Blogia
Terra de ninguén

Esto é o que lle aconteceu a un vello daquí cerca

Esto é o que lle aconteceu a un vello daquí cerca

Imaxina por un momento que teu avó acaba de recuperarse dunha trombosis que lle imposibilita falar e desenvolver outras capacidades. Imaxina que sae a dar un paseo ás nove da mañá e son as dúas do mediodía e aínda non chegou. Imaxina que todo o pobo se revoluciona para buscalo e estás desesperad@ pola súa desaparición, por que lle puidese ter pasado algo grave.

Entón soa o teléfono:

-¿É aí a casa do señor Juan?

-Sí, aquí é, ¿sabe algo?

-Vinde a buscalo que está tirado nunha cuneta.

Non se identificou. Non dixo qué cuneta. Mais a familia aférrase ao que ten e coma tolos comezan a rastrexar cunetas de toda a comarca, pensando que igual caera ou que alguén o atropellara e dérase á fuga...

Ao final, alá á noitiña atopan ao señor Juan nunha mina de auga, onde caera ao perseguir aos cans que se lle escaparan. Emocionado, choraba porque o atoparan, xa que ao non poder falar, non podía pedir auxilio e menos intentar trepar.

Agora cabe preguntarse: ¿por que a xente é tan mala? ¿Cal era o fin daquela "broma"? O que conseguiu foi que perderan o tempo buscando nas cunetas e que o pobre señor estivera agonizando dentro dun pozo coa esperanza de que a alguén se lle ocorrera mirar alí. A xente non ten corazón. Con tantas personas malvadas no mundo non cabe descartar esa teoría de que o home é malo por natureza. Sorte de non atopar moitos no meu camiño.

 

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

4 comentarios

Eli denovo outra vez -

Gracias tania,se non fora por ti... bicooo

taninha -

xa que teño por seguro que lu non che vai contestar...contéstoche eu...Lu está en Vigo, dende onte. veu un amigo seu de bristol, Nick. veñen mañán a saír a santiago. ponte en contacto con ela vía teléfono!!bikooS pás dúas..
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Eli de novo -

Nena, tomamos algo esta noite (a iso das 21:30 ou así, nalgún bar lestedano) anda porfaporfaporfa!!!

Eli -

Que dis? Non oíra nada, que falta de humanidade,tío, dan noxo.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres