei, simplemente é unha reflexión, poida que mañá xa non pense o mesmo.

Oh dubidú, quiero ser como tú...

Eu de maior sabedes o que quero ser??? adivinade!: FUNCIONARIO. Acabo de ser atacada pola ira, non me faledes desta especie de bichos que non teñen a palabra "traballo" no seu diccionario de modo de vida, nin ma mencionedes porque podedes acabar mal... grrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrr. Pola súa culpa podo quedarme sen Erasmus, joder, co pouco que "traballan" e todo o fan mal!

Qué fuerte! qué fuerte! qué fuerte!

Oh no! Jezulín le ha puesto los cuernos a la Campa con la Pantoja y han tenido un hijo llamado Luis Alfredo (de mi vida) y les ha salido travesti!!!
Non sei para que ano Nostradamus augurou que a sociedade ía caer nunha decadencia terrible, pero estou segura de que xa chegamos a ela... Estamos pasando unha etapa (interminable, por certo), na que importa máis quen se liou con quen, quen enseña as tetas na praia, quen pon a parir a quen... que cousas tan fundamentais como ver un telediario (xa adicarei un artigo aos telediarios, que tamén lles chega...) e interesarse polo que ocorre ao noso arredor, que non é pouco.
Estou farta de escoitar: "Vaia merda de televisión, non poñen máis ca merda todo o día: programas do corazón estúpidos, shows estúpidos, concursos estúpidos..." Si, pero resulta que estes programas teñen un índice de audiencia que non é para nada baixo e se seguen adiante é porque hai un gran número de estúpidos ("cariñosamente") que os ven, é máis, que teñen o mono de velos... Hai xente que acaba de ver o telediario, despois de comerse tropecentasmil noticias de mortes e desgracias que en lugar de reflexionar sobre a onde nos leva esta puta merda de mundo no que non hai máis que desgraciados que joden a vida á xente boa, non, collen a arma letal contra o aburrimento (coñecida co nome de "mando a distancia") e cambian para onde se poidan enterar da vida doutras persoas que só sacan cartos por vender as súas penas. Isto si que me repugna. Pero non sei quen repugna máis, os que venden a súa vida ou os que se interesan por a dos outros. Preocúpate pola túa joder, que fijo que xa tes bastante.
Podedes notar un pouco de ira en min, pero que ninguen se ofenda se se inclúe no grupo dos estúpidos, o voso ten solución. :P
Por certo, vaia fillo de... o mamón do centro comercial de Paraguay... Sin comentarios. Coma ese retorcido mental hai millóns.

Abride os ollos!!

O outro día fun dar unha volta pola zona vella de Santiago e dinme conta de que parecía unha auténtica estranxeira: quedábame parada en cada edificio coa boca aberta, durante minutos, abraiada polo que tiña diante dos meus ollos... A verdade é que non debería facer falta marchar da casa para valorar o que temos, pero é o que soe pasar. A rutina fai que infravaloremos o que vivimos, o que vemos e o que sentimos cada día. Non entendo como hai xente que pode pasar por diante da catedral todos os días sen siquera levantar os ollos do chan... Pero o mesmo me pasa a min cando vou no tren cara Vigo. Recordo que a primeira vez non separaba a vista da ventana, mirando o mar e a beleza da ría, pero despois de dous anos collendo o tren dúas veces por semana, xa miro con indiferencia. Isto non quere dicir que deixen de ser impresionantes todas estas cousas, simplemente que despois dunha rutina adoptámolas como habituais e non recoñecemos o seu verdadeiro valor.

Morriña antes de partir...

Bueno tías, ya queda menos para q empiece el veranito y separarnos. Q sepáis que os voy a echar muchísimo de menos, conoceros a las 3 ha sido una de las mejores cosas q me ha pasado, (ha sido fato, jejeje), asi q a la vuelta de este año "sabático" id pensando en aguantarme otro año más en un piso, no os desharéis tan pronto de mi... Quérovos moito. (Ácabame de entrar a hora meláncolica, e hai q aproveitala. non pode ser!)

Chorrada

Sumerxida nun mar de exames e traballos, non fago máis que subir á superficie para poder respirar un anaco, é máis, creo que poucas veces me mergullo por completo... Non fago máis que perdelo tempo, que buscar excusas para non estudiar. A verdade é que non teño nin idea do que quero escribir, non teño un tema, mais prefiro estar escribindo palabras sen sentido que estar coa mirada fixa cara os apuntes e a miña mente en shock. Solidarizádevos coa miña causa! Dádeme métodos eficaces para acrescentar a capacidade de concentración! Fagamos terapia de grupo! Porque ben sei q eu non son a única, eh! Isto é insufrible. Concéntrate. Só quedan dúas semanas. Só 5 exames... Só dous días para o seguinte e aínda non empezaches a estudiar... Puta presión! O mundo sería outra cousa se esta non existise... Bueno, ráyate comigo. E sobre todo, moita sorte ti que estas de exames.

