Blogia
Terra de ninguén

"Que difícil es contar los pasos que se dieron por la libertad"

"Que difícil es contar los pasos que se dieron por la libertad"

Din que as espiñas das flores son para protexerse, mais as daquelas Trece Rosas non impediron que as cortaran impunemente e sen rasguños. A súa historia é unha máis a sumar ás de miles de narcisos, craveis, hortensias, margaritas, lirios, tulipáns, xazmíns... Flores de talo forte e firme polo que percorría salvia con sabor a liberdade. Flores con follas que brotaban buscando raios de xustiza. Flores con pétalos cheos de amor, historias, ideais, esperanza. "Quéreme, non me quere, quéreme non me quere...". Non as quixeron. E todas acabaron mortas ou arrasadas polas malas herbas. Cortadas para colgar como galóns en camisas de olor putrefacto. 

Flores olvidadas en cemiterios en que a campana nunca tocou a difunto...

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

3 comentarios

anonimo -

sinto polos vosos defuntos,a min morreume a moza nun accidente de trafico,non ia no meu coche.
agora sintome solo.
facia moito que non entraba neste blog,e como vexo seguira asi moito tempo,sen actualizar.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

anonimo -

sinto moito a perda dos vosos defuntos,a min morreume a moza nun trafico,non ia no meu coche,agora quedeime so.

eli -

que bonito texto... Eses outros defuntos dos que en novembro non se lle podían levar flores porque quedaran nunha cuneta calquera.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres