Blogia
Terra de ninguén

Malo, malo, malo eres...

Malo, malo, malo eres...

Fai uns días tiven unha conversa moi interesante sobre a maldade. O ser humano nace malo ou faise? Por que ser malo? É algo relativo o concepto de maldade? Este podería ser un debate eterno no que non entrarei para non repetirme. Mais só digo que odio estar rodeada de seres ruins envoltos en enerxía negativa altamente contaminante, de trepas pisalotodo, de avariciosos... Co ben que se vive sen molestar a ninguén (polo menos conscientemente...).

O outro día había un exame de tradución de textos económicos e a xente foi o día anterior á biblioteca a escondelos diccionarios entre os demais libros para poder ter un ao día seguinte. Madrugas e subes antes, non sexas así! Xente que arranca anuncios dunha profesora de clases particulares de alemán moi boa, para que outras persoas non conten con esa axuda e ser eles os mellores da clase. Esconder os libros de exercicios resoltos da biblioteca para ser eles os máis "listos", darlle a "no admitir" no messenger por pronunciarte en contra a unha idea súa... Estas son pequenas mostras de maldade nun microsistema como é un curso de 100 persoas. Ampliade isto a gran escala e como podedes ver os resultados son espeluznantes...

Veña nenos, a portárseme ben!

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

5 comentarios

teño nome pero non quero presentareme. -

Eu creo que non hai nin malos nin bos ,so xente insensible.pero eu penso pra que quero ser culto se nesta sociedade primeiro son os cartos e despois en cuarto ou quinto lugar esta a cultura .cando estudiamos unha carreira temos prisa por rematar,pensamos que canto antes rematemos mais pronto obteremos o premio ,¿que premio? o premio e o paro.nas sociedades capitalistas o exito dun e so dunha persoa.claro que o 90% das persoas non triunfan.e nos sistemas comunistas o exito dunha persoa e o exito de todo o pueblo.pero ali non teñen prisa pra rematar os estudios,pois saben que o final non hai premio.asi que nos exames tratan de ocultar que teñen a leccion aprendida.kosobares,albaneses,turcos,moscovitas,polacos, etc,todos con estudios,en rusia,contaronme que e moi dificil encontrar a alguen que non sexa ler e scribir,poida que poidese encontrar en siberia a algun analfabeto.como e que esta xentiña son expertos en novas tecnoloxias,porque cambiar un caixeiro atomatico por outro construido por eles mesmos pra roubar non e nada facil.se os tontos somos nos.

richi -

el sistema y la actual legislación educativa tienen la culpa: la escuela es violenta cuando nos opone, todo se hace en oposición y no en cooperación.Poniendo un número cerrado de alumnos que pueden entrar en la universidad, poniendo un número cerrado de becas, de matrículas de honor...consiguiendo que los alumnos no crean conveniente ayudarse porque el otro es su enemigo, si él triunfa a mi me quita posibilidades. La propia estructura de los centros es de mera oposición: de mi compañero sólo veo el cogote y de mi profesor lo veo todo. No dejan ningún espacio para el encuentro o la asamblea, para el debate, para la autogestión. El timbre marca la entrada en la fábrica, la producción en cadena que nos va dando piezas necesarias y el timbre a la salida. Ya lo dijo Alvaro Muñoz: la fábrica de carnaza.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

petra -

Ay mira ti quen era a Lucía esta. ejje. De aquí para alá, mira a onde fun chegar! jeje. Esas situacións que contas, sóanme moito...ejej. "o mundo de tradución". Bueno moza, un saúdiño, vémonos pola facultade. Verémonos o 2 de xunio en Vedra, non rapaza?xD

aultre narai -

buffff ¬¬ cousiñas pra comentar no dicurso, non si? así como quen no quere a cousa... jijiji cun toque irónico. non estaría mal? que pensas? jejeje

moi bo o post!!! son patéticos...

Anita -

Em fim... q lamentável!!! A gente da asco!!! Passo de fazer comentarios, porque sabes q este tema.... põe-me dos nervos!!!!
A passar de toda esa merda!!!
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres