Blogia
Terra de ninguén

Error de lectura de disco, pulse Ctrl Alt Supr para reiniciar...

Error de lectura de disco, pulse Ctrl Alt Supr para reiniciar...

Bendigo as novas tecnoloxías que nos fan a vida mais fácil e maldigo as que nos absorben.

Bendigo as novas tecnoloxías que axudan a salvar vidas e maldigo as que as quitan.

Bendigo as novas tecnoloxías que nos permiten viaxar en cuestións de minutos e maldigo as que nos convirten en apéndices dunha silla.

Bendigo as novas tecnoloxías que nos permiten comunicarnos máis facilmente entre nós e maldigo as que fan que cada vez a comunicación humana sexa menor.

Podería seguir así cero entre cero infinito.

Esta semana perdín todo o que tiña no meu ordenador: traduccións, glosarios, traballos de investigación, fotos irrecuperables, fotos recuperables, música (a miña música), etc. Toda unha vida de cousas tiña e cun simple parpadeo de cursor sobre pantalla negra desaparece... A tecnoloxía ten as súas vantaxes e desvantaxes, mais o caso tamén é como cada un a empregue.

Que ben se conservan esos manuscritos do século XII...

Aish...

0 comentarios