Blogia
Terra de ninguén

SER O NO SER...

SER O NO SER...

O domingo pola noite, despois de cear, subiu Caroline a miña habitación e dixome "quería avisarte de se queda a durmir un amigo, para que non te extrañes de que alguén use o baño do teu piso". Todo ben ata ai. Onte ó mediodía volvín de traballar e estaba na cociña Jimmy (o marido) co amigo este, o cal me presentou como Ken. "Nice to meet you" (dixen coma sempre) e démonos a man. Despois díxome Jimmy "your jamón was delicious!", referíndose ó bo que estaba o xamón que me trouxeran meus pais do cal lles din un cacho.  E o tal Ken este corroborouno, decindo que fora quen o estrenara e que casi o devora. Esa cara facíaseme familiar, pero todo ben ata ai.

Hoxe chego a casa e dime Jimmy "mira! salgo na tele!" e ensiname que están botando unha serie de detectives que fixera hai 14 anos para a televisión. Entón conversando conteille que vira "Mucho ruido y pocas nueces" e que o vira de monxe. E sóltame "ah! pois Kenneth estivo onte aquí". FLIPEI. Non o recoñecera. O mismísimo Kenneth Branagh comeu do meu xamón e deume a man e eu sen enterarme de que era el. Os anos pasan pola xente... Cuando tal vas a comer a casa e ala, atopaste cunha estrella internacional sen sabelo...

Para quen noN o coñezades é o protagonista (e director) de pelis como Hamlet, Frankestein (el era Dr. Frankestein, Al Pacino era o monstruo), Mucho ruido y pocas nueces, etc.

http://www.imdb.com/name/nm0000110/

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

3 comentarios

tania -

eli...eso de comeuche o xamón...non soou moi ben..;)
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

elianinha -

Que flipe, moza! Kenneth Branagh comeuche o xamón :)

W. Sobchak -

O_o
É o que che ten vivir nas grandes urbes do mundo. Penso que en COmpostela esto non podería pasar...
De seguro que lle caiches moi ben ao Keneth por ser discreto e non empezar a darlle a chapa...
un saúdo
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres