Terra de ninguén

CADA CORAZÓN É UNHA CÉLULA REVOLUCIONARIA

Xa consumimos demasiado tempo instalándonos no mundo, prende a chispa que che fai falta e...
3,
2,
1,
adiante!

Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2007.

Resumen

Malo, malo, malo eres...

20070512105524-belab.jpg

Fai uns días tiven unha conversa moi interesante sobre a maldade. O ser humano nace malo ou faise? Por que ser malo? É algo relativo o concepto de maldade? Este podería ser un debate eterno no que non entrarei para non repetirme. Mais só digo que odio estar rodeada de seres ruins envoltos en enerxía negativa altamente contaminante, de trepas pisalotodo, de avariciosos... Co ben que se vive sen molestar a ninguén (polo menos conscientemente...).

O outro día había un exame de tradución de textos económicos e a xente foi o día anterior á biblioteca a escondelos diccionarios entre os demais libros para poder ter un ao día seguinte. Madrugas e subes antes, non sexas así! Xente que arranca anuncios dunha profesora de clases particulares de alemán moi boa, para que outras persoas non conten con esa axuda e ser eles os mellores da clase. Esconder os libros de exercicios resoltos da biblioteca para ser eles os máis "listos", darlle a "no admitir" no messenger por pronunciarte en contra a unha idea súa... Estas son pequenas mostras de maldade nun microsistema como é un curso de 100 persoas. Ampliade isto a gran escala e como podedes ver os resultados son espeluznantes...

Veña nenos, a portárseme ben!

 

12/05/2007 10:55 Autor: mosaa. *. Hay 5 comentarios.

O gran Charles

Déixovos aquí un link a unha páxina que promete, algo que non vira ata o de agora. Trátase dun blog sobre caricaturas de grandes personaxes da historia do rock e derivados. Polo dagora este proxecto aínda está empezando, pero promete

http://www.rockarituras.blogspot.com/

E non o fago porque si, senón como agradecemento ao seu creador por aquela caricatura que me fixo expresamente dos Rage Against the Machine e ese gran debuxo do bosque das hadas que me regalou polo cumpreanos. Esa personaxe inigualable co que vivín durante un ano por terras bristoleñas e que me atopo fugazmente de festa en festa e pola facultade (curiosamente de tradución, cando gañaría unha pasta debuxando coa súa calidade!).

Charlie! Avanti a toda vela!

14/05/2007 17:54 Autor: mosaa. *. Hay 3 comentarios.

20070524140444-felicidad2.jpg

Cumprir anos ou descontalos? O vaso medio cheo ou medio vacío? O realismo só xera pesimismo... Pero ¿cómo non ser pesimista nunha sociedade na que a xente está máis acostumbrada a levar paus que a celebrar?... Hoxe un señor que me atendeu no banco dixo unhas sabias palabras "a festa é o único bo que nos queda nesta vida". Por que? Podes ir de festa, facer unha festa, sela festa e sempre é positivo. Se o pasas mal, xa non é festa, cambia o concepto. Nesta vida fainos falta unha pizca máis de optimismo, media taza de saber vivir e unha pota de "a ser felices". Como di un raparijo: cada día, por moi normal que creas que sexa, sempre hai pequenas anécdotas que fan que sexa diferente. Hai que buscarlle o intríngulis a todo e facer de cada momento unha FESTA. Por outro lado, tampouco se pode ser demasiado esixente con un mesmo, non podes pedir que os 60 minutos das 24 horas que ten un día estén ben aproveitados, porque é imposible. Chegar a esixirse ser feliz pode facer que non o sexas.

Déixate levar...

A ser felices!

24/05/2007 14:04 Autor: mosaa. *. Hay 5 comentarios.

Sudokus

20070530174206-la-20vida-20es-20libertad-20grafiti.jpg

libertad

(Del lat. libertas, -ātis)

 

1. f. Facultad natural que tiene el hombre de obrar de una manera o de otra, y de no obrar, por lo que es responsable de sus actos.

2. f. Estado o condición de quien no es esclavo.

3. f. Estado de quien no está preso.

4. f. Falta de sujeción y subordinación.

5. f. Facultad que se disfruta en las naciones bien gobernadas de hacer y decir cuanto no se oponga a las leyes ni a las buenas costumbres.

6. f. Prerrogativa, privilegio, licencia.

7. f. Condición de las personas no obligadas por su estado al cumplimiento de ciertos deberes.

8. f. Contravención desenfrenada de las leyes y buenas costumbres.

9. f. Licencia u osada familiaridad.

10. f. Exención de etiquetas.

11. f. Desembarazo, franqueza.

12. f. Facilidad, soltura, disposición natural para hacer algo con destreza.

Moitas veces dicimos que somos libres coma os paxaros ou que a vida é liberdade, mais, ¿podemos dicir que a liberdade no seu estado puro existe? Permitídeme que me tome a 9 para dicir que a 1 é unha utopía total, ninguén é totalmente libre, pois sempre te ves condicionado polas consecuencias dos teus actos. Se unha persoa (caso bastante extremo), desexa matar, non é libre de facelo, vese condicionado cunhas leis que o frean. Se o fixera, podería estar satisfeito porque fixo o que quería, mais pasaría a carecer da 3. Sacrificaría a súa liberdade das dúas formas.

Tamén segue a ser unha utopía porque hoxendía practicamente ninguén pode considerarse na situación 2. Por moito que a escravitude se abolira na maioría dos países fai anos, todos seguimos a ser escravos de moitas cousas, de infinitas mais ben, dende o traballo ata á imaxe.

A vida non é liberdade en sí, sobre todo en moitos países nos que a 5 é inimaxinable, castigando duramente, como en Polonia (por poñer un exemplo cercano e non ir sempre a países pobres), que vas ó cárcere por seres homosexual.

Conformémonos con ser libres os que vivimos no 5 e que poden exercer o 1 sen caer no 3, porque seguen os principios básicos de convivencia e sempre loitando por escapar do 2.

Utopía en el día a día, panacea encuentras en la fantasía...

30/05/2007 17:42 Autor: mosaa. *. Hay 3 comentarios.




Archivos

Enlaces

 

 
Mayo 2007 | Terra de ninguén
Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.