Blogia
Terra de ninguén

Pío pío

Pío pío

Hoxe erguinme as 10 e seguindo a miña rutina matinal fun o baño e abrin a persiana. Pouco a pouco vin como a miña habitación ía enchéndose de luz que entraba polos pequenos buratos. Unha vez aberta de todo quedei parva un pouco, mirando cara fóra. "HOXE FAI UN DÍA PRECIOSO", pensei. E tiven que volver deitarme, non me podía resistir, pero non para durmir. Qué gusto, alí tirada, co sol na cara e co piar dos paxaros como banda sonora...

E dinme conta, ao ver como empezan a brotar as magnolias de miña tía, de que xa estamos ás portas de que empece a primavera, a miña estación favorita. Xa queda pouco para que Galicia resucite, as árbores mortas revivan, o verde brillante domine a terra, o sol saia máis a miudo sen tanta timidez, o ceo volva a saber que é de cor celeste, deixalos abrigos na casa, comer nas gradas da facultade, velas estrelas, disfrutar das viaxes en tren, subir ao Castro paseando, ir á praia a velo mar brillar, facela fotosíntese, ver á xente máis sorrinte...

Disfrutade!!

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

3 comentarios

aultre narai -

ai! que xa vén a primavera!!! (e a miña noxenta alerxia ¬¬) ois, que marabilla!!! a verdade si que é un auténtico pracer! voa moito bolboreta!
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

taninha -

I'm happy!!!!!!!!!!!!!!!!

Anita -

Parece que ese sentimento é colectivo! Ou polo menos a min tamén me chegou! Como nos cambia o estado de ánimo o tempo!! Eu xa empecei a disfrutar do sol! Xa estiven a pasear polo Castro e por Samil, hehehe. Espero que pronto sexa contigo!
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres