Terra de ninguénCADA CORAZÓN É UNHA CÉLULA REVOLUCIONARIA Xa consumimos demasiado tempo instalándonos no mundo, prende a chispa que che fai falta e... 3, 2, 1, adiante! |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2007. Resumen
Sen comentarios...![]() Onte, despois de ver os mil veces repetidos capítulos de Friends dos que nunca me canso, quedei toda apampanada co que viña despois. De repente, comeza un programa que abre coa noticia "El vestido de Penélope llevaba cremallera". Todo un escándalo, un despliegue de medios. Non podía apagar a televisión, aínda que estivese de fondo mentres traballaba, mais non porque esa "tremenda" noticia me atrapase, senón porque non daba crédito ao que estaba vendo. Máis de 45 minutos falando dunha cremalleira. Neste mundo fan falta máis cremalleiras.
Empezar porque sí y acabar no sé cuándo...![]() Tributo a un concerto que me encantaría ir, mais non sei se poderei, a data queda moi lonxe para facer plans... Grupo polivalente en canto a lugares onde escoitalo: nunha habitación dándose de golpes, nun coche de volta da estrada cantando atope, no tren a soas, nun pub... etc, etc, etc. Míticos. Marcaron xeracións. "No tengo palabras para decirlo. A veces siento que el pensamiento es un idioma de signos sin sentido". "¡Cuántos instantes he ingnorado ya, capaces de haberme cambiado!" "¡Qué fácil es abrir tanto la boca para opinar!" "El que nada hace, nada teme. Las cosas más triviales se vuelven fundamentales. ¿Cómo se agita el viento sin alimento?" "¿Estás dispuesto a devorar estrellas que sacien tu sed?" "La música me abre secretos que ahora están dentro de mí, al final después de todo no somos tan distintos". "La ingenuidad nos absuelve de equivocarnos, que cada uno aporte lo que sepa............ La venganza es un trasto tan inútil..." "Mi mundo no se aclarará, tanto vagar para no conservar nunca nada". "No sé distinguir lo complicado de lo simple............. Todo arde si le aplicas la chispa adecuada" Pío pío![]() Hoxe erguinme as 10 e seguindo a miña rutina matinal fun o baño e abrin a persiana. Pouco a pouco vin como a miña habitación ía enchéndose de luz que entraba polos pequenos buratos. Unha vez aberta de todo quedei parva un pouco, mirando cara fóra. "HOXE FAI UN DÍA PRECIOSO", pensei. E tiven que volver deitarme, non me podía resistir, pero non para durmir. Qué gusto, alí tirada, co sol na cara e co piar dos paxaros como banda sonora... E dinme conta, ao ver como empezan a brotar as magnolias de miña tía, de que xa estamos ás portas de que empece a primavera, a miña estación favorita. Xa queda pouco para que Galicia resucite, as árbores mortas revivan, o verde brillante domine a terra, o sol saia máis a miudo sen tanta timidez, o ceo volva a saber que é de cor celeste, deixalos abrigos na casa, comer nas gradas da facultade, velas estrelas, disfrutar das viaxes en tren, subir ao Castro paseando, ir á praia a velo mar brillar, facela fotosíntese, ver á xente máis sorrinte... Disfrutade!! "Quien lo iba a decir..." (o gran poeta David Bisbal)![]() "Caminante no hay camino, se hace camino al andar y al volver la vista atrás, se ve el sendero que nunca se ha de volver a pisar" (A. Machado). "En el sendero de la vida lo importante no es la meta, sino lo que aprendes en él" (Miriam) Aí queda iso. Unha cousa que aprendín é que non sabes por onde che vai a levar a vida, que nunca podes dicir nunca, pois igual nun futuro acabas facendo iso que negabas no pasado ou vivindo situacións que nunca esperarías. Ultimamente "quien lo iba a decir" está moi presente nas nosas conversas... ¿Sensentidos?![]() Pois si, aquí estou, renovando porque si e "A fuego lento voy amontonando pensamientos y desordenando las variables espacio-tiempo". Pode que sexa un artigo bastante insulso, mais non é porque non teña nada do que falar, porque "felices aquellos que saben que detrás de todas las palabras hay lo que no se puede decir". E caos, desorde, voltas e voltas... e vas e vas. E si que se pode escribir sen pensar e aínda que a miña cabeza vaia máis rapido que os meus dedos, levan un pique bastante axustado. Si, estou vaga, levo uns días moi vaga, en dous días só fun a 2 horas de clase e... non me importa, porque non teño ganas de facer nada. Bueno, si, teño ganas de facer moitas cousas, mais "desear no es vivir el presente", seica. E perdémonos en desexos moitas veces e aí queda iso. E páreceme que me repito, e páreceme que non sei de que falo, mais ás veces si que sei máis do que digo, case sempre penso máis do que digo... Pensar... Maldito o momento en que se nos otorgou esa facultade aos seres humanos. Mais como algúns sabemos, non todos saben cal é o botón de poñela en funcionamento... Ás veces é mellor, ¿non? Non creo... "Prefiero vivir en la ignorancia", ¿seguro? Mais se non abres os ollos nunca poderás voar, porque tes perigo de estrellarte. E seguimos... E qué se te estrellas? E qué se "las consecuencias de cada acto van implicadas en el acto mismo"? A iso contéstoche "no hay nostalgia peor que añorar lo que nunca sucedió". Caos, desorde, voltas e voltas... e dalle e dalle... Póñome diante do ordenador co próposito de escribir e non se me ocorre nada. Déixome levar.......... Mais só reuno sensentidos... Non o leas, espía de paso ou eterno compañeiro, aínda que cando chegues a este punto xa será tarde... Prometo algo "bo" en breve. TArra, AIre, LUme e EugA...![]() "Para Empédocles, el Amor tiende a unir los cuatro elementos, como atracción de lo diferente; el Odio actúa como separación de lo semejante. Cuando predomina totalmente el Amor, se genera una pura y perfecta esfera toda ella igual e infinita". Cada elemento es radicalmente diferente en su estructura respecto de los otros, pero pueden coexistir y mantener la vida en una casi infinita gama de combinaciones mientras aquello que ellos sostienen se encuentre con vida. Cuando su "vida" termina, los elementos se dispersan, creando una situación conceptualmente similar al "Mundo de la Separación". Los cuatro elementos son en verdad uno conceptualmente, el Mundo de la Unidad compartiendo una coexistencia e interacción pacífica. Este fin de semana abandonádesme putas, pero eso fai que o que ven nos xuntemos con máis ganas e demos a benvida ao 4º elemento... Vai ser unha semana interesante: interacción roscas-monas... Conclusión: Somos todas bos elementos... jajajajajajaja. (Que ganas!!) y rodaaaar y rodaaaar![]()
¿Por que empezar sempre é o que máis costa? Cando mandan un traballo, sempre se lle da largas ao momento de poñerse con excusas baratas, ata que queda pouco para entregar, ata o último día como quen di, ata que te pos seria e dis: "agora ou nunca". Os primeiros pasos sempre son os máis difíciles. Senón pregúntalle a un neno pequeno, sempre se fan de rogar para que solte a súa primeira palabra ou de o seu primeiro paso só. Sempre hai algo por detrás: pereza, medo, indiferencia... Mais unha vez que empezas xa... xa está. O traballo máis gordo xa pasou. Rodar e rodar é o que queda.
|
Archivos
Enlaces
|