Terra de ninguénCADA CORAZÓN É UNHA CÉLULA REVOLUCIONARIA Xa consumimos demasiado tempo instalándonos no mundo, prende a chispa que che fai falta e... 3, 2, 1, adiante! |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2007. Resumen
02/02/2007Fauna galega IV (Amigos de la Ópera)Situación: unha pandilla de pirados salen rebentadísimos dun concerto acojonante (Muse) e tras arrastrar os seus corpos polas rúas de Madrid a paso de tortuga e aniquilar a un pobre kebab consiguen chegar ao albergue. Alí, a planta máis feliz de todo o mundo lles propina unha morte lenta, pasando por estados de locura previa (salvo un sujeto que morreu na súa cama nada máis chegar). Alguén saca unha libreta e empezan a xogar todos "idos" a escribir historias, cada un un cacho. ¿Que saiu? Aí tedes unha pequena mostra... HISTORIA I: En un río llamado Balbucio un cuatrero un día cazó seis cuatros salvajes y un batracio se comió la mitad de la caza, con lo que solo le quedaros doses. Los doses, aburridos de ser solo dos y no más compañía, pillaron unas setas para descubrir nuevas emociones, sabor a raíces cuatradas, que en mates vienen dadas y se juntaron las condenadas y se hicieron unas empanadas... y les entró la rabia!! HISTORIA II: Hoy he visto algo increible, vi como un tetabrik de zumo de arenques se enzarzaba contra un tetabrik de zumo Don Simón y el Don Simón, que tenía más huevos se convirtió en revuelto de setas con gambas y con un ataque bien organizado por las gambas tumbó al tetabrik de zumo de arenques. Miles de Bios acudieron a su entierro y llenaron el funeral en fibra, para que todos se cagaran en el pobre hijoputa. 04/02/2007Espero ter sempre máis cores ca unha na miña vida![]() Yann Tiersen: "Monochrome" http://www.youtube.com/watch?v=Do_HpqILPLo Unha canción preciosa, música alegre en contraste cunha letra moi triste... Aquí vos queda unha traducción: "Inténtoo de todas formas, mais sempre é o mesmo círculo que me leva a ningures e xa estou canso. Perdín o meu rostro, a miña dignidade, a miña apariencia, todas esas cousas fuxiron e xa estou canso. Mais non te asustes, porque encontrei un bo traballo e vou traballar tódolos días na miña bicicleta vella que a ti tanto che gustaba... Estou a amontonar algúns libros sen ler debaixo da miña cama e creo que non os lerei nunca. Non me concentro, só hai desorde en calquer lugar preto de min e xa estou moi canso. Pero non te preocupes, porque ás veces vou de cea e de festa con algúns vellos amigos aos que aínda lle importo e despois incluso se quedan na miña casa. Suelos monocromáticos, paredes monocromáticas, só hai ausencia preto de min, só silencio arredor de min. Un piso monocromático, unha vida monocromática, só hai ausencia preto de min, só silencio arredor de min. Ás veces busco unha fecha ou algo que recordar, pero realmente non hai nada que teña que recordar. Ás veces abro as fiestras e escoito á xente pasear polas rúas. Hai vida aí fóra. Mais non te asustes, encontrei un traballo novo e vou traballar tódolos días na miña bicicleta vella que a ti tanto che gustaba... " 21/02/2007Son como niños...![]() Recordo ben esa noite, era a primeria festa de despedida. Cada semana viñan uns e marchaban os anteriores, pero por seren os primeiros foron os máis especiais. Karaoke e xogos. Diversión asegurada para eles. Nós... á expectativa. Nun paseo por Looe atopei un mercado e deume por comprar un bote de pompas de xabón e uns globos. Soaron as primeiras cancións e abrino. En canto saiu unha pompa vin como se iluminaban os seus ollos, irradiaban felicidade, como se daquel frasco brotase maxia en estado puro. E volveron ser nenos... Moita xente díxome que prefire morrer antes de ser vello, que a soidade que implica a vellez é peor que a morte. Recordo fai moitos anos que eu cheguei a crelo por uns intres, mais tras pensalo mellor optei polo extremo contrario. Ser vello non implica estar só, depende das circunstancias de cada vida e de como cada persoa tome decisións. Canto máis observo a meus avós e aos avós dos meus amigos máis me dou conta de que a vellez é a volta á infancia: discuten coma nenos, chívanse, disfrutan con cada cousa como se fose a primeira vez, viven con intensidade os momentos máis fermosos, con inxenuidade, mais tamén sendo conscientes da conta atrás na que están. É duro ver como as persoas que queres van marchando unha tras doutra e tes que asumir que un día destes ti serás o próximo, mais a decisión máis sabia é aproveitar cada segundo de vida que che poida quedar, cada un á súa maneira. Aí vos queda iso: 24/02/2007Crónica dunha morte anunciada...![]() Xa había meses e meses que se viña anunciando que a súa morte estaba firmada. Cada día brotaban como cogumelos chalés e máis edificios novos, á mesma velocidade que se ían derribando árbore tras árbore, converténdose o monte nun espazo en vías de extinción nunha zona outrora tan verde... Si, caeu. Viña onte no coche soa e ao entrar no comezo do gran boulevard ao que daba nome ese edificio emblématico decateime de que había algo raro, moito máis espazo (ficticio, pois nun futuro non haberá un centímetro libre de construción), podía ver perfectamente a rúa do cruceiro dende o lonxe. E caín na conta: O'26 morrera, desaparecera, derribárano... Era a fin dunha espera agónica. Sabía que a súa morte ía ser real, teóricamente a curto prazo, diagnosticáranlle un cancro maligno, do tipo "valesmaisnochanquedepé", algo jodido de curar sen o valor necesario... E esperou e esperou, mesmo máis dun ano, ata que por fin ese virus que o infectaba esnaquizouno. E alá marchou ese símbolo, ese lugar tan antigo que comezou sendo unha sala de festas e acabou en bar de clientela fija. Ese bar no que quedábamos para cear, no que os domingos de feira tomabámos algo, que nos daban tapas de tortillas enteiras, no que viamos o Dépor con fervor e xogabámos ao billar. Un lugar no que había moita historia, tanta que o seu nome convertíuse no nome desa zona... Polo menos quedaranos o recordo. Esa foi a crónica dunha morte anunciada, o comezo dunha nova era neste pequeno pobo que quere ser grande. Puro noxo é o que sinto. O outro día quixen ensinarlle Lestedo a uns amigos que viñeron e decateime do feo que estaba, só había guindastres, cor vermella-ladrillo, area, cemento e sinais de obra, fose por onde fose, comezando por enfrente da miña casa ata o campo da feira ou camiño do Pico. Por iso se nos bañan os ollos en sangue cando recordamos aqueles anos e comezamos a golpes cos marcos das obras, maldicindo ese sentir de "queremos ser máis". E parece que foramos vellos, eses vellos que recordan con nostalxia tempos da mocidade no que todo era máis fermoso, eses que din "Aí onde ves esa casa xogabamos nós ao escondite". E así é: -Alí onde ves esa casa dun futuro alcalde tiñamos unha cabaña con miles de historias entre os 4 plásticos que a cubrían. -Alí onde ves unha liña de chalés en fila tipo urbanización Eduardo Manostijeras, era unha leira na que xogabamos ao beisbol con pelotas de tenis. -Alí onde ves un terreo marcado, era unha leira de millo no que facíamos carreiras a cabalo un doutro. -Alí onde vés un muro de hormigón, xogabámos as peleas de carolos (carallo como doían). -Alí onde ves un chan de hormigón cheo de coches, xogabámos ás loitas de globos de auga. -Alí onde ves un monte, no que enterrabamos os nosos tesouros, o único monte que queda á miña vista, ao lado da miña casa, en breve sucumbirá á plaga da edificación. Xa non voltarei a desperatarme co son dos paxaros...
|
Archivos
Enlaces
|