Terra de ninguénCADA CORAZÓN É UNHA CÉLULA REVOLUCIONARIA Xa consumimos demasiado tempo instalándonos no mundo, prende a chispa que che fai falta e... 3, 2, 1, adiante! |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Agosto de 2005. Resumen
11/08/2005I feel like a puzzle and I can't find my missing piece(...) Are you lost or incomplete? Do you feel like a puzzle, you can't find your missing piece? Tell me how do you feel? Well I feel like they're talking in a language I don't speak And they’re talking it to me. (...) So you don't know where you're going and you wanna talk And you feel like you're going where you've been before You tell anyone who'll listen but you feel ignored Nothing's really making any sense at all, let's talk Let's talk, let's talk, let's talk. "Talk", Coldplay 16/08/2005ParanoiasUltimamente pasame que non me recoñezo a min mesma. Que me vexo como unha persoa en xeral, non como Lucía. Non sei explicarme, pero é algo raro. Miro fotos e vexome como unha persoa mais, non como a min mesma, e cando chaman por min as veces: Lucíaaaa! ou din "Lucía fixo esto, Lucía fixo aquelo", pois non sei, é como se falasen doutra persoa, como se eu non tivese nome, simplemente fose un ser mais. Algo moi raro. Se a alguen lle pasa o mesmo, que mo faga saber para non sentirme un bicho raro... :) 16/08/2005 22:57 *. Hay 2 comentarios. 17/08/2005"Introspeccionando"Gústame isto da rede para desafogarse (seguindo o exemplo dunha amiga), porque ás veces creo que todo o que penso e polo que me rayo pode ser un auténtico coñazo para quen me esté escoitando. Desta forma tecleando á velocidade que vai o meu pensamento, sen parar a pensar no que estou dicindo nin no que pensarán do que digo, déixome levar co consolo de que aquel que se aburra no primeiro paragrafo non ten que seguir a ler, é libre de cerrar a páxina. Entre caixas, ruidos de batidoras e olor a pan recén feito a miña cabeza da moitas, moitas, moitísimas voltas, tódolos días. Nin sequera o ruido que fai a radio machaca que me teñen posta distorsiona o meu pensamento. Sempre chego a conclusións diferentes, sempre chego a plans que nunca levarei a cabo, sempre me queixo interiormente do que nunca me queixo, penso moito sí, pero fago pouco. Esperar como forma de vida, ese é o meu lema, moi triste, pero certo. Estou farta de esperar a que unha maldita chispa prenda lume dunha vez e empece a queimar todo o que teño pensado. Pode que sexa unha persoa, pode que varias, unha experiencia, unha canción, algo, pero día a día digo: teño que cambiar isto, pero o caso é que non cambio. Este último ano foi para min un gran xiro (máis do que foi entrar na universidade), coñecín a moitas persoas que me foron abrindo camiño no cambio, agora xa teño claras moitas cousas, moitas ideas, moitos plans, pero fáltame iso, o belisco que me faga saltar e dicir: agora! Teño clarísimo o que non quero que sexa de min, non quero acabar asentada, na casa, limpando na cociña coa maior preocupación de cantas lavadoras teño que poñer, ou cantos libros lle teño que comprar aos meus fillos. Non quero terminar sendo a xefa dunha empresa que promete tempo libre e che da quebradeiros de cabeza, escrava dun negocio que promete cartos e che da estres a cambio, non o quero, NON O QUERO, que quede claro, porque eu téñoo. Non quero acabar sendo unha persoa que teña como preocupación gañar o máximo de cartos posibles para facerse a súa casa con piscina e ter un supercochazo, pagarlle un colexio privado aos fillos e bla bla bla. Tampouco quero ser unha persoa que abandone os seus soños por outra á que quere ("os soños son o único que non nos poden roubar"), porque esa persoa pode cambiar, ou esa relación pode acabarse e ao final o arrepentimento percorrerá as túas veas (que pasaría se fixera esto naquel momento? onde estaría agora?...), non se pode deixar todo por alguén, aínda que pareza egoísta, o amor é moi cabrón. Non quero ser unha persoa que só ten por preocupación cando é o seguinte día que se sae de festa, porque esa é a única diversión (Salir beber el rollo de siempre). Nin de coña me gustaría acabar sendo unha persoa que mire ao pasado e vexa que non fixo nada bo coa súa vida, e ver que os anos perdidos non se poder recuperar. Sería moi triste. O que me asusta é que a este paso serei unha delas, porque necesito a iniciativa que me falta. Non entendo á xente que derrocha cartos en cochazos, casas, electrónica e máis cousas