Blogia
Terra de ninguén

A toda máquina

Esta finde tiven que tragarme literalmente un libro de 300 páxinas en inglés chamado Faster. Os que tedes a sorte (:P) de facer o exame oral comigo xa sabedes de que vai isto. Como é un tema que teño reciente pois apetéceme escribir algunhas liñas sobre as reflexións que fai o autor.

Como todos sabedes estamos vivindo nun mundo no que o andar ás prisas é o que máis predomina. Non hai tempo que perder. Bule. Fai isto, fai aquilo, e nin se che ocurra perder tempo, porque o O TEMPO É OURO. Parástesvos a pensar algunha vez cantas veces miramos o reloj no día? É incalculable. Por que lle damos tanta importancia ao tempo? Non sei se vos dades conta, pero sempre estamos a queixarnos de que non temos tempo para facer nada, que non temos tempo para disfrutar. Pero canto menos tempo temos, máis prestixiosos somos, porque significa que temos moitas cousas nas que empregalo. E cando temos tempo de non facer nada, aburrímonos. Son un montón de contradiccións. Somos seres contradictorios por natureza.

Unha das moitas cousas que me chocaron foi: "estamos na época do nanosegundo". Un nanosegundo é unha millonésima parte dun segundo? Que coño podemos medir cun nanosegundo? É incrible. A min xa me parecía extremamente ínfimo un milisegundo, como para poder comprender o nanosegundo este. Seica compón a máxima precisión no mundo da comunicación. Pois será, se eles o din...

Estamos na sociedade da impaciencia, non podemos gastar tempo. Fixástesvos na xente (se é que vós non sodes uns destes individuos) que entra nun ascensor e é incapaz a esperar a que as portas se cerren? non, teñen que pulsar o botonciño de cerre de portas, non poden agardar, senón a suor da desesperación comeza a resvalarlles pola frente. E cando parece que non cerran, púlsano mil veces máis. Igual que cando están a esperar o ascensor e miran impacientemente donde está, e parécelles que cantas máis veces pulsen o botón de chamada, antes vai chegar, como se caese en picado... E despois outra, resulta que agora os discmans e os ordenadores e miles de formas máis de reproducir música traen a opción de eliminaren os espacios que quedan entre as cancións? Tanto importan esos "nanosegundos"? Rateamos as fraccións de segundos, isto xa é o colmo da obsesión...

Pos nada, aquí estamos. Sumerxidos nun mundo de velocidade. Benvidos ao tren da vida. Póñanse cómodos. E... por favor: a toda máquina!
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

2 comentarios

eliss -

ola, mosiña. Dende o mundo dos media, douche a benvida ao mundo da comunicación. O que ti estás a facer coa túa páxina é comunicar, pasa xente que ven e le, por riba, 7 palabras de cada parágrafo en forma de zigzag nun segundo e considera que o ti escribiches. Sabes canto vale un minuto en TV? Marearíaste... Sabes canto tempo, cantas persoas traballan nese minuto. Ao mellor, eses quince minutos de televisión son 8 horas de 5 persoas. E para ti non son nada. Sabes canta información que aparece nos xornais é falsa, ou simplemente incompleta por culpa de editores que te presionan para que, aínda que sexa unha parida, as páxinas dun xornal estean cubertas con algo?
En fin, o tempo non é máis que cartos, tempo que eu che adico a ti o meu presente. O que me dedicas ti a min: non ten prezo. Grazas por estar aí pequechiña, e felicidades por esta super weblog. Noraboa socia!!!
Recomendoche que vaias á páxina www.blogia.com/arale, é de aida, a miña amiga da faculdade.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Fausto -

Hola son un rapaz de Coruña, e opino o mesmo ca mosaaa no tema referido o tempo ( a¡¡¡ mosaaa non me estraña que os alvañis tolen cando pasas por diante , guapa ;P XDD)
bueno deixemos de perde-lo tempo, que é precisamente o que facemos seguido, queixamonos de ter moi pouco tempo para nos, pero que ocorre cando temos vacacións ou similares, as malgastamos metidos nun autobus ou nun coche en medio dun atasco na nacional-9, é algo que nunca chegarei a enternder a xente non se da conta de que se a min me han dado vacacións é moi probable que ocorra o mesmo a media población de Galicia, e se é sabido o que ocorre nas famosas operacións saidas por que coño todos queren sair de aqui. Porque señores para que ir a coñecer as praias da costa Brava ou a Lanzarote se a maioria destas formigas viaxeiras no coñecen as fermosas praias de aqui, en Corme ou mesmo as artas coñecidas da Coruña que o mellor non estan quentiñas pero asegurovos que no tedes que facer colas para mollar os pes na auga. Incluso para os amantes da montaña temos zonas preciosas como un pequeño pobo pasando Santiago , o fermoso Lestedo con unha gastronomia e unhas vistas inigualables.... bueno deixemolo que tratando de falar de a perda de tempo que son a mania de viaxar máis lonxe que a veciña para aparentar o noso maior nivel economico, e logo estar todo o ano a dúas velas pagando a merda de vacacións das que so nos quedan dous carretes de 36 y hongos nos pes da merda da ducha do hotel. O final transformei esta opinión persoal en unha propaganda turistica, se es que a Xunta tiña que pagarme.....
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres