Blogia
Terra de ninguén

Paseniño

Paseniño

"O tren que me leva pola beira do Miño,

me leva, me leva polo meu camiño

e vai andando pasiño a pasiño

e vaime levando cara o meu destiño.

Alguén pode ser que me espere na estación

da terra da felicidad"...

Din que pasiño a pasiño faise o camiño, unha lóxica bastante ilóxica as veces.

Cando es pequeniña cóstache dar os primeiros pasos, precisas da man dalquén para non caeres. Unha vez colles confianza, xa vas a toda ostia, ata que nun pequeno tropezo entres os pes ou perda do equilibrio caes de cu o chan e choras a grito pelado, aínda que os pañais amortiguaran a túa caída. Co paso do tempo e a práctica acabas dando uns pasos firmes e decididos.

Despois ti mesma colles a túa propia forma de camiñar, erguida e segura ou con pasos curtiños ou con pasos grandes ou con pasos torpes ou despaciño e coa cabeza agochada...

A nosa vida está chea de todo tipo de pasos, os grandes, os pequechos, os torpes, nos que agochas a cabeza, nos que a ergues segura de ti mesma... Moitos dámolos con saudade daquela man que nos axudaba ou daqueles pañais que amortiguaban a dor ó caer. Unha ten que ser consciente de que non so hai un camiño, senón que todo é unha encrucillada, un mexunxe de idas e voltas, de atallos, cruces, autopistas, carreteiras comarcais, moitas curvas, rutas de alpinismo... Que cada paso que des levarache por un camiño diferente e se te perdes, pode que non haxa mapa que te axude a volver, pero moitas veces sí podes dar marcha atrás.

Paseniño, pasiño a pasiño...

Foto: Bude (Cornualles)

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

1 comentario

eliana -

soñei contigo hai dous dias.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres