Blogia
Terra de ninguén

Pasando o rato...

Sempre odiei estos e-mails en cadena, pero hoxe, non sei por que, apetecíame publicar un. Pos que teñades pouco que facer... 

-Cando estás mal, onde prefires ir para olvidarte dos teus problemas?: pois gústame sair eu soa a dar un paseo coa música alta, a poder ser de noite e con lúa chea
-Bicos ou abrazos?: creo que un bó abrazo, dende o corazón.
-Que libro estas a ler?: pois este verán non tiven tempo para ler, mais comecei con "Historia de Galicia", xa que me parece interesante coñecer a nosa historia de arriba abaixo para entendernos a nós mesmos.

-Cres no amor a primeira vista?: Antes non e ríame del, ata que o sufrín.
-Xogo de mesa preferido? Un parchís con trampas, un chúpate un par inventado, un monopoly acabado... infinitos

-Olor q che gusta?: herba recén cortada
-Sonido favorito?: auga sobre auga (chuvia sobre un río, unha cascada, o ir e vir das olas...)
-Peor sentimiento no mundo?: o odio
-Color favorito? o verde é un deles.
-Cando terás fillos?: non son meiga polo de agora... cando queira.
-Perdonarías unha infidelidade da túa parella?: se mo di el si.
-En estos momentos odias a alguien?: si, pero a ninguén en concreto (a parte dos políticos como Bush), senón á xente repugnante que hai polo mundo adiante.
-Odiaches algunha vez tanto como para querer matar a alguen? non e espero que nunca
-Gardaches secretos algunha vez?: moitirmos
-Tiveches un amigo imaxinario cando eras pequena? non
-Algunha vez quixeches pegar a un amig@? nunca
-Hai alguien que xogue cos teus sentimientos?: si, mais non "amorosos".
-En que pensas?: nesta noite, que xa son os Dolores, vai ser unha gorda, pero tamén a despedida en condicións do verán.
-Estas falando con alguen? si, estou a manter un dialogo conmigo mesma...
-Nestas ultimas 24 horas choraches? non (creo)
-Cres en ti mesma?: totalmente
-Cres nos teus amigos?: Por suposto, porque son os meus amigos e eu procuro escoller ben.
-Gústache alguén?: por gustar, gústanme tódalas persoas ás que quero... :D
-Estiveches namorada algunha vez?: creo que esas son palabras maiores, por eso digo que non, gustáronme moito algunhas persoas, pero creo que para estar enamorado ten que ser algo conxunto. eu enténdome.
-Lugar onde che gustaría ir de vacacións: calquer sitio do mundo.
-Amaches tanto a unha persoa como para chorar?: sí. bágoas sin sentido.
-Flor: lilios rosas. Tamén pampirilu, por suposto.
-Amor platónico: non gasto deso.
-Mellor sentimento do mundo: a felicidade.
-Que cambiarías da túa vida?: nada, a miña vida é a que me fixo ser como son e gústame así.
-Eres supersticiosa?: non, aínda que teño algo especial co número 28... non é que me de sorte, pero sempre me pasa algo con el...
-Que cousas che molestan?: a hipocresía, xente falando ao mesmo tempo, as celestinas, ter os pés fríos, que me mollen as gafas, a avaricia, os resabidos...
-Usas paraugas cando chove?: depende do meu estado de ánimo. normalmente non me gusta cargar con él, aínda que se vou a clase lévoo. Mais tamén me encanta mollarme cando vou dando un paseo, que me esvare pola cara e me pingue o pelo...


 
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

2 comentarios

taninha -

non me sorprende coñecerche tanto..pero alégrome de que así sexa...
nada do que puxeches nesa especie de curriculum de personalidade me sorprende ou o descubro agora...pero hai moitas cousas que descubrir...nunca nos coñeceremos de todo...sempre quedan cousas sorprendentes...
Quérote( isto sí que non é para nada novo)
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

gab9 -

No lo voy a leer porque quiero conocerte en charlas, no en una especie de curriculum de la personalidad o forma de ser

aburiño
!
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres