Terra de ninguénCADA CORAZÓN É UNHA CÉLULA REVOLUCIONARIA Xa consumimos demasiado tempo instalándonos no mundo, prende a chispa que che fai falta e... 3, 2, 1, adiante! |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Julio de 2007. Resumen
12/07/2007A canción do veránTodos aqueles que escoiten esta canción e se sintan identificados con algunha parte saberán que esta si que é a canción do verán. Señores, voten por ela para poder cantala en cada verbena, jejejejeje. http://apologhit.vieiros.com/ficha.php?id_cancion=56915 "Eu son o fillo de Baldomero, pero na casa non me ven o pelo, non hai verbena que se me atranque, sexa domingo, sábado ou martes. Salgo do choio, encho a garrafa, cun Whisky bueno que fago na casa. Encendo o carro, enchufo ós Camela, métolle brasa que chego tarde á Verbena. Verbenero, chimpar na festa é o que quero. Verbenero, cantar coa orquestra "Soy minero". Verbenero, son Paquito Chocolatero. Verbenero, son o fillo de Baldomero. Verbenero, o rei da cumbia deste lado de LESTEDO. Verbenero, bailo merengue compro rifas p´o sorteo. Verbenero, non me farto de polbo e carne ó caldeiro. Verbenero, todas as noites medio cheo cheo enteiro. De bonecos do tiro teño a casa chea, de botellas pequenas desas de xenebra. Son conocido por todas as rosquilleiras, se non me atopas pregunta por min na feira. El de los ojitos negros me tiene loca, tiene todas las cositas que me provocan, el de los ojos negros que maravilla, de todas as cancións do mundo ésta é a miña". Un 5 coma unha catedral! jajaja, boísima! 19/07/2007Buscando o norte na miña vida![]() Dende que somos pequenos fomos guiados como ovellas nun rebaño, de etapa en etapa soubemos o que faríamos despois e sempre soñábamos con descarriarnos ó rematar. Sabíamos que despois dos duros anos de parvulitos comezarías primaria, que ó rematar 2º marchabas para Vedra, emigrando por momentos a terras hostiles, que despois comezarías aquelo que chamaban ESO (cantas gracias sin gracia a costa dese nome) e cando acababa o que chamaban obrigatorio comezaba o bacharelato coa súa consecuente selectividade (a selección ficticia). E entón, rematabas esa etapa e tiñas que escoller, coller a túa brúxula, coller o libro de instrucións para entendela, dar voltas con ela e despois de tempo dicir "por aquí. E outros cinco anos coa vida solucionada, ata que por fin o fin ansiado chegou ó seu comezo. E agora que? "Todos pasamos polo mesmo", seica. Pero "mal de muchos, consuelo de tontos", non? E agora que? Comezaba unha nova etapa con varios intentos frustrados de orientación. Frustración, esa era a palabra, por non saber cara onde tirar, por non saber qué facer, por poder ferir sentimentos, por poder decepcionarte a ti mesma, por non encontrar o teu norte. Pois agora non sei se é o norte ou se collín cara o sur, pero collín carrerilla e alá vou. Aínda que a miña brúxula marcará sempre cara onde sei eu, cara os meus. Así que xa sabedes, se alguén ten ganas de visitar Bristol (Reino Unido), alí terá un sitiño xunto a min, sen ter que aprender nada... ;) |
Archivos
Enlaces
|