Terra de ninguén

CADA CORAZÓN É UNHA CÉLULA REVOLUCIONARIA

Xa consumimos demasiado tempo instalándonos no mundo, prende a chispa que che fai falta e...
3,
2,
1,
adiante!

Se muestran los artículos pertenecientes a Julio de 2004.

Resumen

10/07/2004

Abride os ollos!!

O outro día fun dar unha volta pola zona vella de Santiago e dinme conta de que parecía unha auténtica estranxeira: quedábame parada en cada edificio coa boca aberta, durante minutos, abraiada polo que tiña diante dos meus ollos... A verdade é que non debería facer falta marchar da casa para valorar o que temos, pero é o que soe pasar. A rutina fai que infravaloremos o que vivimos, o que vemos e o que sentimos cada día. Non entendo como hai xente que pode pasar por diante da catedral todos os días sen siquera levantar os ollos do chan... Pero o mesmo me pasa a min cando vou no tren cara Vigo. Recordo que a primeira vez non separaba a vista da ventana, mirando o mar e a beleza da ría, pero despois de dous anos collendo o tren dúas veces por semana, xa miro con indiferencia. Isto non quere dicir que deixen de ser impresionantes todas estas cousas, simplemente que despois dunha rutina adoptámolas como habituais e non recoñecemos o seu verdadeiro valor.
10/07/2004 16:00 *. Hay 5 comentarios.




Archivos

Enlaces

 

 
Julio 2004 | Terra de ninguén
Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]