Empeza a conta atrás...
Agora que me puxen a facer a maleta, pouco a pouco vou asimilando que marcho. Xa sei que son horas..., pero ata o de agora, da xente da que me despedía non me daba conta de q ata dentro duns meses non a ía ver, era mais ben un ata mañá. A verdade é que me espera un ano que vai a ser moi diferente ao q levo vivido, non por estar fora da casa, pq xa levo 2 anos practicamente fora, senón polas miñas futuras experiencias. E a verdade é que me alegro de ir tal e como vou, á aventura, sen casa nin nada de nada, porq son unha persoa á que lle gustan os retos, e que non lle den as cousas feitas. É unha forma de poder ver ata donde podo chegar, pasarei momentos bos e momentos malos, pero sei que todo iso me vai a servir de moito. Xa vos contarei con detalle o que me vaia sucedendo, se é que ala teñen a delicadeza de facilitarme internet... Pois iso, ata pronto Galiza, e ata pronto todos aqueles que sigan de vez en cando esta blog.
3 comentarios
tania a rubia -
elianinha -
anilla la salidilla -
Moita sorte no teu viaxe, pásao de pm e con coidado. Bejinhos