Blogia
Terra de ninguén

Máxico

Máxico

Que fácil é pasar unha noite especial cos lujos dun hotel de billóns de estrellas sen ter que gastar un peso.

Requisitos:

-Non ser un tiquismiquis.

-Atopar a alguén especial co que ir. Pódese ir a soas, está claro, non hai recepcionistas que te miren mal, pero aseguro que o disfrutas moitísimo máis en boa compañía.

-Sustituir o colchón de 2 metros por unha manta de espacio reducido e as sábanas de seda por un saco de durmir.

-Concentrarse en espantar minimorcegos.

-Non deixarse acojonar polo orballo xeado da noite.

E xa está. Así de fácil é seguir voando, esta vez entre Perseidas ou estrelas mortas ou cohetes ou bolboretas incendiadas que saían de nós. E chorei con San Lorenzo e desfrutamos do espectáculo perdéndonos en palabras no infinito que nunca é capaz de abarcarnos. Cada vez que mire o ceo, terei ese recordo presente. Mesmo se non acado a ver esa pancarta na lúa.

........

 

P.D.: Por certo, onte dei o pego como científica, pero estaba equivocada, eran meteoritos, como ti dicías: http://es.wikipedia.org/wiki/Perseidas

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

3 comentarios

cocos -

cala anda que tiven un percance con san lorenzo...puxen o espertador pas 4, hora máxima pa velas lágrimas famosas....hora pa pillar un resfriado!o ceo estaba precioso, aparte estaba no medio do monte e era incrible...pero ningun fenomeno surrealista se presentou ali!eso si, unha anecdota graciosa. despois de 20 minutos de insistir voltamos pa a cama cabizbaixos jejeje
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

taninha -

eu quero unha noite así..pode ser esta..

anonimo -

si e un fenomeno precioso o das estrelas fugaces,levo visto moitas estrelas fugaces,levo visto moitas estrelas como Marilyn Monroe,toda unha estrela,si e tamen fugaz.Hoxe esta e mañan moi cedo xa non esta.
Estrelas que queren come-lo mundo e comense asi mesmas,estrelas que se estrelan.Eu non quero ser estrela o que eu quero e mais xinselo,o que eu quero e moi común,tan común que e dificil seguirlle o rastro,as proximas cartas a xogar,sera un "solitario",unha contra unha mesma,pois a o "solitario" xa o prenderon.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres