Blogia
Terra de ninguén

Legalización VS Prohibición

Un suceso que aconteceu onte no meu entorno fíxome reflexionar bastante sobre un tema que pasa desapercibido pola maior parte da xente. Onte puiden comprobar desde primeira fila os efectos do alcol nunha persoa alcólica, é horrible, non volo recomendo. O alcol é unha droga, tal como os porros, a coca, a heroína, o café... pero xa está interiorizada de tal forma que ignoramos ata que punto pode ser peor que calquera destas. Eu pregúntome, por que se legalizou o consumo de alcohol, tabaco e café (tres drogas que producen adición como calquera)e non o das outras tantas que existen? Estas non só danan o fígado ou os pulmóns, senón que tamen poden danar seriamente o cerebro. Que diferencias abismais atoparon entre a heroína e o alcol? Os alcólicos son drogaditos, son yonquis da bebida e cando non poden beber teñen os mesmos síntomas que unha persoa á que lle falta o cabalo, esa síndrome de abstinencia que fai tremer todo o corpo, ter náuseas, alucinacións e ataques repentinos...
Na miña opinión ten tanto dereito unha persoa a coller un peido de bebida como un ciegue de porros como un colocón de pastillas... Que conste que non xustifico ningún destes comportamentos, pero o ser humán é libre para decidir o que fai co seu corpo, cada un é responsable dos seus actos, mentres non atenten contra os demais. É un tema bastante difícil, pero creo que a legalización non acabaría con este problema de adición, pero podería axudar a disminuír a violencia, o bandalismo e todo iso que sempre sucede no ámbito das drogas ilegais (pois como podedes observar nunca aparecen noticias no telediario de contrabando de alcol, asasinatos por trapicheos co tabaco...). Non sei, simplemente é unha reflexión, poida que mañá xa non pense o mesmo.

0 comentarios