Blogia
Terra de ninguén

Chiiiiiiiiiiiiiiiiiiiium: Machu Picchu!

Chiiiiiiiiiiiiiiiiiiiium: Machu Picchu!

Esta noite tiven unha sucesión de soños inconexos e totalmente surrealistas. Gustaríame ter un analizador personal de soños que me puidera dicir qué hostia significan, porque mira que son raros... Pero bueno, os de hoxe creo que superaron bastante aos anteriores. Non os recordo todos, só sei que eran un millón de cachiños sen sentido que se sucedían e mentres eu paraba nalgún momento e pensaba, sendo consciente, "joder, que cousas máis raras estou a soñar!" e despois seguía...

Recordo estar nuns concertos nun local cun amigo e coñecía a un tipo; despois aparecía eu nunha igrexa enorme chea de xente esperando impacientemente por ese descoñecido, pois ía haber unha catástrofe e todo aquel que non estivese dentro da igrexa morrería; despois aparezo no cuarto de baño da igrexa que era enano e mixto, vendo coma un chino/coreano/vietnamita/o que fose se limpiaba o cu cun bolso branco (!!). Inmediatamente despois me deslizaba pola pirámide do Louvre (era divertido eh!) ata chegar ás escaleiras dun edificio subterráneo no que, se me metía nunha especie de pedras grandes de cartón-pedra, podía aparecer en calquer lado. Aquí é onde quería chegar.

Non sería xenial poder facelo? NOn! non limpiarse o cu cun bolso! senón poder utilizar esa especie de buratos negros!

Mmmmmm. Agora quero estar no Tibet...Ábrela pedra (q por dentro era de cor rosa...) e chiiiiiiiiiiiium: Tibet.

Mmmmmm. Agora quero ir ao Congo... Chiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiium: Congo.

Mmmmmm. Agora quero ir ao Machu Picchu... Chiiiiiiiiiiiiiiiiiiiium: Machu Picchu.

Mmmmmm. AGORA NECESITO IR AO PSIQUIATRA... Chiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiu: PSIQUIATRA.

 

(perdoádeme, é o que ten estar de exames...)

3 comentarios

Eli -

Peno en ti.

solcito chiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiium -

ohh mosaa ohh mosaa
me encanta creerme toda una analista de sueños, puedo analizar el tuyo??
eso si, no tenes que creer nada de lo que diga, ok?


no hagas planes querida... que cuando consiga un "burato negro" te aviso y (que congo ni que siquiatra) a "pachu michu" nos largamos, eh?

un besasasasaso

Anita -

Mmmmmm....... Praia de Samil esta noite..... Chiummmm: Alá vamos!!!! hehehe.
Mmmmmmm...... Psiquiatra...... Chium: Creo q nos fai falta a moitas!!!
Vamos que ti podes!!!!!!
Interpretar, interpretar, interpretar, interpretar..... hoxe tocará........ Chiummm: INTERPRETAR!!!!!