Terra de ninguén

CADA CORAZÓN É UNHA CÉLULA REVOLUCIONARIA

Xa consumimos demasiado tempo instalándonos no mundo, prende a chispa que che fai falta e...
3,
2,
1,
adiante!

20080116191821-img-0291.jpg

Ás veces non sabes ata que punto che gusta facer algo ata que non o podes facer.

Ás veces non sabes canto necesitas a unha persoa ata que non a tes contigo (recordando Finisterre, aislada de toda forma de contacto continuo...).

Moitas veces pode confundirse con querer ter algo que non se pode ter. Hai moita xente que ten ese patrón de comportamento, mais creo que non é o meu caso.

Boto de menos ver o sol esconderse entre as illas Cíes, dándose un baño antes de ir descansar. O último atardecer que vin foi en novembro, desde a ponte colgante, pero nada que ver co que me levei da terra, no Pico Sacro, ese teatro do crepúsculo no que o protagonista nunca falla aos seus espectadores, onde podes chegar a illarte tanto que te cres o único ser no mundo e onde a vida che entra pola médula ata saír a borbotóns pola boca en forma de sorriso.

 

16/01/2008 19:14

Comentarios » Ir a formulario


Autor: tania

nós desos atardeceres sabemos moito...moito conxuntamente...e moito individualmente..
eu xa sabía que te ia botar de menos...e non me equivocaba...botote moitiiisimo de menos...

Fecha: 22/01/2008 12:05.


gravatar.com
Autor: anonimo

unhas botas de montar a cabalo,unha muller xinete,unha xinete fumando enriba duncabalo cunhas botas que parecen do tercer reich,estou impresionado con que hay pola tua parroquia.morro de morbo.

Fecha: 28/01/2008 23:41.



Autor: Eu

Ein? Creo que te equivocas de parroquia... E se non e asi, so che podo dar un consello: hai que deixar as drogas!
:)

Fecha: 29/01/2008 10:35.



Autor: tania

actualiza monaaaaaaaaaa

Fecha: 02/02/2008 21:40.


Añadir un comentario




No será mostrado.








Archivos

Enlaces

 

 
| Terra de ninguén
Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]