Blogia
Terra de ninguén

Voar, correr, olvidar... neste momento todos son sinónimos de fuxir

Voar, correr, olvidar... neste momento todos son sinónimos de fuxir

Teño ganas de marchar xa. Non sei onde, mais quero irme. Si, quero fuxir.

Por moito que me pese, por moi egoísta que me pareza neste momento ou en calquera, quero poder volver a vivir cada instante.

Levo un verán moi bo e levo un verán moi malo.

Depende de a que hora decida facer a avaliación. Se me colles na casa, pode ser que che diga que todo é unha puta merda. Menos mal que as horas que paso nela redúcense a cando durmo, como e me cambio. Mais despois penso en todo o demais, en tódalas noites de festa, charlas, tolemias, risas, chorradas, máis locuras... e a balanza cambia cara o outro lado. Aínda bueno que me podo aferrar a eso... que teño xente que me faga olvidar durante horas, consciente ou inconscientemente do favor que me fan.

Mais esta situación faise insufrible. Gústame estar aquí sen ter preocupacións, durmir sen malos soños, rirme, velos rir, falar sen tapuxos. Confórmome con falar, algo que aquí se fai difícil cada día que pasa.

Onte chegoume a miña vía de escape tan ansiada: a carta de aceptación como voluntaria en Inglaterra. 3 semanas lonxe desto. Aínda que como son adiviña, sei que non me vou despegar delo, que o teléfono será o fío que me manteña amarrada a tantos kilómetros de distancia. Espero equivocarme.

E despois, reenganche coa volta a Vigo. 5 días de descanso VS 2 de ralladas.

Non fagades caso. Non preguntedes. Eu enténdome...

Gracias a todos aqueles que me fan a vida un pouco máis feliz cada día. Disfruto cada minuto que a vida me permite disfrutar.

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

2 comentarios

CoCo'S -

jo...ojalá pudiera explicarme yo tan bien como tú..sk tengo una sensación tan parecida...y esk además estoy cansado del verano, quiero que todo vuelva a su sitio, que vuelva todo el mundo, que cada uno se coloque donde le pertenece y que yegue la monotonía. Que llegue el otoño coño que necesito mi vida universitaria, necesito acostarme a la misma hora que alguien,mirarle a la cara y darle un bso.No sólo,como este verano, esto me está matando.Creo que me falta cariño :_(
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

taninha -

paréceme case ridículo estar na túa casa comentándoche un artigo que escribiches probablemente neste mesmo ordenador...que cousas ten esta vida...non sei, creo que todos os que te queremos non pensamos que difrutar da túa compañía sexa un favor que che facemos a ti.
non pregunto.
eu enténdote.
tendo a facer caso...é o que hai.;)
quérote cada día máis dende hai 19 anos e medio...
tódalas tormentas pasan e dan paso ó sol, pensa que ahora hai nubes e claros con posibilidade de chuvia..o seguinte paso son as nubes e claros...é moi complicado ter tódolos días un sol grandirmo e sen nubes...pero telos de vez en cando paga a pena...
ti teralos en breves, xa verás...
menos mal que estamos encomendadas a todos cantos santos hai neste mundo que senon...HAI QUE CELEBRALOoo!!
BIKOOOOOS
QUEROTE
(que rayada son)
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres