Terra de ninguén

CADA CORAZÓN É UNHA CÉLULA REVOLUCIONARIA

Xa consumimos demasiado tempo instalándonos no mundo, prende a chispa que che fai falta e...
3,
2,
1,
adiante!

Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2004.

Resumen

27/05/2004

A ver que sae...

Bueno, benvidos os que se atrevan a adentrarse nesta nova blog e a soportarme durante un rato, esta é a miña primeira vez :P Gracias a Eliana (por facerme descubrir este novo mundo), a la Dolorosa, a la Virgen del Pilar, a la del Rocío... jejejeje. Aquí comeza a miña aventura no mundo das bitácoras...
27/05/2004 20:31 *. Hay 1 comentario.

Mosaaaaaa

Por certo, se alguén se está a preguntar por que me puxen o nome de Mosaa, que quede claro que é unha homenaxe a ese gremio español ao que lle encanta adular ás damas que pasan preto cuns cumpridos moi sofisticados. Sí, acertástes, estou a falar dos ALBAÑILES. É q un día un destes individuos botoume un berro que comezaba por Mosaaaaaaa, ademais doutro "enxeñoso" comentario que prefiro non recordar... (Bueno, neste caso tratábase dun empleado do concello de proteccion forestal (ou como se chame), pero recordoume moito aos do andamio). Va por ustedes.

Eña, portádevos ben.
27/05/2004 19:40 *. Hay 6 comentarios.

28/05/2004

Que noxo!

14:15, día 28 de xuño do 2004. Sí, 2004... quen o ía dicir... sobre todo despois de escoitar o telediario. Acabo de quedar... bufff. Escoitastes o que dixo onte o austrolopitecus Fraga na súa campaña para as eleccións ao Parlamento Europeo??? Flipade un pouco: "Loitemos todos por conseguir unha Europa cristiá, porque estas son as súas raíces (blablabla)". Espero que os meus oídos me enganasen e non sexa iso o que dixo, porque senón señoras e señores: he aquí un claro ejemplo de integrismo cristiano.
28/05/2004 16:04 *. No hay comentarios. Comentar.

31/05/2004

A toda máquina

Esta finde tiven que tragarme literalmente un libro de 300 páxinas en inglés chamado Faster. Os que tedes a sorte (:P) de facer o exame oral comigo xa sabedes de que vai isto. Como é un tema que teño reciente pois apetéceme escribir algunhas liñas sobre as reflexións que fai o autor.

Como todos sabedes estamos vivindo nun mundo no que o andar ás prisas é o que máis predomina. Non hai tempo que perder. Bule. Fai isto, fai aquilo, e nin se che ocurra perder tempo, porque o O TEMPO É OURO. Parástesvos a pensar algunha vez cantas veces miramos o reloj no día? É incalculable. Por que lle damos tanta importancia ao tempo? Non sei se vos dades conta, pero sempre estamos a queixarnos de que non temos tempo para facer nada, que non temos tempo para disfrutar. Pero canto menos tempo temos, máis prestixiosos somos, porque significa que temos moitas cousas nas que empregalo. E cando temos tempo de non facer nada, aburrímonos. Son un montón de contradiccións. Somos seres contradictorios por natureza.

Unha das moitas cousas que me chocaron foi: "estamos na época do nanosegundo". Un nanosegundo é unha millonésima parte dun segundo? Que coño podemos medir cun nanosegundo? É incrible. A min xa me parecía extremamente ínfimo un milisegundo, como para poder comprender o nanosegundo este. Seica compón a máxima precisión no mundo da comunicación. Pois será, se eles o din...

Estamos na sociedade da impaciencia, non podemos gastar tempo. Fixástesvos na xente (se é que vós non sodes uns destes individuos) que entra nun ascensor e é incapaz a esperar a que as portas se cerren? non, teñen que pulsar o botonciño de cerre de portas, non poden agardar, senón a suor da desesperación comeza a resvalarlles pola frente. E cando parece que non cerran, púlsano mil veces máis. Igual que cando están a esperar o ascensor e miran impacientemente donde está, e parécelles que cantas máis veces pulsen o botón de chamada, antes vai chegar, como se caese en picado... E despois outra, resulta que agora os discmans e os ordenadores e miles de formas máis de reproducir música traen a opción de eliminaren os espacios que quedan entre as cancións? Tanto importan esos "nanosegundos"? Rateamos as fraccións de segundos, isto xa é o colmo da obsesión...

Pos nada, aquí estamos. Sumerxidos nun mundo de velocidade. Benvidos ao tren da vida. Póñanse cómodos. E... por favor: a toda máquina!
31/05/2004 21:53 *. Hay 2 comentarios.




Archivos

Enlaces

 

 
Mayo 2004 | Terra de ninguén
Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]