Blogia
Terra de ninguén

"Happy" meal

Este artigo adícocho a ti, Luis, con todo o meu cariño, porque eres unha mente "inocente" e "inxenua".
Luis é un dos meus primos pequenos que levei o outro día ao cine a Área Central. Iamos ver "Charlie y la fábrica de chocolate" pero el non quería ir porque estaba empeñado en ir soamente para ver unha película que ten un cartel que bota para atrás, aínda non sei como se chama, pero el non paraba de repetir: "quero ir a ver 3D, 3D, 3D!!!!!!!!!!!!!". Entón díxenlle que quedase na casa, que esa non a viamos nin de coña, pero cal foi a chispa que o fixo cambiar de idea?: "Imos ir ao McDonald's". Díxeno inconscientemente para ver como resultaba, non tiña ningunhas ganas de ir, e enseguida saltou da silla e comezou a gritar: "quero ir ao cine, quero ir ao cine!!!!!" Carallo, como espabilou! Polo cal, dado a súa insistencia, os empuxóns e saltos pois cumplinlle o gusto moi ao meu pesar. Non paraba de repetir que a película ía ser unha merda pero que valía a pena só por ir a comer o Happy meal. O que máis me impactou foi as palabras que sairon deste neniño: "McDonald's es el paraíso" (cito textualmente) "tiene de todo, comida riquísima, fuentes, payasos,, un parque, juguetes...". Paraíso vouche dar a ti. Esforceime por empregar o seu método e repetínlle mil veces seguidas "Luis, McDonald's é unha caca (foi o máis duro que se me ocorreu no seu idioma, jajaja), é un engano, aproveitanse dos nenos". Nin puto caso. Miles de millons de trillons de cuatrillons de nenos e non tan nenos pensan coma el, non ven o que hai detrás (e non tan detrás) desta farsa que atenta contra a saúde pública e mental. Un día heino de coller a chapar o documental de "Supersize me" a ver que lle parece (sería unha das cousas máis light que lle podería ensinar).
P.D. Non vos perdades os carteis cos productos: McPepito!! jajajajaja. ("Delicioso filete de vacuno con hierbas, blablabla"----> 5,20!!), ensalada de la huerta (da horta de quen oh!)... Sin comentarios.

2 comentarios

Mosa -

jajajajajajaja, buenísima. A próxima vez direillo a ver se surxe efecto. Eres un crack, si señor. :)

Eli -

Vouche contar a miña estratexia, que realmente funcionou con meu irmán. De feito unha vez quixeno levar e non quería entrar. "MacDonalds utiliza os cartos da túa hamburguesa para comprar armas e matar nenos en Iraq".

quería comentarcho aquí.