A toda máquina

Esta finde tiven que tragarme literalmente un libro de 300 páxinas en inglés chamado Faster. Os que tedes a sorte (:P) de facer o exame oral comigo xa sabedes de que vai isto. Como é un tema que teño reciente pois apetéceme escribir algunhas liñas sobre as reflexións que fai o autor.

Como todos sabedes estamos vivindo nun mundo no que o andar ás prisas é o que máis predomina. Non hai tempo que perder. Bule. Fai isto, fai aquilo, e nin se che ocurra perder tempo, porque o O TEMPO É OURO. Parástesvos a pensar algunha vez cantas veces miramos o reloj no día? É incalculable. Por que lle damos tanta importancia ao tempo? Non sei se vos dades conta, pero sempre estamos a queixarnos de que non temos tempo para facer nada, que non temos tempo para disfrutar. Pero canto menos tempo temos, máis prestixiosos somos, porque significa que temos moitas cousas nas que empregalo. E cando temos tempo de non facer nada, aburrímonos. Son un montón de contradiccións. Somos seres contradictorios por natureza.

Unha das moitas cousas que me chocaron foi: "estamos na época do nanosegundo". Un nanosegundo é unha millonésima parte dun segundo? Que coño podemos medir cun nanosegundo? É incrible. A min xa me parecía extremamente ínfimo un milisegundo, como para poder comprender o nanosegundo este. Seica compón a máxima precisión no mundo da comunicación. Pois será, se eles o din...

Estamos na sociedade da impaciencia, non podemos gastar tempo. Fixástesvos na xente (se é que vós non sodes uns destes individuos) que entra nun ascensor e é incapaz a esperar a que as portas se cerren? non, teñen que pulsar o botonciño de cerre de portas, non poden agardar, senón a suor da desesperación comeza a resvalarlles pola frente. E cando parece que non cerran, púlsano mil veces máis. Igual que cando están a esperar o ascensor e miran impacientemente donde está, e parécelles que cantas máis veces pulsen o botón de chamada, antes vai chegar, como se caese en picado... E despois outra, resulta que agora os discmans e os ordenadores e miles de formas máis de reproducir música traen a opción de eliminaren os espacios que quedan entre as cancións? Tanto importan esos "nanosegundos"? Rateamos as fraccións de segundos, isto xa é o colmo da obsesión...

Pos nada, aquí estamos. Sumerxidos nun mundo de velocidade. Benvidos ao tren da vida. Póñanse cómodos. E... por favor: a toda máquina!

Que noxo!

14:15, día 28 de xuño do 2004. Sí, 2004... quen o ía dicir... sobre todo despois de escoitar o telediario. Acabo de quedar... bufff. Escoitastes o que dixo onte o austrolopitecus Fraga na súa campaña para as eleccións ao Parlamento Europeo??? Flipade un pouco: "Loitemos todos por conseguir unha Europa cristiá, porque estas son as súas raíces (blablabla)". Espero que os meus oídos me enganasen e non sexa iso o que dixo, porque senón señoras e señores: he aquí un claro ejemplo de integrismo cristiano.

A ver que sae...

Bueno, benvidos os que se atrevan a adentrarse nesta nova blog e a soportarme durante un rato, esta é a miña primeira vez :P Gracias a Eliana (por facerme descubrir este novo mundo), a la Dolorosa, a la Virgen del Pilar, a la del Rocío... jejejeje. Aquí comeza a miña aventura no mundo das bitácoras...

Mosaaaaaa

Por certo, se alguén se está a preguntar por que me puxen o nome de Mosaa, que quede claro que é unha homenaxe a ese gremio español ao que lle encanta adular ás damas que pasan preto cuns cumpridos moi sofisticados. Sí, acertástes, estou a falar dos ALBAÑILES. É q un día un destes individuos botoume un berro que comezaba por Mosaaaaaaa, ademais doutro "enxeñoso" comentario que prefiro non recordar... (Bueno, neste caso tratábase dun empleado do concello de proteccion forestal (ou como se chame), pero recordoume moito aos do andamio). Va por ustedes.

Eña, portádevos ben.