Blogia
Terra de ninguén

En Terra de Ninguén

En Terra de Ninguén

Sego en Terra de Ninguén, onde o espacio é infinito e o tempo efímero, onde só se pode entrar de un(ha) en un(ha), aínda que caiban miles e miles. Nela o ceo voa tan baixo que parece que che peina o pelo e o que ves é un soño e o que soñas non o ves. Onde existe un fío musical de cables invisibles e a area faiche cóxegas nos teus pés desnudos (porque en Terra de Ninguén hai que entrar descalzo, para pisar máis forte e deixar huella). Alí non hai quen mande porque non hai que mandar, cada novo cidadán desta terra segue a súa lei. Alí reflexionas, escoitas, sorrís soa, cantas en alto, saltas e amas.

Acaparerei Terra de Ninguén ata que me bote o seguinte... Espero que nunca!

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

3 comentarios

taninha -

encantaríame botarte...tou buscando a maneira...
Prepárate...
teño novidades novidosas...non dramáticas...pero tampouco boas novas...:S
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Anita -

mmm.... encántame a Terra de Ninguén!!! Alí tambén se soña non??? Porq eu non paro de soñar, jajaja.

cocos -

deixame vivir un anaco de tempo en terra de ninguén...prometo portarme ben xD
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres