Blogia
Terra de ninguén

E mil cousas máis

E mil cousas máis

É unha pena que só poidamos capturar imaxes cunha cámara ou sons artificiais cunha grabadora.

Gustaríame poder gardar nunha caixiña o olor do mar de Cornwall para comparalo co de Galicia.

Encantaríame ter unha caixiña co son perfecto das cascadas de Golitha, de forma que cada vez que a abrise escoitara o murmullo da auga esvarando polas pedras e as follas das árbores moverse polo aire que sube delas.

Gustaríame conservar o sabor dun xeado de Honeycomb e notar cómo se derrete nos meus beizos.

Poder volver sentir as caricias de Lisa na miña cara dicindo "we make a good team" ou a suavidade do fuciño de Jack ou de Peter, xunto con esos ollos de profunda tristeza.

...

Que me avisen cando inventen tal artefacto...

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

3 comentarios

taninha -

un aparello para gardar as cousas que ninguén quere pero que non se poden tirar..eso tamen o deberian inventar..pq eso non é bo gardalo no corazón...só amarga...xa o decía iván..:P
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Anita -

Si, o corazón ou a nosa cachola, hehehe. Pero a min que me avisen cando se invente!!! Unha foto con olor sería xenial!!! hehehe.

aultre narai -

eu diría que é o corazón, non? xD

un saudíño, cabra!
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres