Blogia
Terra de ninguén

Chámame X

Chámame X

Onte nun encontro coa reencarnación do ilustrísimo Cervantes confesoume que debecía por ser mellor a reencarnación de Anónimo, ese gran autor que ten tantas obras, que se lle da ben calquer tipo de mestría, sexa pintura, escultura, literatura, etc. Pero, de aí saiu unha pregunta trascendental: ¿Anónimo ten dereitos de autor? Por favor, que alguen mo aclare :D Debe de ser o pesadelo da SGAE, obras das que non poden cobrar un peso e que todo o mundo pode utilizar libremente. E que me dicides de Anónimo? Esa persoa que ven creando dende tempos inmemoriais... Pois que hoxe en día non creo que exista, morreu. Ninguén se plantea eso de permanecer no anonimato por miles de razóns. Unha, que se es Anónimo, non podes chegar a ser coñecido, non podes chegar a ter unha probabilidade, ainda que sexa pequena, de que o mundo sepa o teu nome (mais ¿qué nome máis famoso hai que Anónimo?). E outra, non podes chegar a formar parte deste negocio no que se convertiu a cultura. No que para coñecer sempre hai que pagar, pronto xa nas bibliotecas, único lugar legal onde o coñecemento permanecía virxe. Actualmente si que hai persoas que permanecen no anonimato, que non queren ser coñecidas, mais agora xa se empregan seudónimos, nomes falsos que chegan a correr de boca en boca e que so son un cebo para poder ter máis sona. So me queda dicir:

ANONIMO, D.E.P.

0 comentarios