Terra de ninguénCADA CORAZÓN É UNHA CÉLULA REVOLUCIONARIA Xa consumimos demasiado tempo instalándonos no mundo, prende a chispa que che fai falta e... 3, 2, 1, adiante! |
![]() |
|
Alá vou!11.40 da mañá de hoxe, sentada na lavandería, mirando como o tambor da secadora xira e xira chea das miñas cores, vexo pasar de reollo pola rúa un par de tipos vestidos de Pablo Mármore e Pedro Picapedra. Cal é a miña sorpresa? Que xa non me sorprenden estas cousas. Xa me parecen totalmente normais neste país. Teño ganas de saber qué me atoparei hoxe no aeroporto. A última vez foi unha cola de persoas no detector de metais disfrazados e un policía rexistrando a un Scooby Doo mentres os demais lles adicaban asubíos que poderían facerte ver unha imaxe zoofílica... Hoxe desintoxicación de surrealismo, se cadra...! Comentarios » Ir a formulario |
Archivos
Enlaces
|