Blogia
Terra de ninguén

"Los hippies tambien creen en Dios"

Esa foi a conclusion que sacou Gema ao final da noite, dito con esa arte que ten e ese acentazo de Xaen. "Loh hippi tambien creen en Dio". Pois si, ali estaban mais de 20000 persoas, as 5 da manha rodeadas por un entorno totalmente adecuado para o acontecimento: o amencer. Foi unha das cousas mais bonitas que vin na minha vida, e iso que xa vira amenceres antes. Mais de 20000 persoas de todalas clases, nenos, hippies, vellos, de todalas partes... E ali estabamos todos, adorando o gran Sol, vendo como se erguia e despreguizaba as 5 da manha. Para el debe ser un acontecemento dos mais grandes, unha das suas maiores adoracions. Para nos unha das mellores cousas desta creacion (chamalle X).
Sen dubida que voltarei, foi toda unha experiencia. Estiven sen palabras as 12 horas de ritual.

0 comentarios