Blogia
Terra de ninguén

Buscando o norte na miña vida

Buscando o norte na miña vida

Dende que somos pequenos fomos guiados como ovellas nun rebaño, de etapa en etapa soubemos o que faríamos despois e sempre soñábamos con descarriarnos ó rematar. Sabíamos que despois dos duros anos de parvulitos comezarías primaria, que ó rematar 2º marchabas para Vedra, emigrando por momentos a terras hostiles, que despois comezarías aquelo que chamaban ESO (cantas gracias sin gracia a costa dese nome) e cando acababa o que chamaban obrigatorio comezaba o bacharelato coa súa consecuente selectividade (a selección ficticia). E entón, rematabas esa etapa e tiñas que escoller, coller a túa brúxula, coller o libro de instrucións para entendela, dar voltas con ela e despois de tempo dicir "por aquí. E outros cinco anos coa vida solucionada, ata que por fin o fin ansiado chegou ó seu comezo. E agora que? "Todos pasamos polo mesmo", seica. Pero "mal de muchos, consuelo de tontos", non?

E agora que? Comezaba unha nova etapa con varios intentos frustrados de orientación. Frustración, esa era a palabra, por non saber cara onde tirar, por non saber qué facer, por poder ferir sentimentos, por poder decepcionarte a ti mesma, por non encontrar o teu norte.

Pois agora non sei se é o norte ou se collín cara o sur, pero collín carrerilla e alá vou. Aínda que a miña brúxula marcará sempre cara onde sei eu, cara os meus.

Así que xa sabedes, se alguén ten ganas de visitar Bristol (Reino Unido), alí terá un sitiño xunto a min, sen ter que aprender nada... ;)

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

3 comentarios

trasninha -

Partindo da base de que eu SEMPRE aprendo se estou ao teu lado...farei todo o que esté na miña man para ir...
encantaríame ter unha brúxula desas...eu é que a miña perdina cando acabei a carreira..e non acabo de atopalo norte, nin o sur...nin nada!!!
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Charles -

Volver a Bristol é unha idea magnífica. Eu firmaba hoxe! Xa sabes, conta coa miña visita :)

anonimo -

Durante algun tempo as rapazas inglesas eran a miña devilidade con esos ollos claros e esa hiperactividade natural.Sempre me gustaron as nenas do norte pero agora aprendin a diferncia entre unha alemana e unha inglesa,as rapazas alemanas son moi practicas e teñen unha personalidade sinxela e cando queren algo non paran ata conseguilo.As rapazas inglesas no saen da casa sen o sua tetera,son mais compilacadas pra min.Os ingleses teñen unha forma de ser moi educada que non ten nada que ver coa sua historia antiga(os piratas) e ademais queren facer do mundo inglaterra,e o mundo non é dos ingleses.Tamen sei que hay racismo nese pais,igual que en todos.Inda que haxa galegos/as moi do norte a verdade e que os de aqui non temos que ver case nada cos ingleses.A England non irei nunca, nin de turista.Non aturo mais o principe Carlos eche moi feo,eu creo que a metade dos ingleses precisan sangue latina.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres