Blogia
Terra de ninguén

Vida no imposible

Vida no imposible

A adolescencia polo xeral caracterízase por un sentimento de incomprensión, de repulsión contra a autoridade, de querer facer o que aun lle veña en gana sen límites. Os pais sempre foron un sinónimo de represión. Pero despois vas medrando e daste conta de que só era unha época. Pode que non sigas a cadrar con eles, pero xa o ves doutra forma, ou inténtalo, polo menos. Mais hai casos que non son así. Hai casos nos que os pais son máis adolescentes que os propios fillos. Non razoan, queren facer o que lles veña en gana coa vida dos seus fillos, porque creen que se trata dunha posesión, dun obxecto. Ás veces pensan que o fan polo noso ben, mais están moi equivocados. A represión o único que suscita é odio, tristeza... toda clase de malos sentimentos e sensacións. E segues medrando e segues a ver que segues a ser unha posesión, unha pertenza, un "fas o que eu digo porque eres meu fillo". E disfrutan se se agachan as orellas. Pero o que non saben é ata que punto lle están a joder a vida a unha persoa, nos seus mellores anos, nese tempo no que un ten que disfrutar da vida ao máximo.

Si, é moi fácil falar desde fóra, cada un ten o seu. Pero eu só quero que te ergas con forza, que non te deixes dominar, manipular, que segas en pé de guerra e loites pola túa vida. Quero que renaza a vida nese terreo árido. Que sorrías cada día porque hai xente que te quere, porque es unha persoa sá e porque algún día, cando poñas tódolos medios por diante, poderás ser LIBRE.

Aínda que esté lonxe e ti te vexas soa, sigo para o que queiras. E aínda que non sintas as miñas apertas, que sepas que cada segundo che estou a mandar unha, cun saco de forzas.

Un bicazo!

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

1 comentario

umauaki -

so podo dicir gracias...
quérote!
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres