Blogia
Terra de ninguén

Angustia

Angustia

Imaxina por un momento que alguén co que levas vivindo toda a vida, co que compartiches experiencias de toda a vida, un amigo de sempre, túa nai, túa avoa, teu irmán, calquera, xa non te recorda. Imaxina que para el/ela es un descoñecido, que a súa memoria se formateou e agora ten que reiniciar vivindo unha vida que non recorda e que parece ser allea. Sempre se fala de que non é bo vivir só de recordos, mais o que debe de ser horrible é quedar a cero neles. Xa non para ti mesmo, senón para todas aquelas persoas ás que olvidas e se sinten impotentes xunto a ti. Isto foi o que lle pasou á irmá dunha amiga, da noite para a mañá o seu cerebro bloqueou tódolos recordos relacionados coas persoas (probablemente polo estrés, según os médicos, mirade ata que punto esta vida de deberes e autobligacións pode ser perxudicial), olvidando absolutamente a tódalas persoas que coñecía.

Onte entereime da fatídica morte dunha rapaza que coñecía, veciña de toda a vida. Non tiña trato con ela, mais foi destas cousas que te deixan helada e te fan pensar, porque che toca un pouco cerca. Tan xove, nun coche, camiño do traballo, bum e acabouse. Filla única. Amiga dos seus. Tantas cousas que se me pasan pola cabeza...

Moitas veces éntrame a angustia de saber que o destino (chámalle x) pode xogar moi malas pasadas. Que calquer día pode pasar calquera das dúas cousas de máis preto. E entón dígome "para" e paro, cerro esa ventana e abro outra, outra que me desvíe deses pensamentos. Aínda que queira fuxir, sei que sempre pode pasar, mais o que me asusta non é que me pase a min, senón a alguén ao que quero...

Toquemos madeira, por dicir algo...

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

6 comentarios

Anita -

Meu Deus! Cada vez q penso nisso....... nom acredito!!!!!!!!! Há coisas tão esquisitas nesta vida!!! Tentemos pensar o menos possível nessas coisas!!! Ânimo menina q em breve estamos de ruta!!! Beijinhos mil

trasninha -

ai que actualizar lusilú!

tania -

creo que non sei a onde vai a miña vida...:(
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

tania -

e despois temos os santos collóns (chámalle x);) de comernos a cabeza con parvadas...do estilo "jó e se non me collen no máster..."merda, merda e merda...disfrutemos cada minuto de nós mesmas...e dos que queremos

QUEROTE TODO!

Petra -

Esta mañá cando vía o telediario e vin a noticia acordeime de ti. Sei o que é iso de que lle pase algo grave a alguén co que levabas convivindo toda a vida pero tampouco profundizaras demasiado nesa amizade. Cando pasa algo asi, parece que te sintes mal, porque sabes que xa nunca poderás coñecela máis profundamente. Tan só era unha persoa que vías tódolos días, pero cando pasa algo así, doeche dunha forma estraña...

eli -

Non sabes como te entendo.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres