Terra de ninguénCADA CORAZÓN É UNHA CÉLULA REVOLUCIONARIA Xa consumimos demasiado tempo instalándonos no mundo, prende a chispa que che fai falta e... 3, 2, 1, adiante! |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2007. Resumen
02/01/2007![]() Atopei isto por aí e a verdade é que me gustou bastante, así que aí vai. Consiste en contestar a unhas preguntas cos títulos das cancións de un grupo que che guste. Como me gusta perder o tempo cando non o teño... GRUPO: Mogwai -¿Es home ou muller?: Moses, I amn't (Moisés non son) -Descríbete: Friend of the night (Amiga da noite) -¿Como te ven os demais?: Helps both ways (Axuda das dúas formas) / Travel is dangerous (Viaxar é perigoso) -¿Como te sintes?: I know you are but what am I? (Sei que es, pero ¿que son eu?) -¿Como describirías a túa última relación sentimental?: Killing all the files (Eliminando tódolos archivos) -Describe a túa actual relación con alguén: Hunted by a freak (Cazada por un freak) / Close encounters (Encontros cercanos) -¿Onde che gustaría estar agora?: Emergency trap (Saída de emerxencia) -¿Como es respecto ao amor?: May nothing but happiness come through your door (Pode que non entre máis que felicidade pola túa porta) -¿Como é a túa vida?: Yes! I'm long way from home (Si, estou bastante lonxe da casa) -¿Que pedirías se tiveras un só desexo?: Take me somewhere nice (Lévame a algún sitio bonito) -Escribe unha cita ou frase famosa: No education=No future (Sen educación non hai futuro) 03/01/2007Máis Coelho![]() "Terror en cada una de las personas que había en aquella bonita playa, en aquel atardecer que dejaba sin aliento. Terror de quedarse solo, terror de la oscuridad que poblaba la imaginación de demonios, terror de hacer alguna cosa ajena al manual de urbanidad, terror al juicio de Dios, terror de los comentarios de los hombres, terror de la justicia que castigaba cualquier falta, terror de arriesgarse y perder, terror de ganar y tener que convivir con la envidia, terror de amar y ser rechazado, terror de pedir un aumento, de aceptar una invitación, de ir a lugares desconocidos, de no conseguir hablar una lengua extranjera, de no tener capacidad para impresionar a los demás, de hacerse viejo, de morir, de hacerse notar por los defectos, de no ser notado por las cualidades, de no ser notado ni por defectos ni por cualidades. Terror, terror, terror. La vida era un régimen de terror, la sombra de la guillotina". 08/01/2007Por verte sonreír![]() O outro día estaba a secarme despois de saír da ducha e descubrín que me estaba rindo soa ao recordar momentos de noites pasadas. Encántame cando vou pola rúa metida no meu mundo e vexo que alguén que vai camiñando só vai sorrindo... Algúns din "mira ese, ta tolo", mais non, a min o que fai é arrancarme outro sorriso. De verdade, é xenial. A mín pásame moitas veces. Non son das que fala soa, mais si das que se rí soa. E xa está.
09/01/2007O teatro do crepúsculo![]() "Y en este proceso es cuando más se luce el muy cabrón (el Sol): con cada haz de luz nos deja tonalidades que jamás podrá reproducir tecnología alguna y su estruendo cegador nos llega abriéndose paso entre las nubes en un ocaso de rojos azules y negros, que alegra nuestro ver con el espectro de belleza más precioso del mundo (...). Ellos subieron a lo más alto del parque con la única intención de admirar la función de aquella aurora, aquel teatro del crepúsculo, de la luz que muere o de la noche que vence y vive. Y claro, tal espectáculo y tantas tomas de la misma película incitan a la buena charla, a planear, a buscar las puertas que se vislumbraron la noche anterior, a abrirse camino entre los durmientes... a soñar con vivir dignamente: gustándose a uno mismo". "Vuestros hijos bastardos (asume y sigue)" Cantas tomas da misma película e sempre me sorprende, deixándome parva por horas... É o mellor momento para soñar, voar e deixarse levar; para compartir con quen queres ou con quen queres coñecer ou simplemente a soas... Viaxes en tren embobada, praias soitarias acolléndome, montes de atardeceres infinitos, edificios pintados de rosa, illas que o arroupan, auga tinxida de tonos violáceos... por los siglos de los siglos. 13/01/2007![]() Un escritor francés, Anatole France, dixo unha vez "Si exagerásemos nuestras alegrías, como lo hacemos con nuestras penas, nuestros problemas perderían importancia". E canta sabiduría hai nestas palabras. Os seres humanos tendemos a ser pesimistas, por moi optimista que queiras ser. Sempre facemos unha morea dunha frangulla, sempre tendemos a virnos abaixo con problemas que consideramos moi grandes, mais tamén con nimieces. Sin embargo, cando nos pasa algo bo non nos estamos semanas recordando tal felicidade, senón que, como unha a brisa no verán, faite estremecer uns segundos e despois desaparece. O que hai que ter claro (e cando falo destas cousas, eu tamén me aplico o conto) é que non todo o que sae como un quere son problemas. OS PROBLEMAS case sempre están inventados pola nosa mente, son barreiras que nos impiden aproveitar cada segundo desta vida, é máis, que nos ROUBAN segundos, minutos, horas... ata anos por disfrutar. Temos que poñer o noso mellor sorriso cando vemos ao lonxe que se achega algo que non nos gusta e esperar a que toda a nosa forza interior e boa intención loite e gañe. Mais sei que non é unha loita fácil, tendemos a rendirnos no primeiro ataque, mais se temos sempre presente que non hai máis que esta VIDA (a non ser que creas na vida eterna ou nas reencarnacions), temos que forzarnos a olvidar, ou polo menos maquillar, esos problemas e intentar tirar para adiante, sempre buscando a nosa felicidade. CARPE DIEM LIVE FOR THE MOMENT, porque como dicía a gran Janis " 'cause we may not be here tomorrow" 15/01/2007Simplemente...![]() Gustaríame comer o ceo en nubes de azucre... ... ata morrer de empalago.
Non fai moito lin en Niebla, de Miguel de Unamuno, "la manía de viajar viene de topofobia (odio al lugar donde uno se encuentra) y no de filotopía (afición a visitar nuevos lugares). El que viaja mucho va huyendo del lugar que deja y no buscando cada lugar al que llega". Eu non o vexo para nada así, pero hai de todo. 22/01/2007De pequeniña...![]() ... sempre dicía "eu de maior quero ser hada madriña", porque me gustaba iso de cumplirlle os desexos ás persoas e facelas felices. E entón, ao ver a miña inocencia sempre me contestaban "Lucía, para ser hada madriña hai que ter poderes, ¿ti tes algún poder?" e eu replicaba "pois por agora non, mais quen sabe, igual aínda non me din de conta... Senón, sempre poderei ser mestra". (Que mítico iso de ser mestra, ¿por que nos gustaría tanto ás nenas?) En fin, que aínda non se me manifestou ningún poder... mais o de ser mestra xa non me entusiasma tanto. Agora confórmome con dicir que de maior quero ser "Feliz". Semella unha resposta cursi ou típica, mais creo que hoxendía parece que ser feliz pode chegar a ser unha odisea, unha utopía, pouca xente se considera feliz e iso entristéceme, pois non necesitas "hadas madriñas" que che cumplan desexos, senón que todo sae de ti mesmo. Moitos, nesta carreira da Vida teñen que superar asignaturas hueso como "Introdución ao amor propio" ou "Espiritualidade"... ¿Que queriades ser vós de maiores cando erades máis pequenos? Gustaríame sabelo, así que xa sabedes! un comentario dunha palabra tampouco é tanto traballo! 29/01/2007(Des)Confía...![]() Ultimamente non sei que pasa, pero atópome en moitos nicks/blogs/conversas... cousas como "non confíes nin na túa propia sombra", "don't trust anyone"... ¿Que pasa? ¿Tanta desconfianza a qué se debe? ¿É unha moda? Creo que é moi triste non poder fiarse máis que dun mismo, non poder ter a seguridade de que unha persoa responderá por ti se che fai falta ou que estará aí se a necesitas. Moi triste estar á defensiva, a ver se hai dobles intencións nas palabras ou accións dos seres que che rodean, sempre buscando o lado malo e pensando que todo o fan para aproveitarse de ti. Iso, que o sepades, non é vida. Non se pode considerar vida cando non disfrutas plenamente coa xente á que aprecias, cando sempre estas a desconfiar. Tampouco se pode ser ao revés e abrirlle o corazón a todo o mundo, sen detectores de malas compañías que piten a recoñecer individuos no deseados. Eu antes, fai un tempo, non tiña ningunha dificultade para deixar pasar a xente, sempre que a primeira impresión era boa: "hasta la cocina". Mais a vida vaiche dando paus e máis paus e daste conta de que non toda a xente é como ti cres, non todo o mundo ten corazón noble e aí a decepción é maior. Agora aprendín a ser máis cautelosa (ás veces dinme que a primeira impresión comigo é dunha tía borde, alucinei cando mo dixeron). Máis tamén sei que hai xente boa, na que unha pode confiar infinitamente e que cunhas poucas sesións de coñecemento mutuo a confianza aparece. 30/01/2007Fauna galega III (para os Lestedanos)Esta fin de semana estiven mirando fotos desde que eramos pequeniños para facer un álbum, daqueles cumpleanos, do campo de fútbol, fotos íntimas de Diego (jajajaja), cataratas, monte, pico... E volvín a ler a nosa libreta de chorradas. Aquí vos deixo algunhas das anécdotas que temos escritas, pois non quero ser egoísta e escacharrarme eu soa sempre!: 1. Estando no adro da iglesia de Lestedo a Eva ocórreselle matar a un pobre saltamontes, pero non se lle pasara pola cabeza a bronca que lle ía montar Richi "el defensor de los insectos". Ó final chegaron a un acordo, enterralo cunha inscripción que puxera: "Tu asesina no te olvida" e pagarlle unha misa pola súa alma. 2. Posibles profesións para o teu pai: pelapipas, sacahuesosdeaceitunas, cortaquesos, hacer pajitas, vomitólogo, animador de karaoke, cortador de confeti... 3. Hola, está Blas? / No, estoy blos. Mamá, ¿por qué no tengo uñas?/ Porque cuando eras pequeño no teníamos dinero y te hacíamos la papilla con ellas. Hola, ¿está el piloto? / No, está su perro. Hola, ¿está Blas? / No, hoy no establo. Mamá, ¿crees que el tumor era maligno? / No hijo, te destrozó el hígado sin mala intención. Mamá, ¿y qué voy a hacer ahora sin la pierna derecha? / Ponerte el zapato izquierdo. 4. Eva "sacrificándose" para que o ritmo non parase e desgastásemos a tarima de Metro na concentración. 5. As IN-tonterías dos Dolores de fai uns anos, á volta da festa, na casa de Vedra, cando non había nin papel de Biblia... "Paciencias!" 6. Todos de volta do monte no Lourdes aos coches de choque. Menos mal que non andaba tráfico por alí... 7. Cando o da orquesta América lle regalou a tapa dun tambor firmada a Richi. 8. Romaaaances! E todos en primeira e única fila. Solo faltaba o gitano coa cabra... |
Archivos
Enlaces
|