Blogia
Terra de ninguén

Son como niños...

Son como niños...

Recordo ben esa noite, era a primeria festa de despedida. Cada semana viñan uns e marchaban os anteriores, pero por seren os primeiros foron os máis especiais. Karaoke e xogos. Diversión asegurada para eles. Nós... á expectativa.

Nun paseo por Looe atopei un mercado e deume por comprar un bote de pompas de xabón e uns globos. Soaron as primeiras cancións e abrino. En canto saiu unha pompa vin como se iluminaban os seus ollos, irradiaban felicidade, como se daquel frasco brotase maxia en estado puro. E volveron ser nenos...

Moita xente díxome que prefire morrer antes de ser vello, que a soidade que implica a vellez é peor que a morte. Recordo fai moitos anos que eu cheguei a crelo por uns intres, mais tras pensalo mellor optei polo extremo contrario. Ser vello non implica estar só, depende das circunstancias de cada vida e de como cada persoa tome decisións. Canto máis observo a meus avós e aos avós dos meus amigos máis me dou conta de que a vellez é a volta á infancia: discuten coma nenos, chívanse, disfrutan con cada cousa como se fose a primeira vez, viven con intensidade os momentos máis fermosos, con inxenuidade, mais tamén sendo conscientes da conta atrás na que están.

É duro ver como as persoas que queres van marchando unha tras doutra e tes que asumir que un día destes ti serás o próximo, mais a decisión máis sabia é aproveitar cada segundo de vida que che poida quedar, cada un á súa maneira.

Aí vos queda iso:

http://www.youtube.com/watch?v=WkP_NaMsrMM

0 comentarios