inútiles, vendo que con menos se poderían arreglar, vendo como hai xente que non ten nada e co 0,00000000000001% do que gastan podería ser a persoa máis feliz do mundo. Acórdome cando era bastante máis pequena e quería estudiar idiomas (isto xa ven desde a infancia) porque así podería ganar moitos cartos (vaia idea...), pero para que querería eses cartos? Despois escollín traducción e interpretación porque me gustaba o das diferentes culturas e a idea de viaxar todo o tempo. Pero neste momento non sei porque estou a estudiar, pode que fai un ano o soubese, pero agora non. Non o vexo nada claro. Hoxe lin un email de Joy, que esta de Erasmus na Arxentina, traballando nunha igrexa axudando nos pobos ás familias máis pobres, unha experiencia inolvidable polo que conta, e so leva alá unha semana... O meu e máis o seu son dous anos moi diferentes, non me arrepinto para nada do meu, pero tamén espero polo seu (sen igrexa claro). Moitas veces vendo o que vexo pola televisión ou lendo (aínda que é máis impactante velo en imaxes) gustaríame coller unha mochila e os meus aforros e marchar. Deixalo todo. Non podo aguantar tantas inxustizas neste mundo, e cada día multiplícanse. Non podo soportar ser unha desas persoas que se queda no sofá dicindo "que pena..." pero non fai nada. Sempre me gustou axudar no que podo, e ver todo iso e non facer nada faime sentir moi mal, ata o punto de chegar a avergoñarme de min mesma, si. A isto é o que me refiro, que me sinto mal pero non fago nada por cambialo. Nen sequera pequenas cousas. Falo moito pero fago pouco, ese é o meu problema. Por iso non teño dereito a xuzgar a esas persoas que se deixan levar por esta vida de consumismo desenfrenado, non teño dereito a criticalas, porque as mais das veces eu podo meterme no mesmo saco. Non sei, mil cousas máis, pero creo que por hoxe xa teño bastante introspección aberta. 17/08/2005 22:29 *. Hay 5 comentarios. 26/08/2005"Happy" mealEste artigo adícocho a ti, Luis, con todo o meu cariño, porque eres unha mente "inocente" e "inxenua". Luis é un dos meus primos pequenos que levei o outro día ao cine a Área Central. Iamos ver "Charlie y la fábrica de chocolate" pero el non quería ir porque estaba empeñado en ir soamente para ver unha película que ten un cartel que bota para atrás, aínda non sei como se chama, pero el non paraba de repetir: "quero ir a ver 3D, 3D, 3D!!!!!!!!!!!!!". Entón díxenlle que quedase na casa, que esa non a viamos nin de coña, pero cal foi a chispa que o fixo cambiar de idea?: "Imos ir ao McDonald's". Díxeno inconscientemente para ver como resultaba, non tiña ningunhas ganas de ir, e enseguida saltou da silla e comezou a gritar: "quero ir ao cine, quero ir ao cine!!!!!" Carallo, como espabilou! Polo cal, dado a súa insistencia, os empuxóns e saltos pois cumplinlle o gusto moi ao meu pesar. Non paraba de repetir que a película ía ser unha merda pero que valía a pena só por ir a comer o Happy meal. O que máis me impactou foi as palabras que sairon deste neniño: "McDonald's es el paraíso" (cito textualmente) "tiene de todo, comida riquísima, fuentes, payasos,, un parque, juguetes...". Paraíso vouche dar a ti. Esforceime por empregar o seu método e repetínlle mil veces seguidas "Luis, McDonald's é unha caca (foi o máis duro que se me ocorreu no seu idioma, jajaja), é un engano, aproveitanse dos nenos". Nin puto caso. Miles de millons de trillons de cuatrillons de nenos e non tan nenos pensan coma el, non ven o que hai detrás (e non tan detrás) desta farsa que atenta contra a saúde pública e mental. Un día heino de coller a chapar o documental de "Supersize me" a ver que lle parece (sería unha das cousas máis light que lle podería ensinar). P.D. Non vos perdades os carteis cos productos: McPepito!! jajajajaja. ("Delicioso filete de vacuno con hierbas, blablabla"----> 5,20!!), ensalada de la huerta (da horta de quen oh!)... Sin comentarios. 26/08/2005 17:11 *. Hay 2 comentarios. 30/08/2005Cavernícolas no s.XXI Hoxe dime con retranca un cavernícola:-Lucía, estouche moi desilusionado... (???) -E logo que che pasa? -Estou moooi desilusionado... -Pero a ver, que pasa? -Meter aun chico "gUay" na empresa... -Queeee? -Eu pensaba que esta era unha empresa seria, pero vexo que se está desmadrando... ¿?¿?¿?¿?¿?¿? Seica non quere nin que se lle acerque, non vaia ser claro. A ver que me solta agora pola tarde... Vaise enterar. 30/08/2005 15:38 *. Hay 1 comentario. |
Archivos
Enlaces
|