Blogia
Terra de ninguén

Xa na casa...

Bueno, despois desta semana tan axetreada, na que case lle desgasto as rodas o coche, xa podo respirar tranquila... Xa estou aquí, coa miña xente, que ganas tiña! Pero que conste que non tiña ganas de vir para quedar, senón ganas de vervos a todos e volver a marchar cara esta nova experiencia que a verdade non sei cara onde me leva... Despois de levar tres meses ala, coñecendo aquela cultura tan diferente e acostumandome a ela, doume conta de que é algo que me gusta de verdade, do que aprendes moitisimo. Como me gustaría poder votar un ano en cada pais do mundo e absorber novos valores, aprender novas linguas e coñecer xente nova da que aprender. Vendo o bo dos outros paises podes conseguir acadar un equilibrio interior, pero vendo a malo aínda máis, porque enséñache a valorar e a crear a túa propia moral. Xa sei que o equilibrio é imposible, pero como moitos sabedes eu son unha persoa de utopias.
Estas palabras axudáronme moito a comprender cousas: "Piensas que tú eres el personaje y que el resto es el decorado, pero en el mundo se están viviendo millones de películas diferentes", by Maxi.

0 comentarios