Blogia
Terra de ninguén

Lucía

Lucía

Seeeeeeeeeeeeica 10.000 nenas foron bautizadas como Lucía no 2004 e é o nome máis usado en Galicia e en España nestes últimos anos...

Moita xente di que o nome dunha persoa é a forma de identificala, que canto máis común é o teu nome máis común eres ti. Hai pais que se matan a buscar nomes "orixinais" para que os seus fillos poidan ser persoas únicas. Eu simplemente creo que unha persoa é única polo que fai e o que pensa, independentemente do seu nome. O nome é simplemente unha forma de poñer unha etiqueta a algo para poder referirse a eso. A min gústame Lucía e xa me da igual que haxa miles e miles de rapazas co mesmo nome. Soa diferente dependendo quen o pronuncie, soa diferente se me chama miña nai ou se o fai un profesor, non é o mesmo nome o que berra meu pai ou o que pronuncia un amig@ ao falar de min... Lucía soa diferente en diferentes beizos.

Xa van varias persoas que me din que son unha persoa bastante reservada (que non significa tímida). Eu só digo que falo cando teño algo que dicir e que intento escoitar sempre, porque é cando máis aprendo. Mais non levo nunca unha máscara, intento deixarme ver á xente que quero que me vexa.

Lucía, Lu, Lusi, Luci, Lukaia... Dame igual, mentres ti sepas quen son.

4 comentarios

Sol -

jajaja, dice 07:14
pero en mi casa son las dos de la mañana y hace un frio que pelaaaa

Sol -

pero que puta culpa tenemos nosotros del nombre que nos encajaron, digo yo!!!
igual no me quejo.
Y vos... vaya nombre musical, si, suena musical, lucia, luciiiii, mosaaaaaa

que tipo de pregunta es esa de cuandoe empiezan tus vacaciones???? nuuuunca!!!
te envidio y no sanamente.
Es que aqui tenemos 15 dias de descanso, pero hay mesas de examen. O sea son 15 dias de no descanso. ¿Se entiende?
o sea el año pasado me hice la re boluda yendome dos meses a europa ¿se entiende?
jajajaja

ayy mosaaaa te mando un beso gigante kerida
y que estes bien =)

Eu -

E cantas Elianas haberá??? Un porral.

Anita -

eii non te esquezas de Lucita!!!!!hahahaha. Coidate mil nena! Moitísimo ánimo