Terra de ninguénCADA CORAZÓN É UNHA CÉLULA REVOLUCIONARIA Xa consumimos demasiado tempo instalándonos no mundo, prende a chispa que che fai falta e... 3, 2, 1, adiante! |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2008. Resumen
10/01/2008Eu? Non pido nada...![]() Unha casiña, dunha planta, no monte, cun río cerca. Un silencio so interrumpido polo piar dos paxaros e o ir e vir da auga escorregando entre as pedras. Unha lareira á que achegar os pes nos días de inverno. Frotar as mans contra a calor que desprende o lume. Deixarte hipnotizar polas lapas que van darriba abaixo bailando acompasadas. Unha cociña de ferro, para quentar a casa e cociñar cousas novas con sabor a pasado. Unha horta pequecha para ter os meus grelos, repolo, leitughas, pementos, patacas, cenorias e repolo. Un naranxeiro para poder facerme zumos cando queira. Unha terraza que mire ao oeste para ver as postas de sol todalas tardes. Podería seguir ata agotar os caracteres. Soñar esperta, espertar soñando... Todo está ben. 16/01/2008![]() Ás veces non sabes ata que punto che gusta facer algo ata que non o podes facer. Ás veces non sabes canto necesitas a unha persoa ata que non a tes contigo (recordando Finisterre, aislada de toda forma de contacto continuo...). Moitas veces pode confundirse con querer ter algo que non se pode ter. Hai moita xente que ten ese patrón de comportamento, mais creo que non é o meu caso. Boto de menos ver o sol esconderse entre as illas Cíes, dándose un baño antes de ir descansar. O último atardecer que vin foi en novembro, desde a ponte colgante, pero nada que ver co que me levei da terra, no Pico Sacro, ese teatro do crepúsculo no que o protagonista nunca falla aos seus espectadores, onde podes chegar a illarte tanto que te cres o único ser no mundo e onde a vida che entra pola médula ata saír a borbotóns pola boca en forma de sorriso.
|
Archivos
Enlaces
|